El Anunciador (A Coruña)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Anunciador.
El Anunciador foi un xornal editado na Coruña de 1874 a 1895.
Traxectoria Editar
Continúa a El Avisador, fundado por Gonzalo Brañas Sánchez-Boado e Ezequiel Fernández Miranda, que se publicou de 1863 a 1874. Neste ano cambiou o seu título, mantendo como subtítulo Diario de La Coruña y de Galicia até outubro de 1891. A partir de novembro de 1892 pasou a ser Órgano de la Unión Republicana en la Región Gallega e en decembro dese ano volve a cambiar a Diario de Unión Republicana de La Coruña y de Galicia. En marzo de 1895 cambiou o subtítulo por Diario decano e independiente de La Coruña y de Galicia. Deixou de publicarse en outubro de 1895.
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 52. ISBN 84-8288-137-X.