Isabel de Borbón e Borbón

princesa de Asturias
(Redirección desde «Isabel de Borbón y Borbón»)

Isabel de Borbón e Borbón (de nome completo María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón),[1]​ coñecida popularmente como La Chata, nada en Madrid o 20 de decembro de 1851 e finada en París o 23 de abril de 1931, filla primoxénita de Isabel II e Francisco de Asís de Borbón, foi infanta de España, princesa de Asturias de 1851 a 1857 e de 1874 a 1880 e condesa de Girgenti por casamento.[2]

Modelo:BiografíaIsabel de Borbón e Borbón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de decembro de 1851 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLa Granja de San Ildefonso (1991–) Editar o valor en Wikidata
ResidenciaQuintana Palace (en) Traducir (1902–1931) Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloInfanta de España Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Borbón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCaetano de Bourbon-Duas Sicílias (1868–) Editar o valor en Wikidata
PaisFrancisco de Asís de Borbón Editar o valor en Wikidata  e Isabel II de España Editar o valor en Wikidata
IrmánsInfante Luis, Prince of Asturias
Fernando Francisco de Bourbon
Maria Cristina de Bourbon (1854)
Infanta Margarita of Spain
Infante Francisco de Asís, Prince of Asturias
Afonso XII de España
Infante Francisco de Asís of Spain Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of Women Worldwide (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX877871 Find a Grave: 204395856 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

A infanta Isabel naceu o 20 de decembro de 1851 no Palacio Real de Madrid como a filla primoxénita da raíña Isabel II e Francisco de Asís de Borbón. Ao día seguinte, foi bautizada na Capela Real do palacio cos nomes de María Isabel Francisca de Asís Cristina Francisca de Paula Dominga de Borbón e Borbón, sendo os padriños os seus avós a raíña María Cristina e o infante Francisco de Paula de Borbón.[3]

Considerada princesa de Asturias desde o seu nacemento, unicamente desde o 24 de marzo de 1852 ostentou o título por concesión da súa nai en real decreto. A Cruz da Vitoria, símbolo do Principado de Asturias e dos herdeiros da Coroa, tampouco lle foi conferida ao seu nacemento, senón sete anos despois, en 1857. Este último ano, naceu o seu irmán Alfonso, quen pasou a ser o herdeiro de Isabel II.

 
Visita da Infanta Isabel ás Ruínas de San Domingos, en 1906, foto de Zagala.

Matrimonio

editar

A infanta Isabel contraeu matrimonio con Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, conde de Girgenti, fillo de Fernando II rei das Dúas Sicilias, o 13 de maio de 1868. Foi un matrimonio concertado e non mantiveron nunca moita proximidade entre si. A infanta Isabel e Caetano non tiveron descendencia. Durante a súa viaxe de vodas, fóra de territorio español tivo a noticia do derrocamento da súa nai e non puido regresar a España ata a restauración da monarquía en 1874. Caetano de Borbón-Dúas Sicilias, padecía epilepsia, non sendo advertida desta circunstancia a infanta Isabel antes de casar. En setembro de 1871, a infanta Isabel sufriu un aborto espontáneo, evento que foi un duro golpe emocional para o seu esposo e que prexudicou definitivamente a súa saúde mental. Dous meses máis tarde, o 26 de novembro, Caetano suicidouse pegándose un tiro na cidade de Lucerna.

 
A Infanta Isabel de Borbón e Borbón en 1917.

Vida posterior

editar

Coa proclamación do príncipe Afonso como rei de España, a infanta Isabel converteuse por segunda vez en princesa de Asturias, herdeira ao trono ata que se produciu o nacemento da súa sobriña a princesa María de las Mercedes en 1880, aínda que o goberno resistiuse a xurala e recoñecela oficialmente como herdeira.

En 1900 adquiriu o palacio de Quintana,[4] onde residiu de 1902 a 1931.[5][6]

Unha das actividades públicas da infanta Isabel que tivo maior transcendencia foi a viaxe a Buenos Aires, representando á Coroa Española, con motivo de celebración do Centenario da Revolución de Maio (1810) da República Arxentina que tivo lugar en 1910, estando presente na colocación da primeira pedra do Monumento á Carta Magna e as Catro Rexións Arxentinas.

Foi inmortalizada polo pintor José María López Mezquita saíndo dos touros, en coche de cabalos e acompañada da súa amiga da infancia e dama de compañía María Dolores Balanzat y Bretagne, marquesa de Nájera. O cadro, datado en 1915, exponse no Museo de Historia de Madrid, pois a infanta Isabel foi un personaxe que gozou de gran simpatía popular, especialmente entre a poboación madrileña, que a coñeceu co apelativo da Chata. No seu honor foi nomeada a coñecida rúa da Princesa en Madrid. Grazas a esta popularidade, sendo case octoxenaria, non foi obrigada polas novas autoridades a exiliarse ao proclamarse en España a II República. Con todo, Isabel decidiu acompañar aos seus parentes e partiu cara a Francia. Cinco días logo de abandonar España morreu de causa natural nun convento de Auteuil, preto de París. Foi enterrada en Francia.

O 23 de maio de 1991, por orde do rei Xoán Carlos I, foron trasladados os seus restos a España e depositados na Colexiata da Santísima Trindade do Palacio Real da Granja xunto aos do rei Filipe V e a súa esposa Isabel de Farnesio. Descansa na Colexiata deste Real Sitio de España porque estivo moi vinculada a el, pasando alí as vacacións e organizando faladoiros da clase feminina da alta nobreza da época no "Pequeno Versalles", os xardíns deste lugar. Ademais, aínda se mantén o seu recordo, xa que trala apertura ao público no ano 2000 deste Palacio dedicouse a última habitación da primeira planta a esta infanta de España, colocando tres fotografías encima dun piano de cola.

Xunto ao Parque do Oeste en Madrid érguese un conxunto escultórico na súa memoria, na rúa do pintor Eduardo Rosales (número 30).

Títulos e tratamentos

editar
  • 20 de decembro de 1851 - 24 de marzo de 1852: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón
  • 24 de marzo de 1852 - 28 de novembro de 1857: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Dona Isabel de Borbón e Borbón, princesa de Asturias
  • 28 de novembro de 1857 - 13 de maio de 1868: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón
  • 13 de maio de 1868 - 26 de novembro de 1871: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa de Girgenti
  • 26 de novembro de 1871 - 24 de marzo de 1875: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa viúva de Girgenti
  • 24 de marzo de 1875 - 11 de setembro de 1880: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Dona Isabel de Borbón e Borbón, princesa de Asturias, condesa viúva de Girgenti
  • 11 de setembro de 1880 - 23 de abril de 1931: A Súa Alteza Real a Serenísima Señora Infanta Dona Isabel de Borbón e Borbón, condesa viúva de Girgenti

Escudos de armas

editar

Distincións honoríficas

editar

Do Reino de España

editar

Estranxeiras

editar

Antepasados

editar

Na ficción

editar

Aparece representada en dous filmes da segunda metade do século XX:

  1. Vázquez y Rodríguez, Leopoldo (1880). Crónica de los Festejos Reales celebrados con motivo del Regio Enlace de S.M. el Rey don Alfonso XII con S.A.R. la Archiduquesa de Austria Doña María Cristina en 29 de noviembre de 1879. p. 7. Imprenta Enrique Rubiños. Madrid.
  2. Campo, Carlos Robles do (2009). "Los Infantes de España tras la derogación de la Ley Sálica (1830)" (PDF). Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía (en castelán) (12): 329–384. ISSN 1133-1240. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de agosto de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2022. 
  3. "Madrid 22 de Diciembre" (PDF). Gaceta de Madrid. 22/12/1851. ...bautizo de la augusta Princesa, la cual recibió los nombres de María Isabel, Francisca de Asís, Cristina, Francisca de Paula ... alegría y animación extraordinarias ... Te Deum ... en acción de gracias por el feliz alumbramiento de S.M. la Reina ... Durante el día las casas de la población ostentaron lujosas colgaduras 
  4. Malvadi Domingo, Arantxa. "La biblioteca de la Infanta María Isabel Francisca de Asís Borbón, “la Chata”". Revista General de Información y Documentación (Madrid: Ediciones Complutense) 27 (1): 139. ISSN 1132-1873. doi:10.5209/RGID.56565. 
  5. Jiménez Ruiz, José (2011). Francisco José Portela Sandoval, ed. "Presentación" (PDF). El palacio de Quintana, residencia de la infanta doña Isabel de Borbón, la Chata. Edificios Militares Singulares (Madrid: Ministerio de Defensa de España). ISBN 978-84-9781-647-2. 
  6. "Palacio de la infanta Isabel de Borbón. Inmueble F2.13". Colegio Oficial de Arquitectos de Madrid. Arquivado dende o orixinal o 5/10/2018. Consultado o 23/10/2017. 
  7. Guía oficial de España (en castelán). Imprenta Nacional. 1876. Consultado o 9/5/2018. 
  8. "Real decreto concediendo la Gran Cruz de la Orden Civil de Beneficencia, con distintivo blanco, libre de todo gasto, a S. A. R. la Srma Señora Doña María Isabel Francisca, Infanta de España" (PDF). Gaceta de Madrid. 17/5/1928. 
  9. Hof- und Staats-Handbuch der Österreichisch-Ungarischen Monarchie - 1912. Consultado o 6/3/2017. 
  10. 10,0 10,1 Allen County Public Library Genealogy Center (1923). Almanach de Gotha. Gotha, Germany : Justus Perthes. Consultado o 31/10/2018. 
  11. "Cancillería.- Concesión de la Gran Cruz de San Carlos á S. A. R. la Serma. Sra. Infante Doña María Isabel" (PDF). Gaceta de Madrid. 29/12/1866. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
Predecesor:
Isabel de Borbón
Princesa de Asturias
18511857
Sucesor:
Afonso de Borbón
Predecesor:
Manuel Filiberto de Savoia
Princesa de Asturias
18751880
Sucesor:
María de las Mercedes de Borbón