Francisco de Paula de Borbón

aristócrata español

Francisco de Paula Antonio de Borbón e Borbón-Parma, nado en Aranjuez o 10 de marzo de 1794 e finado en Madrid o 13 de agosto de 1865, Infante de España, foi o menor dos fillos do rei de España, Carlos IV e María Luísa de Parma. Foi investido cabaleiro do Vélaro de Ouro en 1794.

Francisco de Paula de Borbón
Infante de España
Francisco de Paula de Borbón

Nome completoFrancisco de Paula Antonio de Borbón e Borbón-Parma
Nacemento10 de marzo de 1794
Palacio Real de Aranjuez, Aranjuez, España
Falecemento13 de agosto de 1865
(71 anos)
Palacio Real de Madrid, Madrid, España
Cónxuxe/sLuísa Carlota de Borbón
Casa realCasa de Borbón
ProxenitoresCarlos IV de España
María Luísa de Parma

Na rede
WikiTree: Bourbon-72 Find a Grave: 22972664 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Coa cidade ocupada polos franceses e os reis e familia real camiño de Baiona, a primeira hora do 2 de maio, saíu o mozo infante de Palacio, transportado en coche. Un cerralleiro, José Blas Molina, penetrou entón no edificio e saíu a un dos seus balcóns gritando á multitude de desocupados e curiosos que observaban o acto:

Traizón! Quitáronnos ao noso rei e queren levarse a todas as persoas reais! Morte aos franceses!

De tal modo, Francisco de Paula serviu de detonante e coartada do soado Levantamento do 2 de maio. En calquera caso, o infante acompañou aos seus pais, Carlos IV e María Luísa, no seu exilio en Francia e Roma.

En 1815, os diplomáticos representantes en Europa das Provincias Unidas do Río da Prata proxectaron coroalo como rei dun hipotético Reino Unido do Río da Prata, Perú e Chile, co posible apoio de Carlos IV.[1] O plan non pasou dun proxecto, e nunca foi seriamente tratado no Río da Prata, pese a que os dous diplomáticos que idearon o proxecto foron personaxes tan influentes como Manuel Belgrano e Bernardino Rivadavia.[2][3]

Afeccionado ás artes e decidido protector delas, foi membro honorario e meritorio da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1816) e deixou pintados varios cadros de valía. Foi tamén protector da Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid, presidente da Masonería española como Gran Mestre do Gran Oriente Nacional de España e Irmán Maior da Real Maestranza de Cabalería de Zaragoza (1819-1865).

Familia editar

Matrimonios e descendencia editar

 
Francisco de Paula de neno.

O 12 de xuño de 1819, casou coa súa sobriña, a princesa napolitana, Luisa Carlota de Borbón-Dúas Sicilias, filla do rei Francisco I e da súa irmá María Isabel de Borbón, do matrimonio naceron:

En 1851 casou en segundas nupcias con Teresa Arredondo, Duquesa de San Ricardo, de quen houbo un único fillo:

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar