Enfermidade polo virus Marburg

Esta páxina trata sobre a enfermidade. Para información sobre os virus ver: virus Marburg, virus Ravn e Marburg marburgvirus.

A enfermidade polo virus Marburg (ICD-10), tamén chamada febre hemorráxica de Marburgo é unha febre hemorráxica viral causada polos virus Marburg (MARV) e Ravn (RAVV), pertencentes á especie Marburg marburgvirus. Os síntomas clínicos da febre de Marburgo son case indistinguibles dos da enfermidade polo virus Ebola. O nome da enfermidade e a do virus derivan da cidade alemá de Marburgo, onde se deron os primeiros casos da doenza.[1]

Enfermidade polo virus Marburg
Clasificación e recursos externos
ICD-10A98.3
ICD-9078.89
DiseasesDB7835
eMedicineped/2406
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Signos e síntomas

editar

Os estudos máis detallados da frecuencia, comezo e duración dos signos e síntomas da enfermidade polo virus Marburg realizáronse entre 1998–2000 durante o gromo debido conxuntamente aos virus MARV e RAVV.[2] As manifestacións hemorráxicas típicas desta doenza son erupcións maculopapulares, petequias, púrpura, equimoses, e hematomas (especialmente arredor dos lugares onde se practicaron inxeccións). Porén, estas hemorraxias non orixinan unha hipovolemia e non son a causa da morte, xa que esta se debe a unha síndrome de disfuncións orgánicas múltiples causadas pola redistribución de fluídos, hipotensión, coagulación intravascular diseminada e necrose de tecidos focal.[2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13]

As fases clínicas da febre hemorráxica de Marburgo descríbense a continuación, pero as fases poden solaparse debido á variabilidade entre casos.

  1. Incubación: 2–21 días, como media 5–9 días.
  2. Fase de xeneralización: dos días 1 ao 5 desde o comezo dos síntomas clínicos. Preséntase febre (~40˚C) e dor de cabeza forte e súpeto, acompañado de calafríos, fatiga, náusea, vómitos, diarrea, farinxite, erupcións maculopapulares, dor abdominal, conxuntivite e malestar xeral.
  3. Fase orgánica inicial ou temperá: dos días 5 ao 13. Os síntomas inclúen a prostración, dispnea, edema, inxección de sangue na conxuntiva, exantema viral e síntomas no sistema nervioso central como encefalite, confusión, delirio, apatía e agresión. Os síntomas hemorráxicos aparecen tipicamente máis tarde e anuncian o final da fase orgánica inicial, e van seguidas da recuperación do doente ou do seu empeoramento e morte. Os síntomas hemorráxicos inclúen sangue nas feces, equimoses, hemorraxias nos puntos que foron perforados por agullas hipodérmicas, hemorraxias viscerais e nas mucosas e posiblemente hematémese.
  4. Fase orgánica tardía: dos días 13 ao 21 ou máis. Os síntomas bifúrcanse en dous grupos diferentes para os superviventes e os casos mortais. Os superviventes entran na fase de convalecencia, e experimentan mialxia, fibromialxia, hepatite, astenia, síntomas oculares, e psicose. Ao contrario, os casos mortais continúan a deterioración, sufrindo febre continuada, obnubilación, coma, convulsións, coagulopatía difusa, trastornos metabólicos, shock e morte, a cal tipicamente ocorre entre os días 8 e 16.[14]

Causas

editar
Artigo principal: Marburgvirus.
Xénero Marburgvirus: especies e virus
Nome das especies Nome dos virus (Abreviación)
Marburg marburgvirus
(especie tipo)
Marburg virus (MARV; antes MBGV)
Ravn virus (RAVV; antes MARV-Ravn)

A enfermidade polo virus Marburg está causada por dous virus chamados virus Marburg (MARV) e virus Ravn (RAVV) clasificados na especie Marburg marburgvirus, xénero Marburgvirus, familia Filoviridae, orde Mononegavirales.

Os marburgvirus son endémicos de terras boscosas áridas de África ecuatorial.[15][16][17] A maioría das infeccións por marburgvirus foron repetidamente asociadas con persoas que visitaban covas naturais ou traballaban en minas. En 2009, illáronse MARV e RAVV infecciosos de morcegos da froita exipcios da especie Rousettus aegyptiacus capturados en covas.[18] Este illamento suxire fortemente que os morcegos da froita do Vello Mundo están implicados no mantemento natural dos marburgvirus e que a visita de covas ou minas onde viven morcegos é un factor de risco para as infeccións por marburgvirus. Son necesarios máis estudos para establecer con seguridade se os morcegos Rousettus aegyptiacus son os hóspedes reais ou se son só hóspedes intermedios que foron infectados por outros animais. Outro factor de risco é o contacto con primates non humanos, aínda que só un gromo desta febre hemorráxica (o de 1967) se debeu ao contacto con monos infectados.[1] Finalmente, outro importante factor de risco é o contacto sen protección con pacientes que teñan a enfermidade, polo que os traballadores sanitarios deben usar un equipamento protector persoal axeitado.

A diferenza do que ocorre coa enfermidade polo virus Ebola, que foi asociada con períodos de fortes precipitacións despois de períodos longos de seca,[16][19] os factores que inician o espallamento dos marburgvirus nas poboacións humanas non están descritos aínda.

Diagnose

editar

A enfermidade polo virus Marburg é clinicamente indistinguible da enfermidade polo virus Ebola, e ademais pode confundirse doadamente con moitas outras doenzas frecuentes en África ecuatorial, como poden ser outras febres hemorráxicas virais, malaria falciparum, febre tifoide, shigellose, enfermidades rickettsiais como o tifo, cólera, septicemias por bacterias gramnegativas, borrelioses como a febre recorrente ou a enterite por cepas de Escherichia coli produtoras de verotoxina. Outras doenzas infecciosas que deberían incluírse nunha diagnose diferencial son a leptospirose, febre de Tsutsugamushi, peste bubónica, febre Q, candidiase, histoplasmose, tripanosomíase, leishmaníase visceral, varíola hemorráxica, sarampelo e hepatite viral. Enfermidades non infecciosas que se poden confundir coa enfermidade polo virus Marburg son a leucemia promielocítica aguda, síndrome urémica hemolítica, envelenamentos por picadas de serpes, deficiencias de factores de coagulación/trastornos plaquetarios, púrpura trombocitopénica trombótica, telanxiectasia hemorráxica hereditaria, enfermidade de Kawasaki, e mesmo intoxicación por warfarina.[20][21][22][23] O indicador máis importante que pode levar a sospeitar que un paciente ten a enfermidade polo virus Marburg é o seu historial, especialmente o seu historial de viaxes e o ocupacional (países que visitou, se estivo en covas) e a exposición do paciente á vida salvaxe (exposición a morcegos ou excrementos de morcegos). A enfermidade polo virus Marburg pode confirmarse illando os marburgvirus ou detectando os seus antíxenos ou ARNs xenómicos ou subxenómicos en mostras de soro sanguíneo dos pacientes durante a fase aguda da doenza. O illamento dos marburgvirus realízase xeralmente inoculándoos en células da liña celular Vero E6 epitelial renal de monos Chlorocebus aethiops ou en cultivos celulares MA-104 ou por inoculación de células SW-13 de carcinoma adrenal huimano, todas as cales reaccionan á infección con característicos efectos citopáticos.[24][25] Os filovirións poden visualizarse doadamente e identificarse en cultivos celulares por microscopia electrónica debido á súa característica forma filamentosa, pero o microscopio electrónico non pode diferenciar entre os distintos filovirus, a pesar que haxa entre eles pequenas diferenzas en tamaño.[26] Utilízanse ensaios de inmunofluorescencia para confirmar a presenza de marburgvirus nos cultivos celulares. Durante un gromo, o illamento do virus e a microscopía electrónica con frecuencia non son factibles. Os métodos de diagnóstico máis comúns son nese caso o uso da RT-PCR[27][28][29][30][31] xunto coa captura de antíxenos por ELISA,[32][33][34] que pode realizarse no campo en hospitais móbiles e en laboratorios. Non se utilizan xa os ensaios de inmunofluorescencia indirecta nas análises no campo.

Prevención

editar

Actualmente non hai vacinas aprobadas contra a enfermidade polo virus Marburg. Desenvolvéronse e probáronse varias vacinas en modelos animais.[35][36][37][38][39][40][41] Delas as que teñen mellores perspectivas de funcionar son as vacinas de ADN[42] e as baseadas en replicóns do virus da encefalite equina venezolana,[38] virus Indiana da estomatite vesicular (VSIV)[40][43] ou en partículas similares a filovirus (VLPs)[41], xa que todos estes candidatos puideron protexer a primates non humanos da enfermidade inducida polos marburgvirus. As vacinas de ADN iniciaron xa ensaios clínicos.[44] Os marburgvirus son moi infecciosos, pero non moi contaxiosos. Os marburgvirus non se transmiten por medio de aerosois durante os gromos naturais. Como non hai vacinas, a prevención depende principalmente da modificación de comportamentos, o uso de equipamento protector persoal axeitado e a esterilización/desinfección.

En zonas endémicas

editar

Aínda non se identificou de forma inequívoca o hóspede natural dos marburgvirus, pero o illamento de marburgvirus en morcegos e a asociación dos gromos con minas e covas nas que vivían morcegos suxire que son estes animais os implicados na transmisión, polo que se recomenda non visitar ese tipo de lugares sempre que sexa posible.

Durante os gromos

editar

Como os marburgvirus non se transmiten por aerosois, o mellor método de prevención durante os gromos é evitar o contacto directo coa pel dos pacientes, ou coas súas excrecións e fluídos corporais, ou con materiais e utensilios que estean posiblemente contaminados. Os pacientes deberían ser illados. O persoal médico debería de estar adestrado especificamente e aplicar técnicas de barreira estritas de enfermaría (máscaras faciais desbotables, luvas, lentes e batas en todo momento). Os rituais de enterramento tradicionais, especialmente os que requiren o embalsamemento dos corpos, deberían ser desaconsellados e modificados, idealmente coa axuda dos curandeiros tradicionais locais.[45]

No laboratorio

editar

Os marburgvirus son patóxenos do grupo de risco 4 da OMS, polo que hai que usar con eles bioseguridade de nivel 4.[46] Os investigadores de laboratorio deben estar debidamente adestrados nas prácticas dese nivel de bioseguridade e usar o equipamento persoal protector debido.

Tratamento

editar

Actualmente non hai un tratamento efectivo contra a enfermidade causada polos marburgvirus. O tratamento que se aplica é principalmente de mantemento e inclúe minimizar os procedementos invasivos, equilibrar os fluídos e electrólitos corporais para contrarrestar a deshidratación, administrar reguladores da coagulación axiña que empece a infección e previr ou controlar a coagulación intravascular diseminada, administrar procoagulantes nos períodos finais da infección para controlar as hemorraxias, manter os niveis de oxíxeno, tratar as dores, e administrar antibióticos ou antimicóticos para tratar infeccións secundarias.[47][48] Experimentalmente, o virus Indiana da estomatite vesicular (VSIV) recombinante que expresa a glicoproteína do MARV foi utilizado con éxito en modelos de primates non humanos como unha medida de profilaxe post-exposición.[49] Novas e prometedoras terapias experimentais están fundamentadas no uso de tecnoloxías antisentido: oligómeors fosforodiamidato morfolino (PMOs) que teñen como diana o xenoma do MARV, e que puideron previr a doenza en primates non humanos.[50]

Prognóstico

editar

A prognose é xeralmente mala, xa que a taxa de mortalidade de todos os gromos de enfermidade polo virus Marburg ata agora é do 59%. Se un paciente sobrevive, a recuperación pode ser rápida e completa, ou prolongarse con secuelas como orquite, hepatite, uveíte, parotite, descamación ou alopecia. O MARV pode persistir nalgúns superviventes e pode ser reactivado e causar unha repunta secundaria ou transmitirse polo esperma, causando casos secundarios de infección e enfermidade.[12][51][52][53]

Algúns gromos son especialmente virulentos. Por exemplo, das 252 persoas que contraeron o virus Marburg durante o gromo de 2004–2005 dun serotipo especialmente virulento en Angola, 227 faleceron, o que dá unha taxa de mortalidade do 90%.[54] Pero normalmente a mortalidade non é tan elevada.

Aínda que todos os grupos de idade son susceptibles de infección, os nenos raramente se infectan. Na epidemia do Congo de 1998–2000, só o 8% dos casos eran nenos de menos de 5 anos.[55]

Epidemioloxía

editar
Gromos de enfermidade polo virus Marburg debidas á infección polos marburgvirus
Ano Localización xeográfica Mortes humanas/Casos (taxa de mortalidade)
1967 Marburgo e Frankfurt en Alemaña Occidental (hoxe Alemaña), e Belgrado, Iugoslavia (hoxe en Serbia) 7/31 (23%)[1][3][4][56][57][58][59][60]
1975 Rhodesia (hoxe Zimbabwe) e Johannesburgo, Suráfrica 1/3 (33%)[10][61][62]
1980 Kenya 1/2 (50%)[63]
1987 Kenya 1/1 (100%)[64][65]
1988 Koltsovo, Unión Soviética (hoxe Rusia) 1/1 (100%) [accidente de laboratorio][66]
1990 Koltsovo, Unión Soviética 0/1 (0%) [accidente de laboratorio][12]
1998–2000 Durba e Watsa, República Democrática do Congo ? (Houbo 154 casos e 128 mortes cunha taxa de mortalidade do 83%, pero o gromo debeuse á coinfección dos dous marburgvirus, o virus Marburg e o Ravn, e non se publicou o número de casos correspondentes a cada un deles.[2][67][68])
2004–2005 Angola 227/252 (90%)[13][69][70][71][72][73][74]
2007 Uganda 1/3 (33%)[18][75]
2008 Uganda, Países Baixos 1/1 (100%)[76]
2012 Uganda 9/18 (50%)[77]

Gromo de 1967

editar

A enfermidade polo virus Marburg foi documentada por primeira vez en 1967 cando enfermaron 31 persoas nas cidades de Alemaña Occidental de Marburgo e Frankfurt, e en Belgrado, Iugoslavia (hoxe en Serbia). O gromo produciu 25 infeccións primarias por MARV e sete mortes, aos que se engadiron outros seis casos secundarios non letais. O gromo rastreouse ata monos infectados da especie Chlorocebus aethiops, que foran importados desde un lugar non divulgado de Uganda e estaban a ser utilizados para o desenvolvemento de vacinas contra a poliomielite nos laboratorios da compañía Behringwerke de Marburgo, propiedade daquela de Hoechst, e que foran orixinalmente dedicados a producir soros contra o tétano e a difteria. As infeccións primarias ocorreron entre o persoal do laboratorio de Behringwerke mentres traballaban con tecidos ou cultivos celulares dos monos sen utilizar un equipamento protector persoal adecuado. Os casos secundarios afectaron a dous médicos e unha enfermeira, un auxiliar post-mortem e a esposa dun veterinario. Todos os caso secundarios tiveran un contacto directo, xeralmente co sangue, con algún dos casos primarios. Os dous médicos infectáranse por causa de picadas accidentais na pel con agullas cando extraían sangue de pacientes.[57][58][59][60][78]

Casos de 1975

editar

En 1975, foi infectado polo MARV un turista australiano que estaba en Rhodesia (hoxe Zimbabwe). Foi levado a un hospital de Johannesburgo, Suráfrica, onde morreu. A súa noiva e unha das enfermeiras que o atenderon tamén se infectaron co MVD, pero sobreviviron.[10][61][62]

Casos de 1980

editar

Unha infección polo MARV ocorreu en Kenya en 1980. Un enxeñeiro eléctrico francés que traballaba nunha fábrica de azucre de Nzoia (preto de Bungoma) na base do Monte Elgon (onde está a cova Kitum), foi infectado por causas descoñecidas e morreu pouco despois no hospital de Nairobi. O médico que o atendeu contraeu tamén a enfermidade polo virus Marburg, pero sobreviviu.[63][79]

Caso de 1987

editar

En 1987, houbo un só caso letal por infección co MARV nun mozo danés de 15 anos que pasaba as súas vacacións en Kisumu, Kenya, e que visitara a cova Kitum do Monte Elgon antes de viaxar a Mombasa, onde empezou a desenvolver os síntomas. Morreu no hospital de Nairobi.[11][79]

Infección nun laboratorio en 1988

editar

En 1988, un investigador infectouse el mesmo por accidente co MARV ao pincharse coa agulla dunha xiringa que fora utilizada para inocular coellos de Indias, e morreu. O accidente ocorreu na Asociación de Produción Científica "Vektor" da URSS (hoxe chamada Centro de Investigación Estatal de Viroloxía e Biotecnoloxía VECTOR de Rusia) en Koltsovo.[66] Publicouse moi pouca información sobre este caso porque os experimentos que realizaba o investigador eran clasificados.[80]

Infección nun laboratorio en 1990

editar

Outro accidente de laboratorio ocorreu tamén no mencionado centro de investigación "Vektor" da URSS, no cal un científico contraeu a enfermidade polo virus Marburg por causas descoñecidas.[12]

Gromo de 1998–2000

editar

Un gromo importante de enfermidade polo virus Marburg ocorreu entre mineiros de ouro ilegais que traballaban nos arredores da mina Goroumbwa en Durba e Watsa, na República Democrática do Congo e que durou desde 1998 a 2000. No gromo cocircularon o MARV e o RAVV causando 154 casos de febre hemorráxica e 128 mortes. O gromo acabou cando se inundou a mina.[2][67][68]

Gromo de 2004–2005

editar

A inicios de 2005, a OMS empezou a investigar un gromo de febre hemorráxica viral en Angola, que estaba centrado na provincia de Uíge do nordeste do país pero tamén afectou a outras provincias. O goberno de Angola pediu axuda internacional, pola escaseza de médicos e de material de protección axeitado, no hospital provincial inicialmente afectado non tiñan electricidade nin auga, as infraestruturas viarias estaban en pésimo estado despois de moitos anos de guerra civil, e o terreo estaba minado. Nun hospital de Luanda instalouse unha unidade de illamento para tratar ás persoas infectadas traídas das provincias, pero, como a enfermidade tiña con gran frecuencia o resultado de morte, algunhas persoas vían aos hospitais e médicos con desconfianza e tratáronos con hostilidade. Por exemplo, as instalacións de illamento especialmente equipadas que se montaron no hospital provincial de Uíge, no centro do gromo, estiveron baleiras durante boa parte da epidemia, porque os doentes non acudían. A OMS viuse forzada a aplicar o que se chamou "estratexia de redución de danos", que consistía en distribuír desinfectantes entre as familias afectadas que non querían ir ao hospital. Como consecuencia de toda esta situación, das 252 persoas que contraeron a doenza, morreron 227.[13][69][70][71][72][73][74]

Casos de 2007

editar

En 2007, catro mineiros infectáronse con marburgvirus no distrito de Kamwenge, Uganda. O primeiro caso apareceu en xullo de 2007 e morreu poucos días despois da súa hospitalización. Comprobouse que o home falecido tivera estreito contacto con dous colegas, que experimentaran síntomas da infección antes do comezo do gromo. Eses dous homes foran ingresados nun hospital en xuño e sobreviviran, e probouse que a infección se debía ao MARV. Unha cuarta persoa desenvolveu síntomas en setembro e comprobouse que estaba infectado co RAVV, e tamén sobreviviu.[18][75]

Casos de 2008

editar

En xullo de 2008, o Instituto Nacional dos Países Baixos para a Saúde Pública e Medio Ambiente informou que unha muller holandesa, que visitara a cova Python no Bosque de Maramagambo en Uganda durante as súas vacacións padecía a enfermidade polo virus Marburg por infección co MARV, e fora ingresada nun hospital holandés. A muller morreu no hospìtal de Leiden ese mesmo mes. O ministro de Sanidade de Uganda pechou esa cova despois deste caso.[76] En xaneiro dese ano un médico de enfermidades infecciosas notificou ao departamento de Saúde Pública e Medio Ambiente de Colorado, EUA, que unha muller norteamericana que volvera de Uganda fora hospitalizada por causa dunha febre de orixe descoñecida, pero naquel momento as probas deran negativo para a febre hemorráxica viral, e a muller fora dada de alta. Pero despois da morte da paciente holandesa e do descubrimento de que a muller estadounidense tamén visitara a cova Python, fixéronse análises máis completas, que demostraron que tiña anticorpos contra o MARV e ARN de MARV.[81]

  1. 1,0 1,1 1,2 Siegert, R.; Shu, H. L.; Slenczka, W.; Peters, D.; Müller, G. (2009). "Zur Ätiologie einer unbekannten, von Affen ausgegangenen menschlichen Infektionskrankheit". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 92 (51): 2341–2343. doi:10.1055/s-0028-1106144. PMID 4294540.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Bausch, D. G.; Nichol, S. T.; Muyembe-Tamfum, J. J.; Borchert, M.; Rollin, P. E.; Sleurs, H.; Campbell, P.; Tshioko, F. K.; Roth, C.; Colebunders, R.; Pirard, P.; Mardel, S.; Olinda, L. A.; Zeller, H.; Tshomba, A.; Kulidri, A.; Libande, M. L.; Mulangu, S.; Formenty, P.; Grein, T.; Leirs, H.; Braack, L.; Ksiazek, T.; Zaki, S.; Bowen, M. D.; Smit, S. B.; Leman, P. A.; Burt, F. J.; Kemp, A.; Swanepoel, R. (2006). "Marburg Hemorrhagic Fever Associated with Multiple Genetic Lineages of Virus". New England Journal of Medicine 355 (9): 909–919. doi:10.1056/NEJMoa051465. PMID 16943403.
  3. 3,0 3,1 Martini, G. A.; Knauff, H. G.; Schmidt, H. A.; Mayer, G.; Baltzer, G. (2009). "Über eine bisher unbekannte, von Affen eingeschleppte Infektionskrankheit: Marburg-Virus-Krankheit". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 559–571. doi:10.1055/s-0028-1105098. PMID 4966280.
  4. 4,0 4,1 Stille, W.; Böhle, E.; Helm, E.; Van Rey, W.; Siede, W. (2009). "Über eine durch Cercopithecus aethiops übertragene Infektionskrankheit". DMW – Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 572–582. doi:10.1055/s-0028-1105099. PMID 4966281.
  5. Martini, G. A. (1971). "Marburg Virus Disease. Clinical Syndrome". En Martini, G. A.; Siegert, R. Marburg Virus Disease. Berlin, Germany: Springer-Verlag. pp. 1–9. ISBN 978-0-387-05199-4. 
  6. Todorovitch, K.; Mocitch, M.; Klašnja, R. (1971). "Clinical Picture of Two Patients Infected by the Marburg Vervet Virus". En Martini, G. A.; Siegert, R. Marburg Virus Disease. Berlin, Germany: Springer-Verlag. pp. 19–23. ISBN 978-0-387-05199-4. 
  7. Egbring, R.; Slenczka, W.; Baltzer, G. (1971). "Clinical Manifestations and Mechanisms of the Haemorrhagic Diathesis in Marburg Virus Disease". En Martini, G. A.; Siegert, R. Marburg Virus Disease. Berlin, Germany: Springer-Verlag. pp. 41–9. ISBN 978-0-387-05199-4. 
  8. Havemann, K.; Schmidt, H. A. (1971). "Haematological Findings in Marburg Virus Disease: Evidence for Involvement of the Immunological System". En Martini, G. A.; Siegert, R. Marburg Virus Disease. Berlin, Germany: Springer-Verlag. pp. 34–40. ISBN 978-0-387-05199-4. 
  9. Stille, W.; Böhle, E. (1971). "Clinical Course and Prognosis of Marburg Virus ("Green Monkey") Disease". En Martini, G. A.; Siegert, R. Marburg Virus Disease. Berlin, Germany: Springer-Verlag. pp. 10–18. ISBN 978-0-387-05199-4. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Gear, J. S.; Cassel, G. A.; Gear, A. J.; Trappler, B.; Clausen, L.; Meyers, A. M.; Kew, M. C.; Bothwell, T. H.; Sher, R.; Miller, G. B.; Schneider, J.; Koornhof, H. J.; Gomperts, E. D.; Isaäcson, M.; Gear, J. H. (1975). "Outbreake of Marburg virus disease in Johannesburg". British Medical Journal 4 (5995): 489–493. doi:10.1136/bmj.4.5995.489. PMC 1675587. PMID 811315.
  11. 11,0 11,1 Johnson, E. D.; Johnson, B. K.; Silverstein, D.; Tukei, P.; Geisbert, T. W.; Sanchez, A. N.; Jahrling, P. B. (1996). "Characterization of a new Marburg virus isolated from a 1987 fatal case in Kenya". Archives of virology. Supplementum 11: 101–114. PMID 8800792.
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 Nikiforov, V. V.; Turovskiĭ, I.; Kalinin, P. P.; Akinfeeva, L. A.; Katkova, L. R.; Barmin, V. S.; Riabchikova, E. I.; Popkova, N. I.; Shestopalov, A. M.; Nazarov, V. P. (1994). "A case of a laboratory infection with Marburg fever". Zhurnal mikrobiologii, epidemiologii, i immunobiologii (3): 104–106. PMID 7941853.
  13. 13,0 13,1 13,2 Roddy, P.; Thomas, S. L.; Jeffs, B.; Nascimento Folo, P.; Pablo Palma, P.; Moco Henrique, B.; Villa, L.; Damiao Machado, F. P.; Bernal, O.; Jones, S. M.; Strong, J. E.; Feldmann, H.; Borchert, M. (2010). "Factors Associated with Marburg Hemorrhagic Fever: Analysis of Patient Data from Uige, Angola". The Journal of Infectious Diseases 201 (12): 1909–1918. doi:10.1086/652748. PMC 3407405. PMID 20441515.
  14. Mehedi, Masfique; Allison Groseth; Heinz Feldmann; Hideki Ebihara (September 2011). "Clinical aspects of Marburg hemorrhagic fever". Future Virol. 9 (9): 1091–1106. doi:10.2217/fvl.11.79. 
  15. Peterson, A. T.; Bauer, J. T.; Mills, J. N. (2004). "Ecologic and Geographic Distribution of Filovirus Disease". Emerging Infectious Diseases 10 (1): 40–47. doi:10.3201/eid1001.030125. PMC 3322747. PMID 15078595.
  16. 16,0 16,1 Pinzon, E.; Wilson, J. M.; Tucker, C. J. (2005). "Climate-based health monitoring systems for eco-climatic conditions associated with infectious diseases". Bulletin de la Societe de pathologie exotique (1990) 98 (3): 239–243. PMID 16267968.
  17. Peterson, A. T.; Lash, R. R.; Carroll, D. S.; Johnson, K. M. (2006). "Geographic potential for outbreaks of Marburg hemorrhagic fever". The American journal of tropical medicine and hygiene 75 (1): 9–15. PMID 16837700.
  18. 18,0 18,1 18,2 Towner, J. S.; Amman, B. R.; Sealy, T. K.; Carroll, S. A. R.; Comer, J. A.; Kemp, A.; Swanepoel, R.; Paddock, C. D.; Balinandi, S.; Khristova, M. L.; Formenty, P. B.; Albarino, C. G.; Miller, D. M.; Reed, Z. D.; Kayiwa, J. T.; Mills, J. N.; Cannon, D. L.; Greer, P. W.; Byaruhanga, E.; Farnon, E. C.; Atimnedi, P.; Okware, S.; Katongole-Mbidde, E.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Zaki, S. R.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2009). "Isolation of Genetically Diverse Marburg Viruses from Egyptian Fruit Bats". In Fouchier, Ron A. M. PLoS Pathogens 5 (7): e1000536. doi:10.1371/journal.ppat.1000536. PMC 2713404. PMID 19649327.
  19. Tucker, C. J.; Wilson, J. M.; Mahoney, R.; Anyamba, A.; Linthicum, K.; Myers, M. F. (2002). "Climatic and Ecological Context of the 1994–1996 Ebola Outbreaks". Photogrammetric Engineering and Remote Sensing 68 (2): 144–52. 
  20. Gear, J. H. (1989). "Clinical aspects of African viral hemorrhagic fevers". Reviews of infectious diseases. 11 Suppl 4: S777–S782. PMID 2665013.
  21. Gear, J. H.; Ryan, J.; Rossouw, E. (1978). "A consideration of the diagnosis of dangerous infectious fevers in South Africa". South African medical journal = Suid-Afrikaanse tydskrif vir geneeskunde 53 (7): 235–237. PMID 565951.
  22. Grolla, A.; Lucht, A.; Dick, D.; Strong, J. E.; Feldmann, H. (2005). "Laboratory diagnosis of Ebola and Marburg hemorrhagic fever". Bulletin de la Societe de pathologie exotique (1990) 98 (3): 205–209. PMID 16267962.
  23. Bogomolov, B. P. (1998). "Differential diagnosis of infectious diseases with hemorrhagic syndrome". Terapevticheskii arkhiv 70 (4): 63–68. PMID 9612907.
  24. Hofmann, H.; Kunz, C. (1968). ""Marburg virus" (Vervet monkey disease agent) in tissue cultures". Zentralblatt fur Bakteriologie, Parasitenkunde, Infektionskrankheiten und Hygiene. 1. Abt. Medizinisch-hygienische Bakteriologie, Virusforschung und Parasitologie. Originale 208 (1): 344–347. PMID 4988544.
  25. Ksiazek, Thomas G. (1991). "Laboratory diagnosis of filovirus infections in nonhuman primates". Lab Animal 20 (7): 34–6. 
  26. Geisbert, T. W.; Jahrling, P. B. (1995). "Differentiation of filoviruses by electron microscopy". Virus research 39 (2–3): 129–150. doi:10.1016/0168-1702(95)00080-1. PMID 8837880.
  27. Gibb, T.; Norwood Jr, D. A.; Woollen, N.; Henchal, E. A. (2001). "Development and evaluation of a fluorogenic 5′-nuclease assay to identify Marburg virus". Molecular and Cellular Probes 15 (5): 259–266. doi:10.1006/mcpr.2001.0369. PMID 11735297.
  28. Drosten, C.; Göttig, S.; Schilling, S.; Asper, M.; Panning, M.; Schmitz, H.; Günther, S. (2002). "Rapid Detection and Quantification of RNA of Ebola and Marburg Viruses, Lassa Virus, Crimean-Congo Hemorrhagic Fever Virus, Rift Valley Fever Virus, Dengue Virus, and Yellow Fever Virus by Real-Time Reverse Transcription-PCR". Journal of clinical microbiology 40 (7): 2323–2330. doi:10.1128/jcm.40.7.2323-2330.2002. PMC 120575. PMID 12089242.
  29. { Weidmann, M.; Mühlberger, E.; Hufert, F. T. (2004). "Rapid detection protocol for filoviruses". Journal of Clinical Virology 30 (1): 94–99. doi:10.1016/j.jcv.2003.09.004. PMID 15072761.
  30. Zhai, J.; Palacios, G.; Towner, J. S.; Jabado, O.; Kapoor, V.; Venter, M.; Grolla, A.; Briese, T.; Paweska, J.; Swanepoel, R.; Feldmann, H.; Nichol, S. T.; Lipkin, W. I. (2006). "Rapid Molecular Strategy for Filovirus Detection and Characterization". Journal of Clinical Microbiology 45 (1): 224–226. doi:10.1128/JCM.01893-06. PMC 1828965. PMID 17079496.
  31. Weidmann, M.; Hufert, F. T.; Sall, A. A. (2007). "Viral load among patients infected with Marburgvirus in Angola". Journal of Clinical Virology 39 (1): 65–66. doi:10.1016/j.jcv.2006.12.023. PMID 17360231.
  32. Saijo, M.; Niikura, M.; Maeda, A.; Sata, T.; Kurata, T.; Kurane, I.; Morikawa, S. (2005). "Characterization of monoclonal antibodies to Marburg virus nucleoprotein (NP) that can be used for NP-capture enzyme-linked immunosorbent assay". Journal of Medical Virology 76 (1): 111–118. doi:10.1002/jmv.20332. PMID 15778962.
  33. Saijo, M.; Niikura, M.; Ikegami, T.; Kurane, I.; Kurata, T.; Morikawa, S. (2006). "Laboratory Diagnostic Systems for Ebola and Marburg Hemorrhagic Fevers Developed with Recombinant Proteins". Clinical and Vaccine Immunology 13 (4): 444–451. doi:10.1128/CVI.13.4.444-451.2006. PMC 1459631. PMID 16603611.
  34. Saijo, M.; Georges-Courbot, M. C.; Fukushi, S.; Mizutani, T.; Philippe, M.; Georges, A. J.; Kurane, I.; Morikawa, S. (2006). "Marburgvirus nucleoprotein-capture enzyme-linked immunosorbent assay using monoclonal antibodies to recombinant nucleoprotein: Detection of authentic Marburgvirus". Japanese journal of infectious diseases 59 (5): 323–325. PMID 17060700.
  35. Warfield, K. L.; Swenson, D. L.; Negley, D. L.; Schmaljohn, A. L.; Aman, M. J.; Bavari, S. (2004). "Marburg virus-like particles protect guinea pigs from lethal Marburg virus infection". Vaccine 22 (25–26): 3495–3502. doi:10.1016/j.vaccine.2004.01.063. PMID 15308377.
  36. Hevey, M.; Negley, D.; Vanderzanden, L.; Tammariello, R. F.; Geisbert, J.; Schmaljohn, C.; Smith, J. F.; Jahrling, P. B.; Schmaljohn, A. L. (2001). "Marburg virus vaccines: Comparing classical and new approaches". Vaccine 20 (3–4): 586–593. doi:10.1016/S0264-410X(01)00353-X. PMID 11672925.
  37. Wang, D.; Hevey, M.; Juompan, L. Y.; Trubey, C. M.; Raja, N. U.; Deitz, S. B.; Woraratanadharm, J.; Luo, M.; Yu, H.; Swain, B. M.; Moore, K. M.; Dong, J. Y. (2006). "Complex adenovirus-vectored vaccine protects guinea pigs from three strains of Marburg virus challenges". Virology 353 (2): 324–332. doi:10.1016/j.virol.2006.05.033. PMID 16820184.
  38. 38,0 38,1 Hevey, M.; Negley, D.; Pushko, P.; Smith, J.; Schmaljohn, A. (Nov 1998). "Marburg virus vaccines based upon alphavirus replicons protect guinea pigs and nonhuman primates". Virology 251 (1): 28–37. doi:10.1006/viro.1998.9367. ISSN 0042-6822. PMID 9813200.
  39. Garbutt, M.; Liebscher, R.; Wahl-Jensen, V.; Jones, S.; Möller, P.; Wagner, R.; Volchkov, V.; Klenk, H. D.; Feldmann, H.; Ströher, U. (2004). "Properties of Replication-Competent Vesicular Stomatitis Virus Vectors Expressing Glycoproteins of Filoviruses and Arenaviruses". Journal of Virology 78 (10): 5458–5465. doi:10.1128/JVI.78.10.5458-5465.2004. PMC 400370. PMID 15113924.
  40. 40,0 40,1 Daddario-Dicaprio, K. M.; Geisbert, T. W.; Geisbert, J. B.; Ströher, U.; Hensley, L. E.; Grolla, A.; Fritz, E. A.; Feldmann, F.; Feldmann, H.; Jones, S. M. (2006). "Cross-Protection against Marburg Virus Strains by Using a Live, Attenuated Recombinant Vaccine". Journal of Virology 80 (19): 9659–9666. doi:10.1128/JVI.00959-06. PMC 1617222. PMID 16973570.
  41. 41,0 41,1 Swenson, D. L.; Warfield, K. L.; Larsen, T.; Alves, D. A.; Coberley, S. S.; Bavari, S. (2008). "Monovalent virus-like particle vaccine protects guinea pigs and nonhuman primates against infection with multiple Marburg viruses". Expert Review of Vaccines 7 (4): 417–429. doi:10.1586/14760584.7.4.417. PMID 18444889.
  42. Riemenschneider, J.; Garrison, A.; Geisbert, J.; Jahrling, P.; Hevey, M.; Negley, D.; Schmaljohn, A.; Lee, J.; Hart, M. K.; Vanderzanden, L.; Custer, D.; Bray, M.; Ruff, A.; Ivins, B.; Bassett, A.; Rossi, C.; Schmaljohn, C. (2003). "Comparison of individual and combination DNA vaccines for B. Anthracis, Ebola virus, Marburg virus and Venezuelan equine encephalitis virus". Vaccine 21 (25–26): 4071–4080. doi:10.1016/S0264-410X(03)00362-1. PMID 12922144.
  43. Jones, M.; Feldmann, H.; Ströher, U.; Geisbert, J. B.; Fernando, L.; Grolla, A.; Klenk, H. D.; Sullivan, N. J.; Volchkov, V. E.; Fritz, E. A.; Daddario, K. M.; Hensley, L. E.; Jahrling, P. B.; Geisbert, T. W. (2005). "Live attenuated recombinant vaccine protects nonhuman primates against Ebola and Marburg viruses". Nature Medicine 11 (7): 786–790. doi:10.1038/nm1258. PMID 15937495.
  44. "Ebola/Marburg Vaccine Development" (Press release). National Institute of Allergy and Infectious Diseases. 2008-09-15. [1] Arquivado 06 de marzo de 2010 en Wayback Machine.
  45. Centers for Disease Control and Prevention and World Health Organization (1998). Infection Control for Viral Haemorrhagic Fevers in the African Health Care Setting (PDF). Atlanta, Georgia, USA: Centers for Disease Control and Prevention. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de maio de 2009. Consultado o 2009-05-31. 
  46. US Department of Health and Human Services. "Biosafety in Microbiological and Biomedical Laboratories (BMBL) 5th Edition". Consultado o 2011-10-16. 
  47. Bausch, D. G.; Feldmann, H.; Geisbert, T. W.; Bray, M.; Sprecher, A. G.; Boumandouki, P.; Rollin, P. E.; Roth, C.; Winnipeg Filovirus Clinical Working Group (2007). "Outbreaks of Filovirus Hemorrhagic Fever: Time to Refocus on the Patient". The Journal of Infectious Diseases 196: S136–S141. doi:10.1086/520542. PMID 17940941.
  48. Jeffs, B. (2006). "A clinical guide to viral haemorrhagic fevers: Ebola, Marburg and Lassa". Tropical Doctor 36 (1): 1–4. doi:10.1258/004947506775598914. PMID 16483416.
  49. Daddario-Dicaprio, K. M.; Geisbert, T. W.; Ströher, U.; Geisbert, J. B.; Grolla, A.; Fritz, E. A.; Fernando, L.; Kagan, E.; Jahrling, P. B.; Hensley, L. E.; Jones, S. M.; Feldmann, H. (2006). "Postexposure protection against Marburg haemorrhagic fever with recombinant vesicular stomatitis virus vectors in non-human primates: An efficacy assessment". The Lancet 367 (9520): 1399–1404. doi:10.1016/S0140-6736(06)68546-2. PMID 16650649.
  50. Warren, T. K.; Warfield, K. L.; Wells, J.; Swenson, D. L.; Donner, K. S.; Van Tongeren, S. A.; Garza, N. L.; Dong, L.; Mourich, D. V.; Crumley, S.; Nichols, D. K.; Iversen, P. L.; Bavari, S. (2010). "Advanced antisense therapies for postexposure protection against lethal filovirus infections". Nature Medicine 16 (9): 991–994. doi:10.1038/nm.2202. PMID 20729866.
  51. Martini, G. A.; Schmidt, H. A. (1968). "Spermatogenic transmission of the "Marburg virus". (Causes of "Marburg simian disease")". Klinische Wochenschrift 46 (7): 398–400. doi:10.1007/bf01734141. PMID 4971902.
  52. Siegert, R.; Shu, H. -L.; Slenczka, W. (2009). "Nachweis des "Marburg-Virus" beim Patienten". DMW - Deutsche Medizinische Wochenschrift 93 (12): 616–619. doi:10.1055/s-0028-1105105. PMID 4966286.
  53. Kuming, B. S.; Kokoris, N. (1977). "Uveal involvement in Marburg virus disease". The British journal of ophthalmology 61 (4): 265–266. doi:10.1136/bjo.61.4.265. PMC 1042937. PMID 557985.
  54. "Known Cases and Outbreaks of Marburg Hemorrhagic Fever, in Chronological Order". Centers for Disease Control and Prevention. July 31, 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 2 September 2011. 
  55. "Marburg haemorrhagic fever". Health Topics A to Z. Consultado o 2011-09-25. 
  56. Smith, C. E.; Simpson, D. I.; Bowen, E. T.; Zlotnik, I. (1967). "Fatal human disease from vervet monkeys". Lancet 2 (7526): 1119–1121. PMID 4168558.
  57. 57,0 57,1 Kissling, R. E.; Robinson, R. Q.; Murphy, F. A.; Whitfield, S. G. (1968). "Agent of disease contracted from green monkeys". Science 160 (830): 888–890. doi:10.1126/science.160.3830.888. PMID 4296724.
  58. 58,0 58,1 Bonin, O. (1969). "The Cercopithecus monkey disease in Marburg and Frankfurt (Main), 1967". Acta zoologica et pathologica Antverpiensia 48: 319–331. PMID 5005859.
  59. 59,0 59,1 Jacob, H.; Solcher, H. (1968). "An infectious disease transmitted by Cercopithecus aethiops ("marbury disease") with glial nodule encephalitis". Acta Neuropathologica 11 (1): 29–44. PMID 5748997.
  60. 60,0 60,1 Stojkovic, L.; Bordjoski, M.; Gligic, A.; Stefanovic, Z. (1971). "Two Cases of Cercopithecus-Monkeys-Associated Haemorrhagic Fever". En Martini, G. A.; Siegert, R. Marburg Virus Disease. Berlin, Germany: Springer-Verlag. pp. 24–33. ISBN 978-0-387-05199-4. 
  61. 61,0 61,1 Gear, J. H. (1977). "Haemorrhagic fevers of Africa: An account of two recent outbreaks". Journal of the South African Veterinary Association 48 (1): 5–8. PMID 406394.
  62. 62,0 62,1 Conrad, J. L.; Isaacson, M.; Smith, E. B.; Wulff, H.; Crees, M.; Geldenhuys, P.; Johnston, J. (1978). "Epidemiologic investigation of Marburg virus disease, Southern Africa, 1975". The American journal of tropical medicine and hygiene 27 (6): 1210–1215. PMID 569445.
  63. 63,0 63,1 Smith, D. H.; Johnson, B. K.; Isaacson, M.; Swanapoel, R.; Johnson, K. M.; Killey, M.; Bagshawe, A.; Siongok, T.; Keruga, W. K. (1982). "Marburg-virus disease in Kenya". Lancet 1 (8276): 816–820. doi:10.1016/S0140-6736(82)91871-2. PMID 6122054.
  64. Marburg and Ebola viruses; Advances in Virus Research; Volume 47, 1996, Pages 1–52
  65. Known Cases and Outbreaks of Marburg Hemorrhagic Fever, in Chronological Order
  66. 66,0 66,1 Beer, B.; Kurth, R.; Bukreyev, A. (1999). "Characteristics of Filoviridae: Marburg and Ebola viruses". Die Naturwissenschaften 86 (1): 8–17. doi:10.1007/s001140050562. PMID 10024977.
  67. 67,0 67,1 Bertherat, E.; Talarmin, A.; Zeller, H. (1999). "Democratic Republic of the Congo: Between civil war and the Marburg virus. International Committee of Technical and Scientific Coordination of the Durba Epidemic". Medecine tropicale : revue du Corps de sante colonial 59 (2): 201–204. PMID 10546197.
  68. 68,0 68,1 Bausch, D. G.; Borchert, M.; Grein, T.; Roth, C.; Swanepoel, R.; Libande, M. L.; Talarmin, A.; Bertherat, E.; Muyembe-Tamfum, J. J.; Tugume, B.; Colebunders, R.; Kondé, K. M.; Pirad, P.; Olinda, L. L.; Rodier, G. R.; Campbell, P.; Tomori, O.; Ksiazek, T. G.; Rollin, P. E. (2003). "Risk Factors for Marburg Hemorrhagic Fever, Democratic Republic of the Congo". Emerging Infectious Diseases 9 (12): 1531–1537. doi:10.3201/eid0912.030355. PMC 3034318. PMID 14720391.
  69. 69,0 69,1 Hovette, P. (2005). "Epidemic of Marburg hemorrhagic fever in Angola". Medecine tropicale : revue du Corps de sante colonial 65 (2): 127–128. PMID 16038348.
  70. 70,0 70,1 Ndayimirije, N.; Kindhauser, M. K. (2005). "Marburg Hemorrhagic Fever in Angola — Fighting Fear and a Lethal Pathogen". New England Journal of Medicine 352 (21): 2155–2157. doi:10.1056/NEJMp058115. PMID 15917379.
  71. 71,0 71,1 Towner, J. S.; Khristova, M. L.; Sealy, T. K.; Vincent, M. J.; Erickson, B. R.; Bawiec, D. A.; Hartman, A. L.; Comer, J. A.; Zaki, S. R.; Ströher, U.; Gomes Da Silva, F.; Del Castillo, F.; Rollin, P. E.; Ksiazek, T. G.; Nichol, S. T. (2006). "Marburgvirus Genomics and Association with a Large Hemorrhagic Fever Outbreak in Angola". Journal of Virology 80 (13): 6497–6516. doi:10.1128/JVI.00069-06. PMC 1488971. PMID 16775337.
  72. 72,0 72,1 Jeffs, B.; Roddy, P.; Weatherill, D.; De La Rosa, O.; Dorion, C.; Iscla, M.; Grovas, I.; Palma, P. P.; Villa, L.; Bernal, O.; Rodriguez-Martinez, J.; Barcelo, B.; Pou, D.; Borchert, M. (2007). "The Médecins Sans Frontières Intervention in the Marburg Hemorrhagic Fever Epidemic, Uige, Angola, 2005. I. Lessons Learned in the Hospital". The Journal of Infectious Diseases 196: S154–S161. doi:10.1086/520548. PMID 17940944.
  73. 73,0 73,1 Roddy, P.; Weatherill, D.; Jeffs, B.; Abaakouk, Z.; Dorion, C.; Rodriguez-Martinez, J.; Palma, P. P.; De La Rosa, O.; Villa, L.; Grovas, I.; Borchert, M. (2007). "The Médecins Sans Frontières Intervention in the Marburg Hemorrhagic Fever Epidemic, Uige, Angola, 2005. II. Lessons Learned in the Community". The Journal of Infectious Diseases 196: S162–S167. doi:10.1086/520544. PMID 17940945.
  74. 74,0 74,1 Roddy, P.; Marchiol, A.; Jeffs, B.; Palma, P. P.; Bernal, O.; De La Rosa, O.; Borchert, M. (2009). "Decreased peripheral health service utilisation during an outbreak of Marburg haemorrhagic fever, Uíge, Angola, 2005". Transactions of the Royal Society of Tropical Medicine and Hygiene 103 (2): 200–202. doi:10.1016/j.trstmh.2008.09.001. PMID 18838150.
  75. 75,0 75,1 Adjemian, J.; Farnon, E. C.; Tschioko, F.; Wamala, J. F.; Byaruhanga, E.; Bwire, G. S.; Kansiime, E.; Kagirita, A.; Ahimbisibwe, S.; Katunguka, F.; Jeffs, B.; Lutwama, J. J.; Downing, R.; Tappero, J. W.; Formenty, P.; Amman, B.; Manning, C.; Towner, J.; Nichol, S. T.; Rollin, P. E. (2011). "Outbreak of Marburg Hemorrhagic Fever Among Miners in Kamwenge and Ibanda Districts, Uganda, 2007". Journal of Infectious Diseases 204 (Suppl 3): S796–S799. doi:10.1093/infdis/jir312. PMC 3203392. PMID 21987753.
  76. 76,0 76,1 Timen, A.; Koopmans, M. P.; Vossen, A. C.; Van Doornum, G. J.; Günther, S.; Van Den Berkmortel, F.; Verduin, K. M.; Dittrich, S.; Emmerich, P.; Osterhaus, A. D. M. E.; Van Dissel, J. T.; Coutinho, R. A. (2009). "Response to Imported Case of Marburg Hemorrhagic Fever, the Netherlands". Emerging Infectious Diseases 15 (8): 1171–1175. doi:10.3201/eid1508.090015. PMC 2815969. PMID 19751577.
  77. "Marburg hemorrhagic fever outbreak continues in Uganda". October 2012. 
  78. Garrett, Laurie (1994). The Coming Plague: Newly Emerging Diseases in a World Out of Balance. New York, USA: Farrar, Straus & Giroux. ISBN 0-374-12646-1. 
  79. 79,0 79,1 Preston, Richard (1994). The Hot Zone – A Terrifying New Story. New York, USA: Random Hourse. ISBN 0-385-47956-5. 
  80. Alibek, Ken; Handelman, Steven (1999). Biohazard: The Chilling True Story of the Largest Covert Biological Weapons Program in the World—Told from Inside by the Man Who Ran It. New York, USA: Random House. ISBN 0-385-33496-6. 
  81. Centers for Disease Control and Prevention (CDC) (2009). "Imported case of Marburg hemorrhagic fever - Colorado, 2008". MMWR. Morbidity and mortality weekly report 58 (49): 1377–1381. PMID 20019654.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar