O Ducado de Cádiz é un título nobiliario español concedido por primeira vez polos Reis Católicos a Rodrigo Ponce de León e Núñez, III conde de Arcos, II marqués de Cádiz, da casa dos Ponce de León.

Ducado de Cádiz
Primeira creación
Escudo de Grazalema.svg
Primeiro titularRodrigo Ponce de León e Núñez
ConcesiónIsabel I e Fernando V de Castela
1484
LiñaxesCasa de Ponce de León
Segunda creación
COA Bourbon Spanish Dukedoms.svg
Primeiro titularFrancisco de Asís de Borbón, infante de España
ConcesiónFernando VII de España
9 de maio de 1820
LiñaxesCasa de Borbón
Terceira creación
COA Bourbon Spanish Dukedoms.svg
Primeiro titularAfonso de Borbón e Dampierre
ConcesiónXoán de Borbón, conde de Barcelona
1972
LiñaxesCasa de Borbón

O seu nome refíre á cidade andaluza de Cádiz.

Unha vez morto o primeiro duque, os Reis Católicos negociaron coa súa herdeira Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente a abolición do marquesado e do ducado de Cádiz, reincorporando tras a súa morte a cidade e os títulos á Coroa de Castela,[1] dando ao seu fillo en compensación o condado de Casares e elevando o condado de Arcos a ducado de Arcos.

Durante séculos o título permaneceu en desuso, até o século XIX. Desde entón o título de duque de Cádiz ostentárono varios membros da familia do rei: Francisco de Asís Luis de Borbón, fillo primoxénito do infante de España Francisco de Paula de Borbón e, tras a súa morte o seu irmán (de igual nome) Francisco de Asís de Borbón, rei consorte, quen apenas utilizou este título en vida.

Así mesmo recibiu o ducado de Cádiz o infante de España Fernando María de Baviera e Borbón[2] e, por último, Afonso de Borbón e Dampierre, quen recibiu o título por iniciativa do avó da súa esposa Carmen Martínez-Bordiú e Franco o xefe do Estado, Francisco Franco Bahamonde.

Sobre esta última concesión, o periodista e político Antonio Fontán (que máis adiante sería presidente do Senado) explicou o seguinte:[3]

«Un enviado de Franco, persoa do Goberno e moi caracterizada, visitou a Xoán Carlos de parte do xeneral para que lle dixera ao seu pai, Xoán de Borbón, que o Caudillo quería que se lle concedese a Afonso un título da Casa Real con tratamento de Alteza. O príncipe falou co seu pai. E este foi o que elixiu o título de Cádiz».

Deste xeito, Afonso de Borbón recibiu o ducado de Cádiz. O 22 de novembro de 1972, Franco concedeulle por decreto a facultade de usalo en España. Tras a morte de Afonso, o título volveu reverter na Coroa unha vez máis.

TitularesEditar

 
Medallón de Rodrigo Ponce no Pavillón de San Martín da Praza Maior de Salamanca.
Titular Período
Primeira creación por Isabel I e Fernando V de Castela
I Rodrigo Ponce de León e Núñez 1484-1492
II Francisca Ponce de León e Jiménez de la Fuente 1492-1493
Segunda creación por Fernando VII
I Francisco de Asís de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias 1820-1821
II Francisco de Asís de Borbón e Borbón-Dúas Sicilias 1822-1902
III Fernando María de Baviera e Borbón
Terceira creación por Xoán de Borbón
I Afonso de Borbón e Dampierre 1972-1989

GaleríaEditar

NotasEditar

  1. Supresión del ducado de Cádiz. Diego Hurtado de Mendoza: Historia de la guerra de Granada Arquivado 22 de xullo de 2014 en Wayback Machine.
  2. Fernando de Baviera y Borbón, duque de Cádiz.Instituto Salazar y Castro: Tratado de genealogía, heráldica y derecho nobilario
  3. García-Mercadal y García-Loygorri, Fernando (1998): Los Títulos de la Casa Real: algunas precisiones jurídico-dinásticas. Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. Páx. 26.