Diario de La Coruña (1857)
Diario de La Coruña foi un xornal editado na Coruña en 1857.
Diario de La Coruña | |
---|---|
![]() ![]() | |
Editorial | Benito Vicetto |
Localidade | A Coruña |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico literario, científico e industrial apareceu o 15 de maio de 1857.[1] Dirixido por Alonso Rey, Francisco María de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, José López de la Vega, José María Montes e Froilán de Salazar. Imprimíase nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez ou nos talleres do Hospicio. Entre os seus redactores estaban Antonio María de la Iglesia, Ramón Buch, Domingo Camino, Federico Alejos Pita e Mateo Garza. Incluíu noticias nacionais e do estranxeiro, unha sección comercial, novas do porto e información de carácter social. Tentou ser unha publicación exclusivamente informativa, á marxe de posicionamentos ideolóxicos ou políticos. Publicou algúns poemas en galego de Francisco e Antonio María de la Iglesia e un "Cantar abdicado ó meu amigo Vicetto", de Antonio de San Martín. Cesou o 31 de xullo de 1857.
Notas
editar- ↑ Vilavedra 1997, p. 145.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barreiro Fernández, Xosé Ramón (1/7/1991). "Una fuente de información local". La Voz de Galicia (en castelán).
- Dobarro, X. M. (1994). "Inventario da producción lírica do primeiro rexurdimento (1840-1863)". Anuario de Estudios Literarios Galegos (Galaxia). ISBN 84-7154-937-9.
- Dobarro, X. M. (2005). "Diario de La Coruña". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Diario de La Coruña na hemeroteca virtual da Real Academia Galega.