El Defensor de Galicia

El Defensor de Galicia foi un periódico editado na Coruña en 1856.

El Defensor de Galicia
LocalidadeA Coruña
Na rede
Galiciana: 6493
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Apareceu o 2 de outubro de 1856. De periodicidade trisemanal (aparecía os martes, xoves e sábados). O seu director foi Ricardo Puente Brañas, e entre os seus colaboradores estaban Leandro de Saralegui Medina, Manuel Murguía, Antonio de la Iglesia, Francisco María de la Iglesia, José López de la Vega, Aurelio Aguirre e Antonio de San Martín. Contaba coas seccións: "Revista comercial de La Coruña", "Correspondencia de Galicia", "Sección doctrinal", "Parte oficial", "Noticias nacionales y extranjeras", "Sección poética", "Variedades", "Gacetilla", "Folletín" e "Anuncios". Publicou poemas en castelán e galego, narracións e lendas, e recensións de libros en galego de Vicetto e Murguía. Cesou a súa publicación co número 30 o 9 de decembro de 1856.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar