Gran Premio do Reino Unido de 1976

O Gran Premio do Reino Unido de 1976 (oficialmente o XXIX John Player British Grand Prix) foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 18 de xullo de 1976 no circuíto de Brands Hatch, Kent, Inglaterra. A carreira, disputada sobre 76 voltas, foi a novena carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1976.

Gran Premio do Reino Unido de 1976
Detalles da carreira
Carreira 9 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976.
Trazado do circuíto de Brands Hatch
Trazado do circuíto de Brands Hatch
Data 18 de xullo de 1976
Nome oficial XXIX British Grand Prix
Localización Circuíto de Brands Hatch, Kent, Reino Unido
Percorrido Percorrido permanente de carreira
4´206 km
Distancia 76 voltas, 319´656 km
ClimaSeco
Pole position
Piloto Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:19.35[1]
Volta rápida
Piloto Austria Niki Lauda Ferrari
Tempo 1:19.91 na volta 41[2]
Podio
Primeiro Austria Niki Lauda Ferrari
Segundo Unión Sudafricana Jody Scheckter Tyrrell-Ford
Terceiro John Watson Penske-Ford

O piloto británico James Hunt estivo involucrado nun accidente na primeira curva e sacouse a bandeira vermella. Hunt levou o seu coche danado a boxes, pero non completou a volta completa a pista para facelo, no seu lugar levouno a través dun camiño de acceso na recta Cooper. Os comisarios notificaron que, xa que non estaba no circuíto cando ondeou a bandeira vermella, Hunt non podía participar na reanudación. Esta noticia provocou un gran sentimento de anoxo entre a multitude británica, quen coreou o nome da Hunt ata que os comisarios, por temor a problemas co público, anunciaron que a Hunt permitiríaselle reiniciar a carreira. Hunt gañou a carreira reiniciada. En setembro, dous meses despois da carreira, o equipo Ferrari protestou con éxito contra a participación de Hunt na carreira, e foi descualificado, dando a Niki Lauda a vitoria na carreira.

Informe editar

Antecedentes editar

Este foi o único Gran Premio de Fórmula Un no que participaron varias pilotos femininas (Lella Lombardi e Divina Galica). Ningunha cualificou para o Gran Premio.

O deseño de Brands Hatch modificouse con respecto ao do ano anterior. Paddock Hill, a recta inferior (rebautizada como recta Cooper) e o South Bank (rebautizada como Surtees) foron cambiadas lixeiramente ou moderadamente. O pit lane foi alongado e moitas das curvas cambiaron de nome, todas alusivas a pilotos e equipos.

Carreira editar

Ao principio, Hunt fixo unha mala saída e permitiu distanciarse a Lauda. Pola contra, Clay Regazzoni que partía do cuarto lugar fixo unha boa saída desde a segunda fila, e tratou de tomar o liderado de Lauda na primeira curva. Regazzoni bateu co Ferrari do seu compañeiro Lauda que resultou cunha roda traseira rota, e trompeou co seu propio coche. A continuación, o coche de Regazzoni foi golpeado polos coches de atrás, o que resultou en danos a varios vehículos máis, incluíndo os de Hunt e Jacques Laffite. Debido á cantidade de aceite e refugallos que como resultado cubrían a pista, a carreira detívose.

Os equipos McLaren, Ferrari e Ligier dedicáronse á preparar os mulettos de Hunt, Regazzoni e Laffite, respectivamente, na crenza de que non había tempo suficiente para reparar os seus coches orixinais. Pero, os comisarios da carreira anunciaron que non permitirían participar a ningún piloto no reinicio da carreira a menos que estivesen no seu coche orixinal, e que acabaran a primeira volta da carreira inicial. Isto significou que os coches de reposto non se podían utilizar, e os pilotos que non regresaran a boxes ao final da primeira volta non se lles permitiría reiniciar.[3]

Durante o debate os mecánicos de McLaren lograron reparar o danado McLaren que Hunt utilizara no inicio. Malia non lograr completar a primeira volta, Hunt non necesitaba o coche de substitución, e o temor a posibles problemas co público levou aos comisarios a ceder e permitir a Hunt tomar parte no reinicio. Regazzoni e Laffite tamén saíron na reanudación, aínda que nos mulettos, arriscándose a unha posible exclusión logo da carreira.[3]

No segundo inicio da carreira, Lauda volveu a liderar a carreira, con Hunt segundo, Regazzoni terceiro e Scheckter cuarto. Laffite retirouse na volta 32 e Regazzoni na volta 37 por problemas de suspensión e baixa presión de aceite, respectivamente, librando aos comisarios de ter que pronunciarse sobre se os dous ían ser descualificados polo uso dos vehículos de substitución.

 
James Hunt cruzou a liña de meta en primeira posición, pero foi descualificado logo da carreira

Lauda liderou a carreira durante as primeiras 45 voltas, ata que problemas coa caixa de cambio permitiron a Hunt adiantarlle. Hunt continuou aumentando a vantaxe con Lauda durante o resto da carreira, e cruzou a liña de meta en primeira posición.

Post carreira editar

Inmediatamente logo da carreira, os equipos Ferrari, Tyrrell e Copersucar protestaron o resultado aos comisarios. Os tres equipos crían que como Hunt non completara a volta enteira despois do accidente, segundo o regulamento non debería permitírselle tomar parte no reinicio. Tras unha reunión de tres horas, os comisarios desestimaron as protestas e anunciaron que o resultado era válido.

Ferrari anunciou que presentaría un recurso ante o RAC, o órgano reitor do deporte do motor en Gran Bretaña e que era o responsable das sancións e a organización do Gran Premio de Gran Bretaña . Celebrouse unha reunión en Londres o 4 de agosto, onde de novo o equipo Ferrari presentou a súa visión de que Hunt non completara a primeira volta, polo que non se debería permitir a súa participación na reanudación. Ao explicar a súa razón para desestimar a apelación, o RAC indicou que aínda que Hunt non puido terminar a primeira volta, o coche seguíase movendo no momento no que a carreira detívose, e isto fora suficiente para permitirlle reiniciar.[4]

Ferrari entón protestou o resultado ante a FIA, que deu lugar á convocatoria dun tribunal de apelación. O tribunal tivo lugar en París o 25 de setembro, onde Ferrari presentou a súa crenza de que o coche de Hunt fora empuxado polos seus mecánicos antes de que se detivera a carreira, rompendo a regulación que prohibe axuda externa durante a carreira. McLaren sostiña que só empuxaran o coche logo de que a carreira fora detida.[5]

A decisión adoptada polo tribunal foi atender a apelación de Ferrari, e descualificar a Hunt da carreira. Isto á súa vez deu lugar a que todos os outros pilotos desprazaranse unha posición cara a arriba, e polo tanto facer de Lauda o gañador da carreira.[6]

Clasificación editar

 
O gañador Niki Lauda nun Ferrari 312T2.
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 1   Niki Lauda Ferrari 76 1:44:19.66 1 9
2 3   Jody Scheckter Tyrrell-Ford 76 + 16.18 8 6
3 28   John Watson Penske-Ford 75 + 1 volta 11 4
4 16   Tom Pryce Shadow-Ford 75 + 1 volta 20 3
5 19   Alan Jones Surtees-Ford 75 + 1 volta 19 2
6 30   Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 74 + 2 voltas 21 1
7 24   Harald Ertl Hesketh-Ford 73 + 3 voltas 23
8 8   Carlos Pace Brabham-Alfa Romeo 73 + 3 voltas 16
9 17   Jean-Pierre Jarier Shadow-Ford 70 + 6 voltas 24
DSC 11   James Hunt McLaren-Ford 76 Descualificado 2
Ret 6   Gunnar Nilsson Lotus-Ford 67 Motor 14
Ret 10   Ronnie Peterson March-Ford 60 Sistema combustible 7
Ret 18  Brett Lunger Surtees-Ford 55 Caixa de cambios 18
Ret 4   Patrick Depailler Tyrrell-Ford 47 Motor 5
Ret 7   Carlos Reutemann Brabham-Alfa Romeo 46 Presión aceite 15
Ret 35   Arturo Merzario March-Ford 39 Motor 9
Ret 2   Clay Regazzoni Ferrari 36 Presión aceite 4
Ret 26   Jacques Laffite Ligier-Matra 31 Suspensión 13
Ret 32   Bob Evans Brabham-Ford 24 Caixa de cambios 22
Ret 9   Vittorio Brambilla March-Ford 22 Accidente 10
Ret 38   Henri Pescarolo Surtees-Ford 16 Sistema Combustible 26
Ret 22   Chris Amon Ensign-Ford 8 Fuga auga 6
Ret 5   Mario Andretti Lotus-Ford 4 Encendido 3
Ret 12   Jochen Mass McLaren-Ford 1 Embrague 12
Ret 34   Hans-Joachim Stuck March-Ford 0 Accidente 17
Ret 25   Guy Edwards Hesketh-Ford 0 Accidente 25
NSC 20   Jacky Ickx Wolf-Williams-Ford
NSC 13   Divina Galica Surtees-Ford
NSC 40   Mike Wilds Shadow-Ford
NSC 33   Lella Lombardi Brabham-Ford

Posicións logo da carreira editar

  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados. Non inclúe os resultados finais desta carreira, James Hunt non foi descualificado ata o 25 de setembro.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1976
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1976
Carreira seguinte:
Gran Premio de Alemaña de 1976
Carreira anterior:
Gran Premio do Reino Unido de 1975
Gran Premio do Reino Unido Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1977

Notas editar

  1. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 131. ISBN 0-85429-380-9. 
  2. Lang, Mike (1983). Grand Prix! Vol 3. Haynes Publishing Group. p. 134. ISBN 0-85429-380-9. 
  3. 3,0 3,1 Blunsden, John (1976-07-19). "Hunt survives pile-up and protest to win third race in two weeks". The Times. p. 8. 
  4. Blunsden, John (1976-08-05). "Ferrari appeal over British GP is rejected". The Times. p. 9. 
  5. "Tribunal's decision crucial for Hunt". The Times. Reuters. 1976-09-24. p. 11. 
  6. Blunsden, John (1976-09-25). "Hunt drops farther behind Lauda after British GP disqualification". The Times. p. 15. 

A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Consultado o 2007-06-16. 

Ligazóns externas editar