Abrir o menú principal

A Xesteira, Almofrei, Cerdedo-Cotobade

aldea da parroquia de Almofrei, no concello de Cerdedo-Cotobade

Coordenadas: 42°26′41″N 08°33′19″O / 42.44472, -8.55528

A Xesteira
ParroquiaAlmofrei
ConcelloCerdedo-Cotobade
Poboación65 hab. (2017)

A Xesteira é unha aldea da parroquia de Almofrei, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, se ben unha parte do seu núcleo (Rascadería), pertence á parroquia de Tenorio. Segundo o IGE en 2010 tiña 67 habitantes (32 homes e 35 mulleres), os mesmos ca en 2007. Xunto coa Rascadería, as outras entidades de poboación son A Xesteira e as Cachopeiras.

Neste lugar atópase o cruceiro da Xesteira, de 1701.

María Dolores Villanueva Gesteira escribiu Lingua en Sociedade; A aldea da Xesteira, un estudo sociolingüístico que acadou o premio de investigación Antonio Fraguas no ano 2006. Amais, neste lugar desenvolveuse o traballo da mesma autora que deu lugar ao artigo "O campo semántico das cores visto por tres xeracións" (Estudos de Lingüística Galega, 2009).

O seu topónimo fai mención a unha xesteira, un lugar onde abundan as xestas.

Lugares e parroquiasEditar