César Cisneros
César Augusto Cisneros Luces, nado en Muros o 22 de setembro de 1849 e finado en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1897, foi un xornalista e escritor galego.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1849 Muros, España |
Morte | 4 de xaneiro de 1897 (47 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | escritor, xornalista |
Traxectoria
editarCon trece anos de idade emigrou á Habana, onde comezou traballando de dependente nun comercio. Pronto comezou a publicar novas no Diario de la Marina da Habana, incorporándose á súa redacción cando comezou a adicarse por completo ao xornalismo. Logo trasladouse a Saguas onde dirixiu La Voz de Sagua. En 1868 regresou a Galiza enfermo e conseguiu a praza de profesor de Instrución Xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol. En 1873 embarcou para Montevideo, fundou en La Unión unha escola de ensino primario e ingresou como levador de libros na oficina do Ferrocarril central do Uruguai. En Montevideo fundou o xornal La Carta Blanca, no que atacaba ao ditador Lorenzo Latorre, o que o levou a ter que fuxir a Buenos Aires en 1877. En 1879 fundou o primeiro Centro Gallego de América en Buenos Aires, colaborou en El Correo Español e creou o primeiro xornal galego de América: El Gallego. Posteriormente, trasladouse de novo a Montevideo, onde colaborou en El Pampero, La Unión Gallega, Montevideo Noticioso e El Gallego.
Obras
editarAdemais da súa actividade xornalística, César Cisneros escribiu o libro La insurrección de Ferrol, no que narra os acontecementos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou ao cárcere. Tamén cultivou a poesía, "Na Ausencia" é un dos seus poemas máis coñecidos.
Notas
editar- ↑ "Cisneros Luces, César Augusto". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 258–259.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1951). "CISNEROS LUCES, César Augusto". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 282.
- Vilanova Rodríguez, ALberto (1966). Los gallegos en la Argentina. v. II. Ediciones Galicia.
- Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. p. 139. ISBN 84-8288-019-5.