María Luísa de Parma

política española
(Redirección desde «María Luisa de Parma»)

María Luísa de Parma, nada en Parma o 9 de decembro de 1751 e finada en Roma o 2 de xaneiro de 1819, foi raíña consorte de España como esposa de Carlos IV, de quen era prima carnal polo lado paterno.

María Luísa de Parma
Raíña consorte de España
María Luísa de Parma,

Reinado14 de decembro de 1788 -
19 de marzo de 1808
Nome completoLuisa María Teresa Ana
Outros títulosPrincesa de Parma
Nacemento9 de decembro de 1751
Parma, Ducado de Parma
Falecemento2 de xaneiro de 1819
Palacio Barberini, Roma, Estados Pontificios
PredecesorMaría Amalia de Saxonia
SucesorMaría Xulia Clary
ConsorteCarlos IV
Descendenciavéxase Descendencia
Casa realCasa de Borbón-Parma
ProxenitoresFilipe I de Parma
Luísa Isabel de Francia

Na rede
WikiTree: Bourbon-133 Find a Grave: 8852607 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Orixes familiares e primeiros anos editar

Era neta de Lois XV de Francia, irmá de Fernando I de Borbón-Parma e prima carnal dos reis franceses Lois XVI, Lois XVIII e Carlos X.

Filla de Filipe I, duque de Parma e da princesa Luísa Isabel de Francia, filla do rei Lois XV, segundo moitos historiadores recibiu unha educación discutíbel, baixo a influencia do controvertido abade sensualista francés Étienne Bonnot de Condillac (1715-1780), quen defendía certas liberdades en canto a moralidade que, naquela época, resultaban impropias das damas nobres.

Matrimonio editar

En 1765 contraeu matrimonio co príncipe de Asturias, futuro Carlos IV; eran primos irmáns por vía paterna e parentes próximos pola vía materna de María Luísa.

En 1788 converteuse en raíña consorte de España tras producirse a morte do seu sogro o rei Carlos III e ser recoñecido como rei de España o seu esposo, Carlos IV.

María Luísa de Parma exerceu unha grande influencia sobre o seu marido. De carácter caprichoso, chegou a participar en numerosos episodios polos que foi considerada, xa na súa época, unha muller intrigante e, para moitos, depravada.

 
A familia dos duques de Parma. Cadro de 1755. Parma, Galleria Nazionale.
 
María Luísa de Parma, por Goya en 1789.

Sufriu unha ostensíbel deterioración física polos múltiples partos, o que lle deu un aspecto pouco grato que aumentou a súa impopularidade. Ela, porén, estaba orgullosa dos seus brazos torneados e procurou embelecerse con xoias e custosos vestidos de manga curta importados de París, tal como testemuñan diversos retratos de Goya.

Estivo enfrontada con numerosos membros da Corte española do momento. Destacou a rivalidade que mantiveron a raíña e a duquesa de Alba, musa de Goya. Tamén tivo desavinzas coa duquesa de Osuna.

Entre os numerosos amantes que se atribuíron á raíña María Luísa destaca Manuel Godoy, un antigo membro da Garda de Corps que alcanzou unha influencia política notábel porque gozou dunha elevada capacidade para manipular a María Luía e ao propio rei Carlos IV.

A sinatura do tratado de Fontainebleau e 1807, por decisión de Godoy, provocou a entrada do exército francés en España. O descontento da poboación foise estendendo, ao que se sumaron as intrigas dalgúns sectores da corte que organizaron unha conxura (realmente, un golpe de Estado) na que tomou parte o seu propio fillo, o príncipe de Asturias, Fernando, futuro Fernando VII.

O 17 de marzo de 1808 tivo lugar un levantamento popular (Motín de Aranjuez) que logrou a caída de Manuel Godoy e a primeira abdicación de Carlos IV no seu fillo Fernando.

 
Manuel Godoy retratado en 1792 por Francisco Bayeu.

Napoleón Bonaparte aproveitou a situación para intervir en España e forzar a abdicación de Carlos IV en Fernando e a renuncia deste aos seus dereitos de sucesión.

Napoleón obrigounos a acudir a Baiona, onde se produciu o penoso episodio que tivo lugar o 5 de maio de 1808 en dita localidade francesa e coñecido como as abdicacións de Baiona.

María Luísa acompañou o seu marido ao desterro, primeiro en Francia, confinados por Napoleón en Compiègne, e posteriormente en Roma, onde faleceu, reinando xa o seu fillo Fernando en España, o cal ordenou o traslado dos restos dos seus pais para seren enterrados no Panteón dos Reis do Mosteiro do Escorial.

Descendencia editar

María Luísa e Carlos IV tiveron catorce fillos (á parte destes, a raíña tivo 10 embarazos máis que acabaron todos en abortos espontáneos, o cal suma un total de 24 embarazos):  

Antepasados editar

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16. Lois XIV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
8. Lois de Borbón, Delfín de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17. María Tareixa de Austria e Borbón
 
 
 
 
 
 
 
4. Filipe V de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Fernando María de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
9. María Ana Cristina de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19. Henriqueta Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2. Filipe de España, Duque de Parma
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20. Renato II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
10. Eduardo II Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21. Isabel de Este
 
 
 
 
 
 
 
5. Isabel de Farnesio
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22. Filipe Guillerme de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
11. Dorotea Sofía de Neoburgo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23. Isabel Amalia de Hesse-Darmstadt
 
 
 
 
 
 
 
1. María Luísa de Parma, raíña consorte de España
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24. Lois de Borbón, Delfín de Francia (= 8)
 
 
 
 
 
 
 
12. Lois de Francia, duque de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. María Ana Cristina de Baviera (= 9)
 
 
 
 
 
 
 
6. Lois XV de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26. Vítor Amadeu II de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
13. María Adelaida de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Ana María de Orleáns
 
 
 
 
 
 
 
3. Luisa Isabel de Francia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Rafael Leszczysnki
 
 
 
 
 
 
 
14. Estanislau I de Polonia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Ana Catalina Jablonowska
 
 
 
 
 
 
 
7. María Leszczynska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30. Juan Carlos Opalinski
 
 
 
 
 
 
 
15. Catalina Opalinska
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31. Sofía Czarnkowska
 
 
 
 
 
 

Filmografía editar

Películas nas que aparece o personaxe de María Luísa de Parma.

Ano Filme Director Actriz que interpreta a raíña
2006 Os fantasmas de Goya Miloš Forman Blanca Portillo
1999 Volavérunt Bigas Luna Stefania Sandrelli
1995 Carlota Xoaquina, Princesa do Brasil Carla Camurati Vera Holtz

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Rubio, María José (2009): Reinas de España. Siglos XVIII al XXI. De María Luisa Gabriela de Saboya a Letizia Ortiz. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 978-84-9734-804-1.

Outros artigos editar

Predecesor:
María Amalia de Saxonia
Raíña consorte de España
1788 - 1808
 
Sucesor:
María Xulia Clary