Gonzalo Brañas Sánchez-Boado
xornalista e escritor galego
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Gonzalo Brañas.
Gonzalo Brañas Sánchez-Boado, nado na Coruña en 1840 e finado na mesma cidade o 17 de xuño de 1903, foi un xornalista e escritor galego.
Gonzalo Brañas Sánchez-Boado | |
---|---|
Nacemento | 1840 |
A Coruña | |
Falecemento | 17 de xuño de 1903 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Fillos | Gonzalo Brañas Fernández e Celia Brañas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo do primeiro matrimonio de Vicente María Brañas Valseca (o pai de Alfredo Brañas)[1]. Farmacéutico. Dirixiu La Ilustración de La Coruña e en 1862 fundou, xunto a Ezequiel Fernández Miranda, o xornal El Avisador (que despois pasou a chamarse El Anunciador). Colaborou en La Unión Gallega.
ObrasEditar
PoesíaEditar
- Barcarola cantada por los carpinteros, 1864.
- La luz en la noche, 1902.
NarrativaEditar
- Páginas sociales, 1861.
- María Pita, 1863.
- Amante y española, 1864.
- Inocencia, 1881
Traducións ao castelánEditar
- La mujer del collar de terciopelo (1861), de Alexandre Dumas.
- La puritana y el hombre de los bosques (1862), de Eugène Nus.
- Mademoiselle La Fayette (1864), de Paul Molé-Gentilhomme.
Vida persoalEditar
Casou con Consuelo Fernández Miranda e foi pai dos científicos Gonzalo e Celia Brañas Fernández.
NotasEditar
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Brañas, Gonzalo, artigo na Gran Enciclopedia Galega.