Abrir o menú principal

Estación de Alacant-Terminal

(Redirixido desde "Estación de Alacant - Terminal")

Alacant-Terminal é a principal estación de tren de Adif da cidade de Alacant. É unha estación de carácter terminal. Ten servizos de alta velocidade, longa e media distancia, ademais de ser cabeceira de dúas liñas da rede de Proximidades Murcia/Alacant.

Alacant - Terminal
ADIFALACANT.JPG
SituaciónAlacant
Servizosaccesible PMR aparcamiento de pago cafetería venta de billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia, Euromed, Talgo
Media distanciaMD, Rexional, Rexional Exprés
CercaníasC-1 light blue.svg C-3 dark pink.svg
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Metro
TRAM - Metropolitano de Alicante -T-.svg Liñá 1 Liñá 2 Liñá 3 Liñá 4 en Luceros (300 m)
BSicon CLRV.svg
Bus
MadridMetro-EMT.svg
OutrosTaxi

Situación ferroviariaEditar

Na estación, situada a 22,45 metros de altitude, conflúen diferentes liñas:[1]

HistoriaEditar

Os antecedentes da chegada do ferrocarril á cidade sitúanse nos desexos de conectar Madrid con Alacant tomando como punto de partida a liña Madrid-Aranjuez e a súa prolongación ata Albacete vía Alcázar de San Juan por parte da Compañía do Camiño de Ferro de Madrid a Aranjuez que tiña a José de Salamanca como o seu principal impulsor.[2] O 1 de xullo de 1856 José de Salamanca, que se uniu coa familia Rothschild e coa compañía do Chemin de Fer du Grand Central, obtiveron a concesión da liña Madrid-Zaragoza que, unida á concesión entre Madrid e Alacant, daría lugar ao nacemento da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant ou MZA.[2] Esta última foi a encargada de inaugurar a estación o 26 de maio de 1858 coa apertura do tramo Almansa-Alacant. A viaxe inaugural foi presidida pola raíña Isabel II. A pesar diso, e segundo consta nos documentos oficiais da compañía e nas Memorias das obras públicas, a posta efectiva en servizo realizouse algo antes, o 15 de marzo de 1858.

A construción da estación foi encargada por MZA a varios enxeñeiros franceses entre os que se atopaban M. Julien.[2] Para iso descartouse un proxecto anterior xulgado insuficiente para o tráfico previsto. A instancias do Ministerio da Guerra, tamén se descartou situar a estación xunto ao porto movéndoa á porta de San Francisco.[2] O edificio que finalmente se construíu, dotou á cidade dunha das maiores estacións de España da época. Estaba formada por dous corpos paralelos ás vías, de planta baixa, entre os cales se situou o acceso principal ao recinto, con escalinata previa e galería de columna dóricas como principais elementos decorativos.[3] O conxunto cubriuse cunha amplía marquesiña metálica de dúas vertentes tipo Polonceau fabricada por Scheneider e Cía de Le Creusot.[2] Dita marquesiña consérvase na actualidade sen apenas cambios substanciais.

Entre 1967 e 1968, Renfe, que xestionaba a estación desde 1941, decidiu reformar a fachada principal co propósito de modernizala. Retiráronse as columnas, e con iso gran parte do neoclasicismo que desprendía o edificio, substituíndoas por un corpo central que servía de novo acceso ao recinto.

Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

En 2010 anunciouse a construción dunha nova estación para a chegada da alta velocidade á cidade. O primeiro servizo de alta velocidade chegou á estación o 18 de xuño de 2013.

A estaciónEditar

Sitúase preto do centro urbano fronte á avenida Salamanca. Componse de seis vías ás que acceden diferentes plataformas froito da súa configuración como estación terminal. Posúe puntos de información, venda de billetes, aseos e servizos adaptados ás persoas con minusvalía. Ademais contén locais comerciais, cafetería, servizos bancarios e alugueiro de coches. No exterior hai unha aparcadoiro situado nun dos laterais do recinto e unha parada de taxis. Existen tamén paradas próximas de autobuses urbanos.

Servizos ferroviariosEditar

Longa DistanciaEditar

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Albacete-Los Llanos · Villena AV Alacant-Terminal 7/8 trens diarios por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
Euromed Barcelona-Sants Tarragona · Castelló de la Plana · Valencia-Joaquín Sorolla Alacant-Terminal 4 trens diarios por sentido
Talgo Barcelona-Sants Tarragona · Salou · Cambrils · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peníscola · Orpesa · Benicàssim · Castelló de la Plana · Sagunt · Valencia-Estació del Nord Alacant-Terminal 1 tren diario por sentido
Talgo Barcelona-Sants Tarragona · Salou · Cambrils · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peníscola · Orpesa · Benicàssim · Castelló de la Plana · Sagunt · Valencia-Estació del Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela Murcia del Carmen 1 tren diario por sentido
Talgo Barcelona-Sants Tarragona · Salou · Cambrils · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peníscola · Benicàssim · Castelló de la Plana · Valencia-Estació del Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela · Murcia del Carmen · Balsicas-Mar Menor · Torre Pacheco Cartaxena 1 tren diario por sentido
Talgo Barcelona-Sants Tarragona · Salou · Cambrils · L'Aldea-Amposta-Tortosa · Vinaròs · Benicarló-Peníscola · Benicàssim · Castelló de la Plana · Valencia-Estació del Nord · Xàtiva · Villena · Elda-Petrer · Alacant-Terminal · Elx-Parc · Orihuela · Murcia del Carmen · Alhama de Murcia · Totana Lorca-Sutullena 1 tren diario por sentido

Media distanciaEditar

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
43 MD Alacant-Terminal <> Lorca-Sutullena
44 MD
Rexional
Rexional Exprés
Zaragoza-Delicias
Valencia-Estació del Nord
<> Alacant-Terminal
Murcia del Carmen
Cartaxena
45 MD Alacant-Terminal <> Cidade Real
46 Rexional Alacant-Terminal <> Albacete-Los Llanos

ProximidadesEditar

A estación ten servizo de Proximidades Renfe cunha frecuencia de 1 ou 2 trens por hora na liña C-1 e unhs poucos trens ao día na liña C-3. É cabeceira de ambas liñas.

 
Vías da estación
Liña Destino / Orixe
  Murcia del Carmen
  Sant Vicent Centre

NotasEditar

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Madrid a Aranjuez, Aranjuez a Almansa, Almansa a Alicante[Ligazón morta] Spanishrailway
  3. La estación Alicante Central Conselleria d'Infraestructures. 150 años del ferrocarril en Alicante

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar