Bernardino Rivadavia
Bernardino de la Trinidad González de Rivadavia, nado en Buenos Aires o 20 de maio de 1780 e finado en Cádiz o 2 de setembro de 1845, foi un político da Arxentina, o primeiro presidente do seu país.
Bernardino Rivadavia | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 20 de maio de 1780 |
Lugar de nacemento | Buenos Aires |
Falecemento | 2 de setembro de 1845 |
Lugar de falecemento | Cádiz |
Nacionalidade | Arxentina |
Alma máter | Colegio Nacional de Buenos Aires |
Ocupación | político e diplomático |
Pai | Benito Rivadavia |
Cónxuxe | Juana del Pino |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
OrixeEditar
Era fillo de Benito Bernardino González de Rivadavia, avogado e comerciante en Buenos Aires e natural de Monforte de Lemos. A súa nai, María Josefa de Jesús Rivadavia Rivadeneira, nada en Buenos Aires o 13 de xaneiro de 1755, era filla de José Antonio Rivadavia Díaz, tamén de Monforte, e de María Feliciana Rivadeneira Domínguez, filla a súa vez de Antonio Rivadeneira Pérez de Novoa, natural de Camariñas, e de María Domínguez Basurto, cuxo pai nacera en Cádiz.[1]
TraxectoriaEditar
Durante as invasións inglesas de 1806 participou como tenente no Terzo de Gallegos. Entre 1811 e 1826 ocupou diferentes cargos como o de Secretario da Xunta ou cabeza do triunvirato liderando o movemento independentista de España (mais sendo acusado nas divisións internas dos Terzos de "españolista"[2]), organizando a milicia, eliminando os organismos censores da prensa e cesando o tráfico de escravos, estando en máis dunha ocasión exiliado. Exerceu diferentes misións diplomáticas en Europa e en 1826 foi electo o primeiro presidente da Arxentina. [3]
GobernoEditar
Durante o seu goberno creáronse diversos museos locais e o Museo Argentino de Ciencias Naturales, a Biblioteca Nacional e a Universidade seguindo o novo lema nacional de “paz, organización e progreso”. O seu goberno enfrontou diversos problemas, basicamente referentes á guerra contra o Brasil, na disputa polo provincia Cisplatina, actual Uruguai.
Destacou a súa reforma eclesiástica, a expansión de fronteiras e a lei de enfiteusis, que intentou promover a colonización, así como o debate sobre o usuario contrato de débeda pública coa banca británica Baring. Como unionista capitalizou a cidade de Buenos Aires e dividiu a provincia en tres parcelas, arrebatando as rendas do porto á clase dominante da provincia bonaerense, os Terrero, os Rosas e os Anchorena, o que desatou a inimizade pública cos federalistas [4]. Culminando estas co levantamento do xeneral Lavalle que derroca ao gobernador federal de Buenos Aires en 1828. Un ano antes, en 1827, Rivadavia renuncia ao goberno e exíliase en Europa.
NotasEditar
- ↑ Pertiné, Julio (1975). ge (h),Revista del Instituto Argentino de Ciencias Genealógicas. Los Urien.
- ↑ ["Bernardino Rivadavia"]
- ↑ ["Bernardino Rivadavia"]
- ↑ "Bernardino Rivadavia"(en castelán)