Gerardo Fentanes Portela

avogado e político galego

Gerardo Fentanes Portela, nado en Cerdido en 1887 e finado en Bordeos (Francia) o 10 de xuño de 1944, foi un avogado e político galego.

Gerardo Fentanes Portela
Nacemento1887
Lugar de nacementoCerdido
Falecemento10 de xuño de 1944
Lugar de falecementoBordeos
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi xuíz de Tinéu, Lalín, Úbeda e Sevilla e maxistrado da Audiencia Territorial de Sevilla. Militante de Acción Republicana, en maio de 1932 foi nomeado gobernador civil de Xaén, e en novembro dese ano da Coruña, posto no que permaneceu ata setembro de 1933. Foi maxistrado do Tribunal Supremo ata o final de Guerra civil. Exiliouse en Francia, onde morreu en 1944.

Vida persoal editar

Casou en Santiago de Compostela con Laura Merino Simón en xuño de 1911.[1]

Notas editar

  1. La Correspondencia Gallega, 17-6-1911, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar