César López Otero

avogado e político galego


César López Otero, nado en Acevedo (San Xurxo de Piquín, Ribeira de Piquín; por entón pertencente ao concello de Meira), en 1903 e finado en Meira o 12 de setembro de 1939, foi un avogado, sindicalista e político galego.

Infotaula de personaCésar López Otero
Biografía
Nacemento1903 Editar o valor em Wikidata
Acevedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte12 de setembro de 1939 Editar o valor em Wikidata (35/36 anos)
Meira, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil da provincia da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAvelino López Otero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Homenaxe a Otero Pedrayo polo seu ingreso na RAG en 1929. De pé: César Otero, José Berguer, Pardo, Liste Mourenza, Abelaira, Salvador Mosteiro, Manuel Cabanillas, Calviño Domínguez e A. Villar Ponte. Sentados: Laureano Alonso, Eladio Rodríguez, Otero Pedrayo, Risco, Ángel del Castillo e Rafael González Villar.

Dende 1923 presidiu a Federación Provincial Agraria (FPA) e a Confederación Rexional de Agricultores Gallegos (CRAG). Integrouse na ORGA en 1930 e despois no Partido Republicano Gallego. En 1930 participou no Pacto de Lestrobe. Foi gobernado civil da Coruña do 12 de xuño de 1931 ata a súa dimisión o 8 de xullo de 1932. Logo foi dirixente de Izquierda Republicana. Xunto co seu irmán Avelino López Otero foi o promotor da constitución do concello de Ribeira de Piquín, constituído o 5 de marzo de 1935. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro de 1937, o día 15 foi conducido ao Hospital, e morreu uns meses despois de saír da cadea.

Obras editar

  • Abolición de foros, censos y otras rentas de origen señorial, 1934.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar