Jumilla

Coordenadas: 38°28′45″N 1°19′30″O / 38.47917, -1.32500

Jumilla (en valenciano: Jumella) é un municipio do norte da Rexión de Murcia (España), situado na comarca do Altiplano. Ten 25.484 habitantes (INE 2015). O municipio é famoso polos seus viños e peras.

Igrexa de Santiago

O seu termo municipal ten unha extensión de 972 km² (o segundo lugar en extensión, do conxunto de municipios da Rexión de Murcia, por detrás de Lorca e por diante de Moratalla). A súa altitude media é de 600 msnm. Ao leste limita co País Valenciano e por iso nalgunhas das súas pedanías fálase valenciano.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar