Xosé Núñez Búa
Xosé Núñez Búa, nado en Tenorio (Cerdedo-Cotobade) en 1897[1] e finado en La Plata en xaneiro de 1981,[2] foi un político, xurista, mestre, escritor e intelectual galego no exilio arxentino.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1897 Tenorio, España |
Morte | xaneiro de 1981 (83 anos) La Plata, Arxentina |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Partido político | Partido Galeguista |
Lingua | Lingua galega |
Familia | |
Pai | Rogelio Núñez de Couto |
Traxectoria
editarFillo de Rogelio Núñez de Couto e sobriño de Joaquín Núñez de Couto. Licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia no colexio Labor de Vigo e dende 1920 no colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa, propiedade do seu pai e do seu tío.[5] Foi concelleiro de Vilagarcía de Arousa en 1924. Membro do Seminario de Estudos Galegos, foi colaborador da revista Nós, Galicia, El Pueblo Gallego e Céltiga. Militante do Partido Galeguista, foi presidente do Grupo Galeguista de Vigo, era concelleiro. En marzo de 1936 foi nomeado membro da xestora da Deputación de Pontevedra polo partido xudicial de Caldas-Cambados,[6] da que foi elixido vicepresidente.[7]
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, pero conseguiu fuxir e exiliouse na Arxentina. Implicado no mundo cultural galego do exilio, foi un dos fundadores da revista Galicia Libre e un dos promotores do Instituto Argentino de Cultura Gallega. Colaborador da revista Galicia Emigrante, unha parte dos seus artigos foron recompilados no libro Revoeira en 1971.
Obras
editar- Revoeira, 1971, Edicións do Patronato da Cultura Galega, Montevideo.
- Vida e paixón de Castelao, 1986, Ediciós do Castro.
- Escolma de textos con Galiza ao fondo, 1986, Ediciós do Castro.
Vida persoal
editarCasou en Vilagarcía de Arousa con Otilia Valladares Fernández en xullo de 1923.[8]
Notas
editar- ↑ En 1903 segundo o DS21, a EGU, o DEGU, o DBdG e Fernández del Riego; en 1897 segundo a GEG, Vilavedra e outras fontes.
- ↑ La Voz de Galicia, 21-1-1981, p. 39.
- ↑ Díaz, Xosé (novembro de 2010). "Seoane o deseño e o Laboratorio de Formas". Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares (33): 35–41. ISSN 1136-3207.
- ↑ Díaz, Xosé (2010). "O factor simbólico. Luís Seoane e o Laboratorio de Formas" (PDF). Grial (186): 46–53. ISSN 0017-4181.
- ↑ Torres Velo, Kely (2014): O Colexio León XIII de Vilagarcía de Arousa (1903-1935): Un ensaio de resposta ás demandas educativas da burguesía local.. Universidade de Santiago de Compostela: Traballo de fin de grao.
- ↑ El Pueblo Gallego, 19-3-1936, p. 14.
- ↑ El Pueblo Gallego, 27-3-1936, p. 11.
- ↑ Galicia, 8-7-1923, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Núñez Búa, Xosé". Diccionario enciclopédico galego universal 45. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 70. ISBN 84-7680-429-6.
- "Núñez Búa, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 29.
- "Núñez Búa, Xosé". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1485. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Núñez Búa, Xosé". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. p. 473. ISBN 84-7680-288-9.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 492.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 300. ISBN 84-7492-465-0.
- Neira, Manuel Xosé (2005). "Núñez Búa, Xosé". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 412. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
editar- Castro Rodríguez, Xavier (1/7/2006). "Revoeira de historias e verbas de Xosé Núñez Búa" Arquivado 18 de novembro de 2018 en Wayback Machine. Galicia Hoxe.
- Viana, Víctor (14/7/2013). Núñez Búa, un galeguista comprometido en Vilagarcía Faro de Vigo (en castelán).