Ricardo Puente Brañas
Ricardo Puente Brañas, nado na Coruña o 18 de xaneiro de 1835 e finado en Madrid o 12 de setembro de 1880, foi un xornalista e escritor galego.
Ricardo Puente Brañas | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Ricardo Puente y Brañas |
Nacemento | 18 de xaneiro de 1835 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Falecemento | 12 de setembro de 1880 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | José Puente Brañas |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou Comercio na Coruña. Ao finalizar os estudos, ingresou no corpo de funcionarios do Estado. Traballou na oficina de Dereitos e Propiedades do Estado en Tarragona, foi xefe da Administración civil, gobernador civil de Alacant e León e xefe de prensa da Presidencia do Consello de Ministros. De ideais provincialistas dirixiu o periódico El Defensor de Galicia, o literario El Iris de Galicia e El Tarraconense en Tarragona. Participou no Álbum de la Caridad coa composición "O gaiteiro da Coruña, aos vencedores de África". En 1859 trasladouse a Madrid e iniciou unha carreira literaria dedicado á produción teatral.
Obras editar
- Un juramento cumplido, 1847 (drama).
- De la mano a la boca, 1870 (comedia).
- Cuento de hadas, 1875 (zarzuela).