A orde Mononegavirales é unha orde de virus da clasificación do Comité Internacional de Taxonomía de Virus. Os seus membros chámanse mononegavirus. A orde comprende numerosos virus relacionados, os máis coñecidos dos cales son: virus Ebola, virus respiratorio sincicial humano, virus do sarampelo, virus das papeiras, virus Nipah, e virus da rabia. Todos estes virus causan enfermidades importantes no ser humano. Tamén son membros deste grupo moitos patóxenos importantes doutros animais e de plantas.

Uso do termo editar

A orde Mononegavirales é un taxon virolóxico creado en 1991[1][2] e emendado en 1995,[3] 1997,[4] 2000,[5] 2005,[6] e 2011.[7] O nome Mononegavirales deriva do grego μóνος [monos] (facendo alusión ao xenoma monocatenario non segmentado destes virus), e do latín negare, negar (referíndose a que teñen un xenoma de sentido negativo, é dicir, que non se pode traducir directmente), e a terminación virales propia das ordes taxonómicas de virus.[8] Segundo as regras de nomenclatura dos virus, Mononegavirales (e todas as ordes) escríbese con maiúscula e cursiva.[7] Os seus membros son os mononegavirus.[7][8]

A orde actualmente comprende catro familias de virus, que son: Bornaviridae, Filoviridae, Paramyxoviridae, e Rhabdoviridae.[7][8][9]

Criterios de inclusión nesta orde editar

Un virus é membro da orde Mononegavirales se ten estas características:[7][8]

  • O seu xenoma é ARN monocatenario linear non segmentado de sentido negativo e por si só non é infeccioso; posúe extremos 3' e 5' complementarios inversos; non está unido covalentemente a proteínas.
  • O seu xenoma ten unha orde característica de xenes que é: 3'-UTR-xenes das proteínas core-xenes das proteínas da envoltura-xene da ARN polimerase ARN-dependente-5'-UTR.
  • O seu xenoma produce de 5 a 10 ARNm distintos por transcrición secuencial polar a partir dun único promotor localizado no extremo 3' do xenoma; Os ARNm teñen carapucha 5' e están poliadenilados.
  • Replícase sintetizando antixenomas completos (ARN de fibra positiva complementario do ARN xenómico de fibra negativa, e, despois, a partir do de fibra positiva fórmase o ARN negativo da proxenie).
  • Forma ribonucleocápsides helicoidais infecciosas como moldes para a síntese de ARNm, antixenomas, e xenomas.
  • Codifica unha ARN polimerase ARN-dependente (RdRp), que ten unha alta homoloxía en todos os mononegavirus.
  • Forma virións con envoltura e cunha masa molecular de 300–1.000 x 106; un S20W de 550–>1,045; e unha densidade de flotación en CsCl de 1,18–1,22 g/cm3.

Ciclo de replicación editar

O ciclo de replicación dos mononegavirus empeza coa unión do virión a un receptor específico da superficie da célula hóspede, seguida da fusión da bicapa lipídica da envoltura do virión coa membrana da célula e a subseguinte liberación da nucleocápside no citosol da célula. A ARN polimerase ARN-dependente (RdRps) do virus decapsida parcialmente a nucleocápside e transcribe os xenes a ARNms de cadea positiva, os cales son despois traducidos a proteínas estruturais e non estruturais. A RdRps dos mononegavirus únese a un só promotor localizado no extremo 3' do xenoma. A transcrición ou ben remata despois dun xene ou continúa ata o seguinte xene augas abaixo. Isto significa que os xenes próximos ao extremo 3' do xenoma son transcritos máis abondosamente, mentres que os que están cara ao extremo 5' son transcritos con menos probabilidade. A orde dos xenes é, por tanto, unha forma simple pero efectiva de regulación da transcrición. A proteína máis abundante producida é a nucleoproteína, cuxa concentración na célula determina cando a polimerase (RdRp) deixa de transcribir xenes e empeza a replicar o xenoma. A replicación orixina antixenomas de ARN de cadea positiva e de lonxitude completa que son á súa vez transcritos ao xenoma de cadea negativa que levarán os virus da proxenie. As proteínas estruturais neosintetizadas e os xenomas autoensámblanse e acumúlanse preto da parte interna da membrana plasmática da célula. Os virións evaxínanse da célula, adquirindo as súas envolturas a partir de partes da membrana plasmática da que se evaxinaron. As partículas maduras da proxenie despois infectan a outras células para repetir o ciclo de novo.[6]

Paleoviroloxía editar

Os mononegavirus teñen unha historia que se remonta a hai varias decenas de millóns de anos. Os mononegavirus "fósiles" descubríronse en forma de xenes de mononegavirus ou fragmentos de xenes integrados no xenoma dos mamíferos, xeralmente. Por exemplo, detectáronse xenes de bornavirus "fósiles" nos xenomas de morcegos, peixes, damáns (Hyrax), marsupiais, primates, roedores, ruminantes, e elefantes.[10][11][12] Xenes de filovirus "fósiles" detectáronse en xenomas de morcegos, roedores, musarañas (Soricidae), tenrecs, e marsupiais.[11][12][13] Atopouse un virus Midway "fósil" no xenoma do peixe cebra.[11] Finalmente, atopáronse rhabdovirus "fósiles" nos xenomas de mosquitos, carrachas, e plantas.[12][14][15]

Organización da orde editar

A orde inclúe catro familias aceptadas con numerosos xéneros e especies. Só se estableceron subfamilias para a familia Paramyxoviridae. A orde aumentou en membros considerablemente nos últimos anos debido ao descubrimento de moitos novos axentes que eran filoxeneticamente distintos dos mononegavirus xa coñecidos. Os novos taxons (xéneros e especies) deben de ser propostos ao ICTV, e algúns dos cales foron xa aceptados e outros aínda están en diversos estadios do proceso de suxestión/proposición/consideración. A táboa que segue dá unha visión xeral da composición actual da orde. A táboa fai unha lista dos taxons (conceptos), pero non dos virus membros (entidades físicas).

Orde Mononegavirales: familias, xéneros e especies
Nome da familia Nome da subfamilia Nome do xénero Nome da especie
Bornaviridae Bornavirus "Avian bornavirus 1" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 1
"Avian bornavirus 2" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 2
"Avian bornavirus 3" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 3
"Avian bornavirus 4" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 4
"Avian bornavirus 5" (suxerido)[16]/bornavirus aviario 5
"Canada geese bornavirus" (suxerido)[16]/bornavirus do ganso da Canadá
"Canary bornavirus" (suxerido)[16]/bornavirus do canario
Borna disease virus*/virus da enfermidade Borna
Filoviridae "Cuevavirus" (proposto) "Lloviu cuevavirus"* (proposto)
Ebolavirus Bundibugyo ebolavirus
Reston ebolavirus
Sudan ebolavirus
Taï Forest ebolavirus/ebolavirus do bosque Taï
Zaire ebolavirus*
Marburgvirus Marburg marburgvirus*
Nyamiviridae Nyavirus[17] Midway nyavirus
Nyamanini nyavirus*
Unnamed Soybean cyst nematode virus*/Virus do nematodo do quiste da soia
Paramyxoviridae Paramyxovirinae Aquaparamyxovirus Atlantic salmon paramyxovirus*/paramixovirus do salmón atlántico
"Pacific salmon paramyxovirus" (suxerido)[18]/paramixovirus do salmón do Pacífico
Avulavirus Avian paramyxovirus 2/paramixovirus aviario 2
Avian paramyxovirus 3/paramixovirus aviario 3
Avian paramyxovirus 4/paramixovirus aviario 4
Avian paramyxovirus 5/paramixovirus aviario 5
Avian paramyxovirus 6/paramixovirus aviario 6
Avian paramyxovirus 7/paramixovirus aviario 7
Avian paramyxovirus 8/paramixovirus aviario 8
Avian paramyxovirus 9/paramixovirus aviario 9
"Avian paramyxovirus 10" (suxerido)[19]/paramixovirus aviario 10
Newcastle disease virus*/virus da enfermidade de Newcastle
Ferlavirus Fer-de-Lance paramyxovirus*
Henipavirus "Cedar virus" (suxerido)/ virus Cedar (de morcegos)
Hendra virus*
Nipah virus
"Jeilongvirus" (suxerido)[20] "Beilong virus" (suxerido)[20]
"J virus"* (suxerido)[20]
"Tailam virus" (suxerido)[21]
Morbillivirus Canine distemper virus/virus do moquillo canino
Cetacean morbillivirus/morbilivirus de cetáceos
Measles virus*/virus do sarampelo
Peste-des-petits-ruminants virus/ virus da peste dos pequenos ruminantes
Phocine distemper virus/virus do moquillo das focas
Rinderpest virus/virus da peste bovina
Respirovirus Bovine parainfluenza virus 3/virus da parainfluenza bovina 3
Human parainfluenza virus 1/virus da parainfluenza humana 1
Human parainfluenza virus 3/virus da parainfluenza humana 3
Sendai virus*
Simian virus 10/virus simio 10
Rubulavirus Human parainfluenza virus 2/virus da parainfluenza humana 2
Human parainfluenza virus 4/virus da parainfluenza humana 4
Mapuera virus
"Menangle virus" (suxerido)
Mumps virus*/virus das papeiras
Parainfluenza virus 5/virus parainfluenza 5
Porcine rubulavirus/rubulavirus porcino
Simian virus 41/virus simio 4
"Tioman virus" (suxerido)
"Tuhoko paramyxovirus 1" (suxerido)[22]/paramixovirus Tuhoko 1
"Tuhoko paramyxovirus 2" (suxerido)[22]/paramixovirus Tuhoko 2
"Tuhoko paramyxovirus 3" (suxerido)[22]/paramixovirus Tuhoko 3
Non asignado "Mossman virus" (suxerido)[23]
"Nariva virus" (suxerido)[24]
"Tupaia paramyxovirus"* (suxerido)[25]
"Salem virus" (suxerido)[26]
Pneumovirinae Pneumovirus Bovine respiratory syncytial virus/virus respiratorio sincicial bovino
Human respiratory syncytial virus*/virus respiratorio sincicial humano
Murine pneumonia virus/virus da pneumonía murina
Metapneumovirus Avian metapneumovirus*/metapneumovirus aviario
Human metapneumovirus/metapneumovirus humano
Non se suxeriu nome aínda Non se suxeriu nome aínda "Sunshine virus"* (suxerido)[27]
Rhabdoviridae Cytorhabdovirus Barley yellow striate mosaic virus/virus do mosaico estriado amarelo da cebada
Broccoli necrotic yellows virus/virus do amarelado necrótico do brócoli
Festuca leaf streak virus/virus das manchas das follas de Festuca
"Ivy vein banding virus" (suxerido)/virus das bandas das veas da enredadeira
Lettuce necrotic yellows virus*/virus da amarelado necrótico da leituga
Lettuce yellow mottle virus/virus das manchas amarelas da leituga
Northern cereal mosaic virus/virus do mosaico dos cereais do norte
Sonchus virus
"Soybean blotchy mosaic virus" (suxerido)/virus do mosaico de manchas da soia
Strawberry crinkle virus/virus do enrugamento do amorodo
Wheat American striate mosaic virus/virus do mosaico estriado americano do trigo
"Wheat rosette stunt virus" (suxerido)/virus da atrofia en roseta do trigo
Ephemerovirus Adelaide River virus/virus do río Adelaide
Berrimah virus
Bovine ephemeral fever virus*/virus da febre efémera bovina
"Kimberley virus" (suxerido)
Kotonkan virus
"Malakal virus" (suxerido)
Obodhiang virus
"Puchong virus" (suxerido)
Lyssavirus Aravan virus
Australian bat lyssavirus/lisavirus do morcego australiano
"Bokeloh bat lyssavirus" (proposto)/lisavirus do morcego Bokeloh
Duvenhage virus
European bat lyssavirus 1/lisavirus do morcego europeo 1
European bat lyssavirus 2/lisavirus do morcego europeo 2
"Ikoma lyssavirus" (proposto)
Irkut virus
Khujand virus
Lagos bat virus/virus do morcego de Lagos
Mokola virus
Rabies virus*/virus da rabia
Shimoni bat virus/virus do morcego Shimoni
West Caucasian bat virus/virus do morcego caucásico do oeste
Novirhabdovirus "Eel virus B12" (suxerido)/virus da anguía B12
"Eel virus C26" (suxerido)/virus da anguía C26
Hirame rhabdovirus
Infectious hematopoietic necrosis virus*/virus da necrose hematopoética infecciosa
Snakehead virus
Viral hemorrhagic septicemia virus/virus da septicemia hemorráxica viral
Nucleorhabdovirus "Cereal chlorotic mottle virus" (suxerido)/virus das manchas cloróticas do cereal
"Cynodon rhabdovirus" (suxerido)
Datura yellow vein virus/virus das veas amarelas de Datura
Eggplant mottled dwarf virus/virus do ananismo manchado da berenxena
Maize fine streak virus/virus das manchas finas do millo
Maize Iranian mosaic virus/virus do mosaico iraniano do millo
Maize mosaic virus/virus do mosaico do millo
Potato yellow dwarf virus*/virus do ananismo amarelo da pataca
Rice yellow stunt virus/virus da atrofia amarela do arroz
Sonchus yellow net virus/virus do retículo amarelo de Sonchus
"Sorghum stunt mosaic virus" (suxerido)/virus do mosaico da atrofia do sorgo
Sowthistle yellow vein virus/virus das veas amarelas de Sonchus oleraceus
Taro vein chlorosis virus/virus da clorose das veas do taro
Perhabdovirus Anguillid rhabdovirus/rabdovirus de anguílidos
Perch rhabdovirus*/rabdovirus de percas
Sea trout rhabdovirus/rabdovirus da troita mariña (Salmo trutta trutta)
Sigmavirus "Culex tritaeniorhynchus rhabdovirus" (suxerido)[28]
Drosophila affinis sigmavirus
Drosophila ananassae sigmavirus
Drosophila immigrans sigmavirus
Drosophila melanogaster sigmavirus*
Drosophila obscura sigmavirus
Drosophila tristis sigmavirus
Muscina stabulans sigmavirus
"Sinistar-like viruses" (suxerido)[29] "Siniperca chuatsi rhabdovirus"* (suxerido)[29]
"Sprivivirus" (proposto) "Pike fry rhabdovirus"* (proposto)/rabdovirus do alevín de lucio
Spring viremia of carp virus*/virus da viremia de primavera da carpa
Tibrovirus Coastal plains virus*/virus das chairas costeiras
Tibrogargan virus
"Tupavirus" (proposto) "Durham virus"* (proposto)
Tupaia virus
Vesiculovirus "BeAn 157575 virus"" (suxerido)
"Boteke virus" (suxerido)
"Calchaqui virus" (suxerido)
Carajas virus
Chandipura virus
Cocal virus
"Eel virus American" (suxerido)/virus de anguía americano
"Eel virus European X" (suxerido)/virus de anguía europeo X
"Grass carp rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da carpa herbívora
"Gray Lodge virus" (suxerido)
Isfahan virus*
"Jurona virus" (suxerido)
"Klamath virus" (suxerido)
"Kwatta virus" (suxerido)
"La Joya virus" (suxerido)
"Lake trout rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da troita lacustre
"Malpais Spring virus" (suxerido)
Maraba virus
"Perinet virus" (suxerido)
Piry virus
"Porton virus" (suxerido)
"Radi virus" (suxerido)
"Sea trout rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da troita mariña
"Tench rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da tenca
"Ulcerative disease rhabdovirus" (suxerido)/rabdovirus da enfermidade ulcerativa
Vesicular stomatitis Alagoas virus/virus Alagoas da estomatite vesicular
Vesicular stomatitis Indiana virus*/virus Indiana da estomatite vesicular
Vesicular stomatitis New Jersey virus/virus Nova Jersey da estomatite vesicular
"Yug Bogdanovac virus" (suxerido)
Non asignado Flanders virus
Moussa virus
Ngaingan virus
Wongabel virus

Lenda da táboa: "*" significa especie tipo; "suxerido" refírese a taxons que foron suxeridos por determinados investigadores pero que non foron propostos formalmente ao ICTV; "proposto" refírese a taxons que foron xa propostos formalmente; e "aceptado" significa que o taxon foi aceptado polo Comité Executivo do ICTV pero que non foi aínda ratificado. Só os taxons aceptados e ratificados se escriben en cursiva, mentres que os suxeridos e propostos non e escríbense entre comiñas.

Notas editar

  1. "The order Mononegavirales". Archives of virology 117 (1–2): 137–140. 1991. PMID 2006902.
  2. Pringle, C. R. (1991). "Order Mononegavirales". En Francki, R. I. B.; Fauquet, C. M.; Knudson, D. L.; et al. Classification and Nomenclature of Viruses-Fifth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. Archives of Virology Supplement, vol. 2. Vienna, Austria: Springer. pp. 239–41. ISBN 0-387-82286-0. 
  3. Bishop, D. H. L.; Pringle, C. R. (1995). "Order Mononegavirales". En Murphy, F. A.; Fauquet, C. M.; Bishop, D. H. L.; et al. Virus Taxonomy—Sixth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. Archives of Virology Supplement, vol. 10. Vienna, Austria: Springer. pp. 265–267. ISBN 3-211-82594-0. 
  4. Pringle, C. R. (1997). "The order Mononegavirales--current status". Archives of virology 142 (11): 2321–2326. PMID 9672597.
  5. Pringle, C. R. (2000). "Order Mononegavirales". En van Regenmortel, M. H. V.; Fauquet, C. M.; Bishop, D. H. L.; Carstens, E. B.; et al. Virus Taxonomy—Seventh Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Academic Press. pp. 525–530. ISBN 0-12-370200-3. 
  6. 6,0 6,1 Pringle, C. R. (2005). "Order Mononegavirales". En Fauquet, C. M.; Mayo, M. A.; Maniloff, J.; et al. Virus Taxonomy—Eighth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. San Diego, USA: Elsevier/Academic Press. pp. 609–614. ISBN 0-12-370200-3. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Easton, A.; Pringle, C. R. (2011). "Order Mononegavirales". En King, Andrew M. Q.; Adams, Michael J.; Carstens, Eric B.; et al. Virus Taxonomy—Ninth Report of the International Committee on Taxonomy of Viruses. London, UK: Elsevier/Academic Press. pp. 653–657. ISBN 978-0-12-384684-6. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 Kuhn, J. H.; Becker, S.; Ebihara, H.; Geisbert, T. W.; Johnson, K. M.; Kawaoka, Y.; Lipkin, W. I.; Negredo, A. I. et al. (2010). "Proposal for a revised taxonomy of the family Filoviridae: Classification, names of taxa and viruses, and virus abbreviations". Archives of Virology 155 (12): 2083–2103. doi:10.1007/s00705-010-0814-x. PMC 3074192. PMID 21046175.
  9. Vetten, H. J.; Haenni, A. -L. (2006). "Taxon-specific suffixes for vernacular names". Archives of Virology 151 (6): 1249–1250. doi:10.1007/s00705-006-0743-x. PMID 16721512.
  10. Horie, M.; Honda, T.; Suzuki, Y.; Kobayashi, Y.; Daito, T.; Oshida, T.; Ikuta, K.; Jern, P. et al. (2010). "Endogenous non-retroviral RNA virus elements in mammalian genomes". Nature 463 (7277): 84–87. doi:10.1038/nature08695. PMC 2818285. PMID 20054395.
  11. 11,0 11,1 11,2 Belyi, V. A.; Levine, A. J.; Skalka, A. M. (2010). "Unexpected Inheritance: Multiple Integrations of Ancient Bornavirus and Ebolavirus/Marburgvirus Sequences in Vertebrate Genomes". In Buchmeier, Michael J. PLoS Pathogens 6 (7): e1001030. doi:10.1371/journal.ppat.1001030. PMC 2912400. PMID 20686665.
  12. 12,0 12,1 12,2 Katzourakis, A.; Gifford, R. J. (2010). "Endogenous Viral Elements in Animal Genomes". In Malik, Harmit S. PLoS Genetics 6 (11): e1001191. doi:10.1371/journal.pgen.1001191. PMC 2987831. PMID 21124940.
  13. Taylor, D.; Leach, R.; Bruenn, J. (2010). "Filoviruses are ancient and integrated into mammalian genomes". BMC Evolutionary Biology 10: 193. doi:10.1186/1471-2148-10-193. PMC 2906475. PMID 20569424.
  14. Chiba, S.; Kondo, H.; Tani, A.; Saisho, D.; Sakamoto, W.; Kanematsu, S.; Suzuki, N. (2011). "Widespread Endogenization of Genome Sequences of Non-Retroviral RNA Viruses into Plant Genomes". In Nagy, Peter D. PLoS Pathogens 7 (7): e1002146. doi:10.1371/journal.ppat.1002146. PMC 3136472. PMID 21779172.
  15. Fort, P.; Albertini, A.; Van-Hua, A.; Berthomieu, A.; Roche, S.; Delsuc, F.; Pasteur, N.; Capy, P. et al. (2011). "Fossil Rhabdoviral Sequences Integrated into Arthropod Genomes: Ontogeny, Evolution, and Potential Functionality". Molecular Biology and Evolution 29 (1): 381–390. doi:10.1093/molbev/msr226. PMID 21917725.
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 16,5 16,6 Payne, S.; Covaleda, L.; Jianhua, G.; Swafford, S.; Baroch, J.; Ferro, P. J.; Lupiani, B.; Heatley, J. et al. (2011). "Detection and Characterization of a Distinct Bornavirus Lineage from Healthy Canada Geese (Branta canadensis)". Journal of Virology 85 (22): 12053–6. doi:10.1128/JVI.05700-11. PMC 3209299. PMID 21900161.
  17. Mihindukulasuriya, K. A.; Nguyen, N. L.; Wu, G.; Huang, H. V.; Travassos Da Rosa, A. P. A.; Popov, V. L.; Tesh, R. B.; Wang, D. (2009). "Nyamanini and Midway Viruses Define a Novel Taxon of RNA Viruses in the Order Mononegavirales". Journal of Virology 83 (10): 5109–5116. doi:10.1128/JVI.02667-08. PMC 2682064. PMID 19279111.
  18. Batts, W. N.; Falk, K.; Winton, J. R. (2008). "Genetic Analysis of Paramyxovirus Isolates from Pacific Salmon Reveals Two Independently Co-circulating Lineages". Journal of Aquatic Animal Health 20 (4): 215–224. doi:10.1577/H07-050.1. PMID 19306611.
  19. Miller, P. J.; Afonso, C. L.; Spackman, E.; Scott, M. A.; Pedersen, J. C.; Senne, D. A.; Brown, J. D.; Fuller, C. M. et al. (2010). "Evidence for a New Avian Paramyxovirus Serotype 10 Detected in Rockhopper Penguins from the Falkland Islands". Journal of Virology 84 (21): 11496–11504. doi:10.1128/JVI.00822-10. PMC 2953191. PMID 20702635. |displayauthors= suggested (help)
  20. 20,0 20,1 20,2 Li, Z.; Yu, M.; Zhang, H.; Magoffin, D.; Jack, P.; Hyatt, A.; Wang, H.; Wang, L. (2006). "Beilong virus, a novel paramyxovirus with the largest genome of non-segmented negative-stranded RNA viruses". Virology 346 (1): 219–228. doi:10.1016/j.virol.2005.10.039. PMID 16325221.
  21. Woo, P. C. Y.; Lau, S. K. P.; Wong, B. H. L.; Wong, A. Y. P.; Poon, R. W. S.; Yuen, K. -Y. (2011). "Complete Genome Sequence of a Novel Paramyxovirus, Tailam Virus, Discovered in Sikkim Rats". Journal of Virology 85 (24): 13473–13474. doi:10.1128/JVI.06356-11. PMC 3233173. PMID 22106385.
  22. 22,0 22,1 22,2 Lau, S. K. P.; Woo, P. C. Y.; Wong, B. H. L.; Wong, A. Y. P.; Tsoi, H. W.; Wang, M.; Lee, P.; Xu, H. et al. (2010). "Identification and complete genome analysis of three novel paramyxoviruses, Tuhoko virus 1, 2 and 3, in fruit bats from China". Virology 404 (1): 106–116. doi:10.1016/j.virol.2010.03.049. PMID 20537670. |displayauthors= suggested (help)
  23. Miller, P. J.; Boyle, D. B.; Eaton, B. T.; Wang, L. F. (2003). "Full-length genome sequence of Mossman virus, a novel paramyxovirus isolated from rodents in Australia". Virology 317 (2): 330–344. doi:10.1016/j.virol.2003.08.013. PMID 14698671.
  24. Lambeth, L. S.; Yu, M.; Anderson, D. E.; Crameri, G.; Eaton, B. T.; Wang, L. -F. (2008). "Complete genome sequence of Nariva virus, a rodent paramyxovirus". Archives of Virology 154 (2): 199–207. doi:10.1007/s00705-008-0287-3. PMID 19104752.
  25. Tidona, C. A.; Kurz, H. W.; Gelderblom, H. R.; Darai, G. (1999). "Isolation and Molecular Characterization of a Novel Cytopathogenic Paramyxovirus from Tree Shrews". Virology 258 (2): 425–434. doi:10.1006/viro.1999.9693. PMID 10366580.
  26. Renshaw, R.; Glaser, A. L.; Van Campen, H.; Weiland, F.; Dubovi, E. J. (2000). "Identification and Phylogenetic Comparison of Salem Virus, a Novel Paramyxovirus of Horses". Virology 270 (2): 417–429. doi:10.1006/viro.2000.0305. PMID 10793001.
  27. Hyndman, T. H.; Marschang, R. E.; Wellehan, J. F. X.; Nicholls, P. K. (2012). "Isolation and molecular identification of sunshine virus, a novel paramyxovirus found in Australian snakes". Infection, Genetics and Evolution 12 (7): 1436–1446. doi:10.1016/j.meegid.2012.04.022. PMID 22575820.
  28. Kuwata, R.; Isawa, H.; Hoshino, K.; Tsuda, Y.; Yanase, T.; Sasaki, T.; Kobayashi, M.; Sawabe, K. (2011). "RNA Splicing in a New Rhabdovirus from Culex Mosquitoes". Journal of Virology 85 (13): 6185–6196. doi:10.1128/JVI.00040-11. PMC 3126488. PMID 21507977.
  29. 29,0 29,1 Tao, J. J.; Zhou, G. Z.; Gui, J. F.; Zhang, Q. Y. (2008). "Genomic sequence of mandarin fish rhabdovirus with an unusual small non-transcriptional ORF". Virus Research 132 (1–2): 86–96. doi:10.1016/j.virusres.2007.10.018. PMID 18068257.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar