Antonio de San Martín

escritor e xornalista galego

Antonio de San Martín, nado na Coruña o 13 de xuño de 1841 e finado o 4 de agosto de 1887, foi un escritor galego en lingua castelá.

Antonio de San Martín
1883-07-22, Madrid Cómico, de Cilla, Antonio de San Martín (cropped).jpg
Nacemento13 de xuño de 1841
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento4 de agosto de 1887
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
Na rede
Galiciana: 11542
editar datos en Wikidata ]
Tomo primeiro de Nerón, de Antonio de San Martín.

TraxectoriaEditar

De ideoloxía progresista, foi autor dalgunhas poesías (Colección de poesías de D. Antonio de San Martín) e de máis de duascentas novelas folletinescas de inspiración histórica. Dominan as dualidades morais ao Pérez Escrich e os tópicos deste tipo de obras: as frases cortadas para gañar espazo, os tópicos metafóricos, o paisaxismo exótico, o emprego de adxectivos comúns etcétera. Destacan as cinco novelas que dedicou a Francisco de Quevedo, a cuxa lectura era moi afeccionado: Aventuras de don Francisco de Quevedo (1883-1884). Colaborou en El Defensor de Galicia e El Brigantino.

Obras (selección)Editar

  • Lamentos del corazón (1860).[1]
  • Venció el amor al orgullo' (1864).[2]
  • Horrores del feudalismo: la torre de los vampiros (1871).
  • El enano de la venta (1873).[3]
  • La ciudad del sueño. Viaje al interior de Marruecos (1873).
  • La Edad del Hierro (1874).
  • La sacerdotisa de Vesta (1874).
  • Pompeya, la ciudad desenterrada (1874).
  • El asesino fantasma (1874).
  • Nerón (1875).
  • La esposa enterrada en vida (1876).
  • Los misterios de la calle de Panaderos (1880).
  • Desde la timba al timo. Novela original de malas costumbres contemporáneas, consecuencia de los vicios en la sociedad (1880).

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar