Salvador Mosteiro Pena
Salvador Mosteiro Pena, nado en Betanzos o 24 de febreiro de 1896 e finado na Coruña o 11 de maio de 1982, foi un médico e lexicógrafo galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de febreiro de 1896 Betanzos, España |
Morte | 11 de maio de 1982 (86 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | odontólogo, lexicógrafo |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Enciclopedia Galega Universal |
Traxectoria
editarEstudou medicina e odontoloxía en Santiago de Compostela e Madrid. Ampliou estudos en París en 1923. Regresou a Galicia e exerceu a odontoloxía en Lugo e na Coruña.
Formou parte da Irmandade da Fala de Betanzos e, posteriormente, presidiu a da Coruña. Como membro da Irmandade de Betanzos participou na Asemblea Nazonalista de Lugo (1918). Nos anos vinte fundou en Madrid a Mocedade Céltiga con Fermín Penzol. Foi o primeiro director da revista Rexurdimento (1922-1923) e tamén dirixiu A Nosa Terra, ademais de colaborar na revista Alborada de Buenos Aires (1930). Preocupado pola normalización do galego, que consideraba debía achegarse ao portugués, formou parte do comité executivo que organizou a primeira Festa da lingua galega que tivo lugar o 25 de xullo de 1930.
Obras
editarNotas
editar- ↑ O Vocabulario das Irmandades da Fala, publicado no Portaldaspalabras.gal o 5 de maio de 2016; inclúe documento PDF co vocabulario dixitalizado.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Mosteiro Pena |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. ISBN 84-7492-465-0.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Delgado Corral, Concepción (2009). "Homenaxe a Salvador Mosteiro Pena" Anuario Brigantino, 32.