Agrigento
Agrigento (en siciliano: Girgenti) é unha cidade siciliana, capital da provincia de Agrigento, situada na costa sur da illa de Sicilia. Coñécese como o lugar onde se levantou a antiga cidade grega de Acragante (isto é, Ἀκράγας en grego, Agrigentum en latín e Kerkent en árabe), unha das cidades máis importantes da Magna Grecia durante a época de ouro da Grecia antiga.[1] Ten uns 60.000 habitantes, e outras cidades importantes da provincia son Licata e Naro, a última das cales é coñecida polas súas ben conservadas catacumbas, ou lugares secretos para a oración dos primeiros cristiáns.
Agrigento | |
---|---|
Agrigento Girgenti / Giurgenti | |
Agrigento visto desde o Templo de Hera (Xuno) no Val dos Templos. | |
Localización | |
País | ![]() |
Rexión | Sicilia |
Provincia | Agrigento |
Xeografía | |
Altitude | 230 m.s.n.m. msnm |
Superficie | 245´32 km² km² |
Demografía | |
Poboación | 59.031 hab. (31-10-2018) |
Densidade | 240´63 hab./km² |
Xentilicio | agrigentini (ou girgentini) |
Outros datos | |
Código postal | 92100 |
Alcalde | Lillo Firetto, UdC, desde 03/06/2015 |


Historia editar
Foi fundada co nome de Akragas por gregos procedentes de Gela, orixinarios da illa de Rodas e de Creta no 580 a.C, foi unha das colonias máis importantes da Magna Grecia. No ano 406 a.C. os cartaxineses guiados por Aníbal destruíron a cidade case totalmente.
No ano 210 a.C. tras a segunda guerra púnica, pasou ao control do imperio romano co nome de Agrigentum.
A forma en lingua siciliana Girgenti foi o nome oficial da cidade ata 1927, cando Benito Mussolini impuxo unha versión latinizada.
Notas editar
- ↑ Agrigento: el esplendor de Grecia, Nueva Tribuna, 5 de diciembre de 2018
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agrigento |
Bibliografía editar
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Agrigento en La Sicilia.es Guía de Agrigento. O Val dos Templos. (en castelán)
- Agrigento: o esplendor de Grecia
- Paradoxplace Agrigento Fotos e historia
- O único portal dedicado totalmente á cidade de Agrigento e seu espléndido val dos Templos. Historia, tradicións e eventos. (en español e varios idiomas europeos)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |