Emilio Aspe Vaamonde
Emilio de Aspe Vaamonde, finado na Coruña o 24 de marzo de 1967,[1] foi un militar e político español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Morte | 24 de marzo de 1967 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
Civil governor of Valladolid (en) ![]() | |
Gobernador civil da provincia de Santa Cruz de Tenerife | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Nicasio de Aspe Fullós, vicepresidente da Real Academia de Medicina de Galicia e Asturias e do Colexio de Médicos da Coruña, secretario do dispensario antituberculoso da Coruña e doutor da armada, e de Adela Vaamonde de Castro.
Xeneral de Cabalaría. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado gobernador civil de Valladolid (1937-1939), da Coruña (1939-1945) e de Tenerife (1946-1950).
Irmán do Tenente Xeneral de Artillaría Nicasio de Aspe e do Xeneral de División Leoncio de Aspe, ambos gobernadores militares despois da Guerra Civil.
Vida persoal
editarCasou con Vicenta Martínez Montoya, con quen tivo dous fillos, Emilio e Adela de Aspe Martínez.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 26-3-1967, p. 21.