Antonio Pol
Antonio Pol González, nado en Lugo o 11 de xaneiro de 1931 e finado o 25 de novembro de 2013,[1] foi un notario e político galego.
Antonio Pol | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1931 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 25 de novembro de 2013 |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | notario e político |
Premios | Medalla Castelao |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Cursou o Bacharelato en Lugo onde tamén se fixo perito mercantil. É licenciado en Dereito e graduado social pola Universidade de Santiago de Compostela. Notario dende 1959, exerceu en Jalón (Alacant), Arzúa, Sarria e Valdepeñas. Foi alcalde de Arzúa (1964-1968) e alcalde de Lugo (1974-1975). Como alcalde de Lugo foi procurador en Cortes. Foi gobernador civil de Salamanca (1975-1977) e Coruña (1977). Nas eleccións xerais de 1982 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Partido Popular. Asumiu a presidencia da xestora do Partido Popular de Ourense en abril de 1986 e meses despois foi elixido presidente provincial. Foi membro do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1996). Foi Vicevaledor do Pobo. Recibiu a Medalla Castelao en 2001.
Predecesor: Jaime Fraiz Fernández |
Alcalde de Arzúa 1964 - 1968 |
Sucesor: José Fuentes Colmeiro |
Predecesor: Fernando Pedrosa Roldán |
Alcalde de Lugo 1974 - 1975 |
Sucesor: Víctor Basanta Varela |
NotasEditar
- ↑ La Voz de Galicia, 26-11-2013, p. L4.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Ligazóns externasEditar
- Noticia en La Voz de Galicia
- Currículo no ABC
- Ficha como Procurador en CortesArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 07 de marzo de 2016 en Wayback Machine.