Fernando Rodríguez Corcoba

avogado e político galego

Fernando Rodríguez Corcoba, nado na Coruña o 21 de marzo de 1948 e finado o 24 de xullo de 2018 na mesma cidade, foi un avogado e político galego.

Infotaula de personaFernando Rodríguez Corcoba
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1948 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 2018 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago, funcionario, avogado en exercicio (entre 1988 e 1991) e asesor xurídico de empresas, Fernando Rodríguez foi en 1984 presidente da Xunta Reitora do "Padroado Provincial para a Mellora da Vivenda Rural", dependente da Consellaría de Presidencia e en 1986 asumiu o cargo de secretario xeral técnico da Consellaría de Educación. En 1991 foi nomeado delegado provincial de Traballo e Servizos Sociais na Coruña, cargo que ocupou só dous anos (entre 1991 e 1993), xa que logo pasou a ser delegado provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Despois de acceder ó Goberno Civil da Coruña en 1996, foi Subdelegado do Goberno na súa provincia natal. Foi deputado do PP no Parlamento de Galicia.

Presentouse como número un das listas do Partido Popular na Coruña nas eleccións municipais de 2003. Malia mellorar os resultados do seu predecesor, Antonio Erias, non conseguiu rachar con outra maioría absoluta consecutiva de Francisco Vázquez e na poxa polo liderado local do partido perdería fronte a Carlos Negreira.

Após esta dobre derrota decidiu abandonar, xunto con outros dous concelleiros electos, o PP en xuño de 2006[1] e crear un partido independente chamado COR.CO.BA. (Coruñeses Con Buenos Argumentos), que ficaría fóra da corporación municipal de 2007 e que se retirou da loita en plena campaña das eleccións municipais de 2011 ante a previsíbel maioría absoluta do Partido Popular[2].