Estación de Villena

Coordenadas: 38°37′54.18″N 0°52′3.91″O / 38.6317167, -0.8677528

A estación de Villena é unha estación de ferrocarril española propiedade de Adif situada na cidade homónima na provincia de Alacant, Comunidade Valenciana. É unha estación pasante que pertence á liña Madrid-Alacant e está situada entre o límite oeste do casco urbano e o Polígono Industrial Los Rubiales, xunto ao Paseo de Ruperto Chapí. A estación ten parada de trens de Grandes Liñas e de Media distancia.

Villena
Villena. Estación de la RENFE. Dirección sur.jpg
Edificio da estación en 2007.
SituaciónVillena
Servizosvenda de billetes aparcadoiro
Liñas
Longa DistanciaAlvia e Talgo
Media distanciaMD, Rexiónal e Rexional Exprés
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
parada de autobús urbano parada de autobús interurbano, na estación de autobuses

Está en estudo a extensión da rede de Proximidades Murcia/Alacant até Villena.[1][2][3]

Situación ferroviariaEditar

A estación atópase no punto quilométrico 396,1 da liña férrea de ancho ibérico Madrid-Alacant a 503,85 metros de altitude.[4]

Villena tamén formaba parte dunha liña férrea de ancho métrico que unía Villena con Cieza vía Alcoi e Jumilla e que deixou de operar en 1969.

HistoriaEditar

A estación de Villena inaugurouse en 1858, ao abrirse a liña da MZA entre Alacant e Madrid.[5] Na viaxe inaugural viaxou a raíña Sabela II, que realizou unha pequena parada na cidade, para o que se habilitou o Paseo da Raíña, actual Paseo de Ruperto Chapí.[6] O edificio, igual que os de todo o tramo Almansa-Alacant, foi proxectado por Agustín Elcoro Berecíbar,[7] correspondendo a Villena un dos dous edificios de 2ª clase.[8] Este conservouse case sen modificar até a actualidade, tendo sufrido só reformas menores. Xusto enfronte instalouse en 1884 a estación do ferrocarril VAY, que funcionou até 1969.[9] En 1941, a nacionalización de ferrocarril en España supuxo a integración de MZA na recente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

 
Vista da estación en 1858.

Na actualidade planease destinar esta estación só para o uso de proximidades,[1] mentres que os trens de longa distancia terían parada na nova estación de AVE que se está construíndo nas proximidades da Colonia de Santa Eulalia.[10][11]

Servizos ferroviariosEditar

Longa DistanciaEditar

Os trens de Longa Distancia que se deteñen na estación enlazan Alacant con Madrid, Galicia e a cornixa cantábrica. Por outra parte Murcia queda conectada con Barcelona grazas a varios trens Talgo que incluso nalgúns casos alcanzan Francia.

Media DistanciaEditar

Os amplos servizos de Media distancia de Renfe teñen como principais destinos as cidades de Cidade Real, Albacete, Alacant, Valencia, Cartaxena e Murcia.

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Renfe unirá la Universidad de Alicante con Villena cuando se electrifiquen las vías férreas de cercanías". Las Provincias (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  2. "El tramo Alicante - Villena será usado para cercanías". TRANVÍA Portal (en español). Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2015. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  3. Las Provincias (3 de outubro de 2007). "El Ayuntamiento de San Vicente pide a Renfe que prolongue el tren de cercanías hasta el Vinalopó" (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  4. Ministerio de Fomento. "Red ferroviaria española" (PDF) (en español). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. "La construcción de la red ferroviaria alicantina: Proceso de construcción". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  6. "Los inicios del ferrocarril: Puesta en marcha e inauguraciones". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  7. "Las estaciones de Alicante: El proyecto de A. Elcoro Berecíbar". 150 años del ferrocarril de Alicante (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  8. Agustín Elcoro Berecíbar (1853). "Estación de Villena (2ª clase)" (PDF). Memoria sobre las estaciones del ferro-carril de Almansa a Alicante (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  9. Editorial Prensa Valenciana, ed. (2009). "Compañía de los Ferrocarriles Económicos de Villena a Yecla y Alcoy". Gran Enciclopedia Temática de la Comunidad Valenciana. Economía. 
  10. R. Bernabeu (22 de maio de 2008). "El AVE tendrá parada en Villena" (html). Las Provincias.es (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  11. EP (28 de marzo de 2009). "La estación del AVE de Villena ocupará 2.500 metros cuadrados" (html) (en español). Consultado o 31 de marzo de 2012. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar