Cloruro de cesio
Xerais | |
---|---|
Nome | Cloruro de Cesio |
Outros nomes | Cloruro césico |
Fórmula química | CsCl |
Aparencia | Sólido cristalino branco. |
Físicas | |
Masa molar | 168,36 g/mol |
Punto de fusión | 918 K (645°C) |
Punto de ebulición | 1568 K (1295 °C) |
Densidade | 3,99 ×103 kg/m3 (3,99 g/cm3) |
Cristalización | Cúbica simple, cúbica centrada no espazo |
Solubilidade | 162 g/100 mL de auga (a 1 °C) 33,7 g/mL de metanol moi soluble en etanol insoluble en acetona |
Compostos relacionados | CsF, CsBr, CsI; LiCl, NaCl, KCl, RbCl, MgCl2, CaCl2 |
Seguridade | |
MSDS | |
Número CAS | [7647-17-8] |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O cloruro de cesio é un composto iónico típico cunha característica estrutura cristalina
Preparación
editarO cloruro de cesio pódese preparar pola reacción do hidróxido del cesio ou do carbonato del cesio co ácido clorhídrico: a substancia salina resultante purificase por recristalización.
CsOH (s) + HCl (ac) → CsCl(ac) + H2O
Cs2CO3(s) + 2 HCl (ac) → 2 CsCl(ac) + CO2 (g) + H2O
O metal Cesio reacciona violentamente co gas cloro dando cloruro del cesio, aínda que o custo do cesio metálico fai que esta non sexa a ruta habitual de preparación do mesmo.
Estrutura cristalina
editarA estrutura do cloruro de cesio componse ó encaixar redes cúbicas simples de anións e de catións. A estrutura cristalina do cloruro de cesio, dada a gran diferenza de tamaño entre os ións cesio e cloruro sería similar a unha rede cúbica formada por balóns de fútbol, na que os ocos que quedarían entre os balóns fosen ocupados por outra rede, tamén cúbica, formada por pelotas de golf. Se os dous tipos de átomos son similares en tamaño (imaxinemos pelotas de hóckey embaladas con pelotas de tenis) entón o empaquetamento cúbico dará unha estrutura similar á do cloruro de sodio.
Aplicacións
editarO cloruro de cesio emprégase na preparación de cristais condutores da electricidade.
Os radioisótopos do cloruro de cesio utilízanse en medicina nuclear, incluíndo o tratamento do cancro. Na produción de fontes radioactivas é normal elixir unha forma química do radioisótopo que non sexa dispersado con facilidade no ambiente se ten lugar un accidente por rotura ou perda do contedor da fonte. Por exemplo no uso dos xeradores radiotérmicos, (RTGs), emprégase a miúdo titanato de estroncio porque é insoluble en auga. Pero para teleterapia as fontes deben proporcionar unha densidade radioactiva moi alta, o que non é posible cos compostos insolubles polo que é normal utilizar un dedal radioactivo de cloruro del cesio para ter unha fonte activa para unidades de radioterapia. No Brasil unha fonte dese tipo foi roubada de entre o metal de refugallo dun equipo avariado dunha clínica de radioterapia e as feridas graves e mortes ocorreron como resultado da exposición á radiación gamma externa e da exposición interna, xa que a fonte estaba aberta e rota lanzando o cloruro cesio, soluble, na auga. Ver accidente de Goiânia para mais detalles.