El Brigantino (A Coruña)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Brigantino.
El Brigantino foi un xornal editado na Coruña entre 1863 e 1881.
Historia e características editar
Subtitulado Periódico literario científico e industrial, aparece en 1863. Xurdiu para cubrir a desaparición de Diario de La Coruña. Entre os seus colaboradores figuraron Benito Vicetto, Federico Alejos Pita, José María Montes e Antonio de San Martín. En 1867 editou como folletín Galicia y sus poetas, a primeira antoloxía de poesía galega. Reapareceu en 1884 como Semanario satírico-caricaturesco.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.