Gobernadores civís da Coruña

artigo de listas da Wikimedia
(Redirección desde «Gobernador da Coruña»)

Esta é unha lista dos gobernadores civís da Coruña, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833[1]. O posto de Gobernador civil inicialmente recibiu os nome de Subdelegado de Fomento, Xefe Superior Político, Xefe Político e mesmo Gobernador Civil durante os primeiros anos. A partir de 1836 empregouse unicamente a denominación de Xefe político, ata que quedou fixado en 1847 co nome de Gobernador Civil[nota 1]. Non obstante, aínda se mantivo a denominación de xefe político da provincia durante un par de anos, ata que o Real Decreto de 28 de decembro de 1849 (publicado o día 30) determinou que os xefes políticos provinciais (os gobernadores civís de provincia) e intendentes subdelegados de rendas provinciais pasaban a integrarse nunha única autoridade civil chamada gobernador civil provincial.

Reinado de Isabel II

editar

Rexencia de María Cristina de Borbón (29/09/1833 - 17/10/1840)

  • 10/12/1833-14/04/1834: Miguel Gayoso de Mendoza, Señor de Rubianes, Grande de España[2]
  • 14/04/1834-11/11/1834: Antonio Loriga Reguera[3]
  • 11/11/1834-18/05/1835: José Taboada
  • 18/05/1835-xuño 1836: Ventura de Córdoba
  • xuño 1836-?: Benito Fernández Pereira
  • ?-abril 1837: José María Bermúdez-de Castro[nota 2]
  • abril 1837-outubro 1837: Manuel García Barros[nota 3]
  • outubro 1837-xaneiro 1838: Francisco Agustín Silvela Blanco[nota 4]
  • xaneiro 1838-marzo 1839: Francisco de Gálvez Fernández[nota 3]
  • marzo 1839-22/04/1840: Miguel Dorda[nota 3]
  • 22/04/1840-04/07/1840: Nicolás Sanz Soto[nota 5]
  • 04/07/1840-12/09/1840: José María Cambronero[nota 3]
  • 12/09/1840-xaneiro 1841: Victoriano de Esaín Elcano[nota 6]

Rexencia de Espartero (17/10/1840 - 23/07/1843)

  • xaneiro 1841-04/03/1841: Vicente Alsina Selisis[nota 7] (1ª vez)
  • 04/03/1841-27/03/1841: Joaquín Gómez Barreda
  • 27/03/1841-22/02/1842: Fernando Corradi Gómez[nota 8]
  • 22/02/1842-07/01/1843: Fernando Madoz Ibáñez[nota 3]
  • 07/01/1843-?: Juan Gutiérrez[nota 9] (1ª vez)
  • ?-15/04/1843: Rafael García-Pizarro Zaldúa-de Gamboa, II Marqués de Casa Pizarro[nota 10] (1ª vez)
  • 15/04/1843-xullo 1843: Ramón Martelo Núñez-de Leis
  • xullo 1843-01/08/1843: Rafael García-Pizarro Zaldúa-de Gamboa, II Marqués de Casa Pizarro[nota 10] (2ª vez)

Maioría de Idade (23/07/1843 - 03/05/1844)

Década Moderada (03/05/1844 - 18/07/1854)

  • outubro 1846-13/11/1846: Nicolás Fernández Bolaño[nota 14] (1ª vez)
  • 13/11/1846-03/03/1847: Ventura Díaz-Astillero de los Ríos[nota 3]
  • 03/03/1847-17/03/1847: Nicolás Fernández Bolaño[nota 14] (2ª vez)
  • 17/03/1847-17/12/1847: José March Labores[nota 15]
  • 17/12/1847-31/01/1849: Francisco Belza García-Iriarte[nota 16]
  • 31/01/1849-29/10/1849: Manuel de la Cuesta[nota 17]
  • 29/10/1849-28/12/1849: Bartolomé Hermida Santabaia[nota 18] (1ª vez)
  • 28/12/1849-19/06/1850: José Fernández Enciso [nota 19]
  • 19/06/1850-24/01/1851: José Rafael Guerra
  • 24/01/1851-08/04/1851: Antonio Tenreiro-Montenegro Cabeda, II Conde de Vigo
  • 08/04/1851-19/10/1853: Bartolomé Hermida Santabaia (2ª vez)
  • 19/10/1853-25/01/1854: Bartolomé Velázquez Gaztelu
  • 25/01/1854-14/08/1854: Fernando Zappino

Bienio Progresista (18/07/1854 - 14/07/1856)

Bienio Moderado (14/07/1856 - 30/06/1858)

  • 25/07/1856-agosto 1856: Pedro Carvajal Sanjurjo[nota 20]
  • Agosto 1856-20/08/1856: Bartolomé Hermida Santabaia[nota 22] (3ª vez)
  • 20/08/1856-14/10/1856: Mariano del Castillo Jiménez[nota 23] (1ª vez)
  • 14/10/1856-09/07/1858: José María Michelena

Goberno da Unión Liberal (30/06/1858 - 02/03/1863)

  • 09/07/1858-28/01/1859: Valentín de los Ríos Ríos, Marqués de Santa Cruz de Aguirre
  • 28/01/1859-12/07/1861: José María Palarea Soto
  • 12/07/1861-25/05/1863: Ramón María Suárez Pedregal

Crise Final (02/03/1863 - 19/09/1868)

Goberno Provisional

editar

Período que se estende entre o 19 de setembro de 1868 e o 2 de xaneiro de 1871.

  • 13/10/1868-02/03/1870: Mariano del Castillo Jiménez (2ª vez)
  • 02/03/1870-29/03/1870: Bernardo Iglesias Tineo[nota 22]
  • 29/03/1870-12/01/1871: Pedro Celestino Argüelles

Reinado de Amadeu I

editar

Período que se estende entre o 2 de xaneiro de 1871 e o 11 de febreiro de 1873.

Primeira República

editar

Período que se estende entre o 11 de febreiro de 1873 e o 29 de decembro de 1874.

  • 19/02/1873-25/02/1873: Alberto Aguilera Velasco[nota 31]
  • 25/02/1873-26/08/1873: Manuel Pedregal Cañedo[nota 30]
  • 26/08/1873-07/10/1873: Fermín Villaamil Cancio
  • 07/10/1873-31/01/1874: Zacarías Ruiz Llorente[nota 32]
  • 31/01/1874-09/01/1875: Francisco Cantillo Aquino

Restauración borbónica

editar

Reinado de Alfonso XII (29/12/1874 - 25/11/1885)

  • 09/01/1875-17/09/1875: Vicente Pablo Calderón Oreiro, III Conde de San Juan (2ª vez)
  • 17/09/1875-16/10/1876: Alejandro Marquina Álvarez[nota 33]
  • 16/10/1876-28/10/1876: Cesáreo del Villar Larrazábal[nota 25]
  • 28/10/1876-06/03/1880: Antonio Candalija Uribe
  • 06/03/1880-12/02/1881: Enrique de Leguina Vidal
  • 12/02/1881-11/10/1881: Joaquín Couder Roquebert (1ª vez)
  • 11/10/1881-28/02/1882: Ramón Serrano Coello
  • 28/02/1882-13/07/1882: Francisco de Paula Banquells Rascón
  • 13/07/1882-29/01/1883: Joaquín Couder Roquebert (2ª vez)
  • 29/01/1883-08/02/1883: Alfredo Gómez Zaragoza[nota 25]
  • 08/02/1883-03/11/1883: Guillermo Laá Rute
  • 03/11/1883-20/01/1884: Enrique Sors Martínez
  • 20/01/1884-07/03/1885: José Antonio Gutiérrez de la Vega
  • 07/03/1885-01/12/1885: Calixto Varela-de Montes Recamán (1ª vez)

Rexencia de María Cristina (26/11/1885 - 17/05/1902)

  • 01/12/1885-27/06/1886: Teodoro Baró Sureda
  • 27/06/1886-30/06/1886: Eduardo de la Loma Santos[nota 34]
  • 30/06/1886-07/01/1887: José María Pérez Caballero
  • 07/01/1887-12/01/1888: José Escrig Font
  • 12/01/1888-27/06/1889: Julián Morés Sáenz
  • 27/06/1889-10/07/1890: Rafael Sarthou Calvo
  • 10/07/1890-23/11/1892: Maximiliano Linares Rivas
  • 23/11/1892-17/12/1892: Calixto Varela-de Montes Recamán (2ª vez)
  • 17/12/1892-31/03/1895: Lorenzo Moncada Guillén
  • 31/03/1895-08/01/1897: Silverio Moreda Alvariño[nota 35]
  • 08/01/1897-14/01/1897: Enrique de Ureña Barthé[nota 25] (1ª vez)
  • 14/01/1897-09/10/1897: Filiberto Abelardo Díaz Donderis
  • 09/10/1897-19/10/1897: Enrique de Ureña Barthé[nota 36] (2ª vez)
  • 19/10/1897-20/12/1897: Manuel de La Paliza Rodríguez-Guerra [nota 37]
  • 20/12/1897-17/01/1898: Ricardo Ballester Martínez[nota 25]
  • 17/01/1898-12/11/1898: Cristino Martos Llovet[nota 38]
  • 12/11/1898-07/03/1899: Antonio Díaz Valdés
  • 07/03/1899-22/06/1899: Pedro Miranda Cárcer
  • 22/06/1899-07/08/1901: Eusebio Salas Rodríguez
  • 07/08/1901-13/02/1902: Fernando Soldevilla Ruiz
  • 13/02/1902-11/12/1902: Felipe Romero Donallo (1ª vez)

Reinado de Alfonso XIII (17/05/1902 - 13/09/1923)

  • 11/12/1902-11/04/1903: Alfonso González Núñez
  • 11/04/1903-21/12/1903: José Martos O’Neale
  • 21/12/1903-05/01/1905: Alberto Aparicio Ruiz
  • 05/01/1905-08/06/1905: Luis Soler Casajuana[nota 39]
  • 08/06/1905-27/06/1905: Arturo López Llasera[nota 40] (1ª vez)
  • 27/06/1905-26/10/1905: Luis de Armiñán Pérez
  • 26/10/1905-01/12/1905: Leopoldo Serrano Domínguez (1ª vez)
  • 01/12/1905-31/01/1906: Marcelino Dafonte Bermúdez[nota 41]
  • 31/01/1906-23/05/1906: Leopoldo Serrano Domínguez[nota 42] (2ª vez)
  • 08/05/1906-26/07/1906: Arturo López Llasera[nota 43] (2ª vez)
  • 26/07/1906-15/01/1907: Enrique Altamirano Salcedo
  • 15/01/1907-26/01/1907: Germán Avedillo Suárez
  • 26/01/1907-21/07/1907: Luis Moyano Treviño
  • 21/07/1907-27/11/1907: Valentín Gómez Gómez[nota 33]
  • 27/01/1907-03/01/1908: Fernando Casado Andriani[nota 43]
  • 03/01/1908-26/10/1909: Felipe Crespo de Lara[nota 44]
  • 26/10/1909-19/11/1910: Luis Alvarado González
  • 19/11/1910-03/07/1913: Felipe Romero Donallo (2ª vez)
  • 03/07/1913-30/10/1913: Evasio Rodríguez Blanco
  • 30/10/1913-29/05/1915: Severo Gómez Núñez [nota 45]
  • 29/05/1915-11/12/1915: Andrés Garrido Sánchez (1ª vez)
  • 11/12/1915-25/02/1916: Benito del Campo Otero[nota 33]
  • 25/02/1916-08/03/1916: Alejandro Blin Granados[nota 43]
  • 08/03/1916-14/06/1917: José Boente Sequeiros
  • 14/06/1917-04/12/1917: Andrés Garrido Sánchez (2ª vez)
  • 04/12/1917-17/04/1919: Enrique Toral Sagristá
  • 17/04/1919-22/04/1919: Felipe Crespo de Lara[nota 22]
  • 22/04/1919-01/08/1919: Antonio Alcántara Betegón (1ª vez)
  • 01/08/1919-05/07/1920: Andrés Garrido Sánchez (3ª vez)
  • 05/07/1920-26/07/1920: José Luis Castillejo Gutiérrez[nota 46]
  • 26/07/1920-03/09/1921: Luis Argüelles Argüelles
  • 03/09/1921-13/09/1922: Antonio Alcántara Betegón (2ª vez)
  • 13/09/1922-11/12/1922: Francisco Martín Moreno
  • 11/12/1922-15/09/1923: Juan Antonio García Morante

Ditadura de Miguel Primo de Rivera (13/09/1923 - 14/04/1931)

  • 15/09/1923-10/12/1924: Pío López Pozas[nota 47]
  • 10/12/1924-14/05/1925: Rafael Barón Martínez-Agulló
  • 14/05/1925-20/05/1925: Pedro Lozano González
  • 20/05/1925-28/04/1926: Pedro Llosas Badía
  • 28/04/1926-30/04/1928: José Pérez García-de Argüelles
  • 30/04/1928-15/02/1930: Rafael Muñoz Garde
  • 15/02/1930-16/04/1931: Luis Maraver Serrano

Segunda República

editar

Período que, na provincia da Coruña, se estende entre o 14 de abril de 1931 e o 20 de xullo de 1936.

Ditadura do xeneral Franco

editar

Período que, na provincia da Coruña, se estende entre o 20 de xullo de 1936 e o 15 de xuño de 1977.

Transición e período constitucional actual

editar

Período que, na provincia da Coruña, se estende entre o 15 de xuño de 1977 e o 30 de maio de 1997[4], data na que desaparecen os Gobernos civís para transformarse en subdelegacións do Goberno.

  • 05/08/1977-02/05/1978: Antonio Pol González
  • 02/05/1978-15/12/1982: Pedro Gómez Aguerre
  • 15/12/1982-29/08/1986: Domingo Ferreiro Picado
  • 29/08/1986-16/09/1988: Andrés Moreno Aguilar
  • 16/09/1988-04/04/1992: Ramón Berra Pereira[nota 33]
  • 04/04/1992-10/07/1992: ?
  • 10/07/1992-09/12/1994: María del Pilar Lledó Real
  • 09/12/1994-31/05/1996: Carlos Vacas Belda
  • 31/05/1996-30/05/1997: Fernando Rodríguez Corcoba[nota 53]
  1. O Real Decreto publicado no 30 de setembro de 1847 distinguíu entre gobernadores civís xerais (para tódala rexión) dos gobernadores civís de provincia (Disposicións orgánicas para a gobernación civil do Reino).
  2. Xefe político interino.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Xefe político.
  4. Xefe político. Deixou o posto para tomar posesión dunha praza de deputado a Cortes.
  5. Xefe político interino, nomeado como Gobernador militar da Coruña.
  6. Xefe Político interino, nomeado pola Xunta Provisional Gobernativa da Coruña. O 11 de novembro é ratificado polo Ministerio da Gobernación. Ao falecer o intendente da provincia, José Loredo, substitúeo o propio Esain, polo que este deixa a xefatura política.
  7. Xefe político. Deixou o cargo por ser deputado electo a Cortes.
  8. Xefe político en propiedade. Os derradeiros meses estivo ausente da provincia, probablemente substituído polo intendente subdelegado de rendas, Victoriano Esain.
  9. 9,0 9,1 Xefe político, non chegou a tomar posesión.
  10. 10,0 10,1 10,2 Xefe político interino, como Intendente Subdelegado de Rendas da provincia da Coruña.
  11. Xefe político en comisión da provincia da Coruña.
  12. Xefe do Goberno político.
  13. Reúnese o Goberno civil e o militar da provincia da Coruña na mesma persoa, que ata o momento levaba a só o Goberno militar. O 13 de outubro xa estaba substituído polo seu sucesor.
  14. 14,0 14,1 Xefe político interino, como Conselleiro Provincial da Coruña.
  15. Xefe político da provincia da Coruña.
  16. Xefe político da provincia da Coruña. Tomou posesión o 17 de decembro de 1847. Por disposición publicada o 11 de marzo de 1848, a Raíña revogou o seu traslado á xefatura de Málaga, deixándoo no mesmo destino.
  17. Xefe político da provincia da Coruña. Por motivos de saúde, déuselle o 9 de setembro de 1849 dous meses de licenza, o que ao final desembocou na súa substitución.
  18. Ata o 1 de novembro de 1849 foi Xefe político interino da provincia da Coruña, por enfermidade do antecesor, como Intendente Subdelegado de Rendas provincial da Coruña. Despois desa data, pasou a ser Xefe político provincial en propiedade.
  19. Foi o primeiro xefe político en recibir a denominación de gobernador civil da provincia da Coruña, segundo as novas disposicións.
  20. 20,0 20,1 20,2 Gobernador civil en comisión.
  21. Non tomou posesión por ser destinado ao goberno de Valencia.
  22. 22,0 22,1 22,2 Non tomou posesión.
  23. Tomou posesión o 23/09/1856, ostentando a interinaxe ata entón Pedro Carvajal Sanjurjo.
  24. O 31 de outubro nomeóuselle Xefe da Sección de Construcións Civís do Ministerio da Gobernación e o día 3 de novembro Director Xeral de Lotarías, aínda que o 6 de novembro estaba a asinar ordes como Gobernador civil da Coruña.
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 25,5 25,6 25,7 25,8 Gobernador Civil interino, como Secretario do Goberno Civil da Coruña.
  26. Deixou o cargo para ocupar o de deputado á Cortes por Lleida.
  27. Foi Gobernador civil interino entre o 6 de febreiro de 1864 e o 1 de febreiro de 1865, data na que obtén o cargo en propiedade.
  28. O 16 de outubro de 1865 déuselle o cargo en propiedade, que viña executando en comisión como deputado á Cortes.
  29. Non tomou posesión polo seu traslado ao Goberno Civil de Valencia, ao que finalmente tampouco chegou.
  30. 30,0 30,1 Deixou o cargo por incompatibilidade co cargo de deputado a Cortes.
  31. Non tomou posesión por deixar o Ministerio o nomeamento sen efecto.
  32. O seu cargo foi o de Delegado Especial do Poder Executivo, nunha reformulación dos órganos republicanos.
  33. 33,0 33,1 33,2 33,3 Faleceu no cargo.
  34. Non tomou posesión, por deixar sen efecto o seu nomeamento días despois de producirse.
  35. O seu 2º apelido tamén aparece como Albareño e Alvareño, segundo outras fontes.
  36. Gobernador Civil interino, como Secretario do Goberno Civil da Coruña. O día 9 de outubro desígnase Gobernador civil a Antonio Dieffebruno de Montoya, pero o día 12 é mudado polo Sr. La Paliza, quen no toma posesión ata o día 19.
  37. Foi nomeado o día 12 de outubro, non tomando posesión ata o 19. Faleceu por unha pulmonía o 20 de decembro.
  38. Deixou A Coruña o 14 de novembro, trala toma de posesión do seu sucesor no cargo.
  39. Deixou A Coruña o 8 de xuño e, aínda que o día 15 estaba facendo xestións pola Coruña en Madrid, o mando efectivo estivo no seu Secretario posto que sábese que Soler non vai regresar á Coruña.
  40. Gobernador Civil interino como Secretario do Goberno Civil da Coruña por marcha do anterior a Madrid, que terminou por ser definitivo.
  41. Gobernador Civil interino por unha viaxe do gobernador Serrano que supuxo o seu cesamento provisional. Dafonte era deputado provincial e encargouse do Goberno civil porque o Secretario do mesmo estaba sendo cambiado nese intre.
  42. O 30 de abril foi destinado a Málaga, pero tivo que regresar á Coruña para ocuparse da seguridade ante a posible chegada do Rei.
  43. 43,0 43,1 43,2 Gobernador Civil interino, como Secretario do Goberno Civil da Coruña.
  44. O día 3 de xaneiro foi o día de chegada á Coruña, non a data de nomeamento.
  45. No 22/06/1914 foi nomeado para substituirlle Eusebio Salas, pero foi revogado o nomeamento.
  46. Redactor de "El Heraldo de Madrid", coñecido polo pseudónimo de "Licenciado Vidriera".
  47. Xeneral e Gobernador Militar da Coruña, é nomeado Gobernador civil interino, pola destitución de todos os Gobernos civís.
  48. Gobernador civil interino, como presidente da Audiencia.
  49. Entre a admisión da renuncia da anterior e o nomeamento do novo, pasaron uns días.
  50. 50,0 50,1 50,2 Gobernador civil interino, como Presidente da Deputación da Coruña.
  51. Tomou posesión o 24 de maio de 1958, foi cesado o 19 de febreiro de 1966 e deixou o posto o 6 de marzo.
  52. Foi nomedo o 10 de agosto e tomou posesión o 21.
  53. A partir da data do seu cesamento pasa ser Subdelegado do Goberno na Coruña.
Referencias
  1. Gazeta de Madrid, 3-12-1833, pp. 1 e ss.
  2. Archivo Histórico Nacional. Fondos Contemporáneos, Ministerio del Interior, Serie Xeral, leg. 404, núm. 14. Foi nomeado Subdelegado de Fomento da provincia da Coruña.
  3. Gazeta de Madrid, 18-4-1834, p. 264. Con data de 14 de abril, nomeouse a Antonio Loriga Subdelegado de Fomento da provincia da Coruña. En datas posteriores, pasou a ser denominado Gobernador civil.
  4. Pola Lei 6/1997, de 14 de abril.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar