Ezequiel Fernández Miranda
xornalista e político galego
Ezequiel Fernández Miranda, finado na Coruña o 31 de maio de 1919,[1] foi un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Morte | 31 de maio de 1919 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, político ![]() |
Familia | |
Fillos | Eladio Fernández Diéguez ![]() |
Traxectoria
editarFundou con Gonzalo Brañas Sánchez-Boado en 1863 o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador), que tamén dirixiu. Tamén foi director de El Imparcial Coruñés (1886) e El Alcance (1886). O 30 de xuño de 1878 constituíu, xunto con Manuel Bibiano Fernández e Aureliano Pereira a Liga Periodística, que tiña como obxectivo defender os intereses de Galicia e da prensa galega. Foi concelleiro conservador e cónsul de Venezuela na Coruña.
Vida persoal
editarFoi pai do xornalista e político Eladio Fernández Diéguez.
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 3-6-1919, p. 3
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-019-5.