Abrir o menú principal

Galicia. Revista Universal de este Reino

(Redirixido desde "Galicia Revista Universal de este Reino")

Galicia. Revista Universal de este Reino foi unha publicación periódica editada na Coruña entre 1860 e 1865. A edición e a dirección estaba a cargo dos irmáns Antonio e Francisco María de la Iglesia, literatos composteláns aveciñados na Coruña.[1]

Galicia. Revista Universal de este Reino
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Índice

AntecedentesEditar

Antonio María de la Iglesia comezou as súas intervencións en prensa escribindo en La Aurora de Galicia e, máis adiante, na Revista de Galicia. Francisco María de la Iglesia colaborou en El Defensor de Galicia e, xa xunto co seu irmán Antonio, en El Fomento de Galicia. Dende 1868 dirixiu o Diario de La Coruña, no que colaboraba Antonio como redactor. Xa fundada Galicia. Revista Universal de este Reino, os dous irmán seguiron escribindo en El Anunciador.

Liña editorialEditar

A recepción do novo nacionalismo europeo está no xerme de Galicia. Revista Universal de este Reino, que introduce no debate cultural consideracións sobre a desastrada existencia das masas populares galegas. Lonxe de apelar á caridade, busca facer ver o inxusto dos desniveis de todo xénero que afectan ó país e suxire superalos coa difusión xeral da cultura, entendendo esta como un vehículo polo que alcanzarían a dignidade de cidadáns as masas de campesiños abocados ó "temible feudalismo" da industrialización entón incipiente.

Esta preocupación polas condicións de vida do campo inspira moitos dos artigos e ten como colofón os debates do Congreso Agrícola celebrado en Santiago. Ademais disto, a revista informa constantemente dos últimos avances tecnolóxicos, nos que se vía unha outra vía de modernización para o país, complementaria do desenvolvemento do sector primario. Dedícaselle un enorme espazo ó ferrocarril, que podería chegar a converterse nunha eficaz vía de aproximación á Corte e nun alento para o comercio galego. A insistencia en lograr a apertura ó exterior, tanto por terra como a través dos portos marítimos, era defendida cunha convicción baseada na idea de que o contacto con outras culturas foi o que provocou o florecemento da Galicia medieval. Este entusiasmo levou ós editores a emprender unha campaña para reunir o capital necesario para concluír a liña férrea con participacións na empresa.

A revista expresou con frecuencia posturas anticolonialistas, insistindo na idea de que Galicia debía ser explotada por galegos. En calquera caso non expresou simpatías políticas definidas, o seu discurso foi moderadamente apolítico e, do mesmo modo, non aforrou críticas ós poderes públicos pola vixencia dun sistema político baseado no caciquismo, a súa desidia ente a necesidade de melloras en infraestruturas ou a dependencia do país das subministracións foráneas. A súa defensa do Iberismo foi sempre clara.

ColaboradoresEditar

 
Emilia Calé: "A María en el mes de las flores" en Galicia Revista Universal de este Reino, maio de 1862.

Nas páxinas de Galicia. Revista Universal de este Reino coincidiron autores moi heteroxéneos de Galicia e da diáspora. Moitos practicaban o periodismo alternándoo co exercicio dunha profesión liberal, outros proveñen da Universidade, outros de institucións estatais. Non era infrecuente que se publicasen textos tomados doutras épocas e doutras páxinas.

Tamén colaboraron poetas e narradores, entre eles un nutrido grupo de mulleres, de entre as cales a única que hoxe ten relevancia entre o público é Rosalía de Castro. Unha serie de artigos de José López de la Vega chamaba a atención sobre a importancia da literatura portuguesa, tan descoñecida daquela en España como a galega. Publícase tamén unha serie de ensaios de Francisco Javier Rodríguez Gil, que fora bibliotecario da Universidade de Santiago e da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, sobre o arcebispado de Santiago de Compostela, os seus titulares, os seus dominios e as súas fortalezas, co emprego pioneiro da epigrafía e da numismática na prensa de divulgación. Tamén ven a luz textos de Martín Sarmiento e de Tomás Muñoz y Romero, catedrático da Escola Superior de Diplomática, sobre episodios da historia de Galicia, escritos sen vontade globalizante.

O interese por reivindicar para a lingua galega o mesmo status que gozaba a castelá levou a recuperar textos de Sarmiento, Afonso X ou Álvarez Sotelo ó lado doutros contemporáneos, como o Cura de Fruíme, Nicomedes Pastor Díaz, Rosalía, a cubana Virginia Felicia Auber... Foron atraídos estes polas formas poéticas populares na que se plasman formas románticas de poesía colectivizada.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar