Felicia Auber

escritora galega

Virginia Felicia Auber Noya, nada na Coruña en 1821 e finada en Madrid o 20 de marzo de 1897, foi unha escritora galega.

Felicia Auber
Virginia Felicia Auber casa do Conde de Arcos.jpg
Nome completoVirginia Auber Noya
AlcumeFelicia
Nacemento1821 e século XIX
Lugar de nacementoA Coruña e Galicia
Falecemento20 de marzo de 1897
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Filla de Pedro Alejandro Auber, un francés que se establece en España despois da invasión napoleónica. De nena marchou ás illas Canarias e despois a Cuba, onde iniciou o seu labor literario con traducións do inglés e do francés para o Diario de la Habana. Colaborou na prensa e escribiu o folletín dominical Ramillete Habanero no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo Felicia. Destacou como novelista aínda que tamén probou fortuna no teatro con Una deuda de gratitud, comedia nun acto. En 1873 regresou a Europa, viviu primeiro en Milán e logo en París, onde residiu vinte anos. Regresou a España en 1893 e instalouse en Madrid, onde residiu ata a súa morte.

ObrasEditar

NovelaEditar

  • Un amor misterioso.
  • Otros tiempos.
  • Ambarina.

Novela curtaEditar

  • Un aria de Bellini.
  • Entretenimientos literarios.
  • Mauricio.
  • Una falta.
  • Los dos castillos.
  • Una venganza.
  • El castillo de la loca Teresa.
  • Una historia bajo los árboles.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar