La Unión Gallega
La Unión Gallega foi un periódico editado en Montevideo entre 1881 e 1892.
La Unión Gallega | |
---|---|
Fundación | 1881 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Montevideo |
Descrito por | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, Enciclopedia Galega Universal e Diccionario da literatura galega |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarApareceu o 18 de agosto de 1881. De periodicidade variable (semanal, bisemanal, trimestral ou diaria) tentou promover "la unión y fraternidad de la colonia gallega" no Uruguai. Fundado por José F. Agrasar e Ramón Cerdeiras, estaba dirixido por Ramón Cerdeiras e Ramón García Vicetto. No seu primeiro número declaraba:
Nuestro propósito y nuestra divisa es la de la Patria, de esa diosa a quien adoramos, de la madre tierra cariñosa por quien suspiramos y cuyo apacible regazo en mala hora abandonamos por causas bien ajenas a nuestra voluntad. Nuestro lema es la unión y la fraternidad de todos los buenos gallegos que, hasta hace poco, vagaban dispersos por esta tierra hospitalaria.
A súa primeira etapa rematou en xaneiro de 1889.
En xaneiro de 1892 inaugurou a segunda etapa, na que saíu case diariamente. O seu director foi César Cisneros. Incluíu colaboracións literarias dos autores do Rexurdimento, moitas delas en folletíns. Cesou a súa publicación o 12 de xuño de 1892.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Unión Gallega, La". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Unión Gallega, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Luís Alonso Girgado (dir.); Manuel Quintáns Suárez (ed.) (2006). La Unión Gallega (212 MB). CIRP. 1496 pp. ISBN 84-453-4328-9.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de La Unión Gallega no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.