Cloruro de rubidio
Xerais | |
---|---|
Nome | Cloruro de Rubidio |
Outros nomes | Cloruro rubídico |
Fórmula química | RbCl |
Aparencia | Sólido cristalino branco. |
Físicas | |
Masa molar | 120,921 g/mol |
Punto de fusión | 991 K (718°C) |
Punto de ebulición | 1663 K (1390 °C) |
Densidade | 2,8×103 kg/m3 (2,8 g/cm3) |
Cristalización | Principalmente, cúbica centrada nas caras, 6:6 |
Solubilidade | 91 g/100 mL de auga (a 20 °C) |
Termodinámicas | |
Enerxía libre de Gibbs estándar para a fusión, ΔGfuo | 407,8 kJ/mol |
Entalpía estándar de fusión, ΔHfuo | 435,4 kJ/mol |
Entropía estándar, So | 95,9 J/mol•K |
Calor específica a presión constante Cp
|
52,4 J/mol•K |
Compostos relacionados | RbF, RbBr, RbI; LiCl, NaCl, KCl, CsCl, MgCl2, CaCl2 |
Seguridade | |
MSDS | |
Catalogado como | Irritante |
Número CAS | [7791-11-9] |
As propiedades sen referencia veñen dadas en condicións estándar(100 kPa, 25 °C), a non ser que se indique outra cousa. |
O cloruro de rubidio é un haluro de metal alcalino. Este haluro ten aplicacións diversas, dende a electroquímica á bioloxía molecular.
Estrutura
editarNa súa fase gasosa o RbCl é unha substancia diatómica cunha lonxitude de enlace estimada en 2.7868 Å. Esta distancia aumenta a 3.285 Å para o RbCl sólido de cristalización cúbica, no número máis alto de coordinación dos ións na fase sólida. O RbCl sólido presenta polimorfismo e dependendo das condicións, o RbCl sólido adopta unha das tres disposicións que seguen que foron determinadas pola proxección da súa imaxe holográfica.
octaédrico 6:6 (cloruro de sodio)
editarA disposición octaédrica, empaquetamento cúbico centrado nas caras, con índice de coordinación 6:6, tipo NaCl, é a máis común. Nesta disposición os anións cloruro empaquétanse en disposición octaédrica e os catións rubidio enchen os ocos octaédricos que quedan. Esta sería unha sucinta descrición deste polimorfismo. A enerxía deste tipo de rede é solo 3.2 kJ/mol menor que a estrutura seguinte.
cúbico 8:8 (cloruro de cesio)
editarA temperatura e presións altas o RbCl adopta a estrutura do CsCl (o NaCl e o KCl experimentan o mesmo cambio estrutural a altas presións). Aquí, os ións cloruro adoptan a disposición cúbica centrada no espazo cos anións cloruro ocupando os vértices dun cubo que rodea un Rb+ central. Como un cubo ten oito vértices, o número de coordinación de ambos ión é oito. Este é o número de coordinación máis alto posible do RbCl. Polo tanto, segundo a regra do cociente de radios, os catións deste polimorfo alcanzarán o radio máis grande porque as distancias anión-catión son as máis grandes.
tetraédrico 4:4 (Esfalerita)
editarEsta forma polimórfica, con estrutura de esfalerita, do cloruro de rubidio é extremadamente rara, dando por resultado poucos estudos estruturais. A enerxía de rede para esta disposición calcúlase en case 40.0 kJ/mol menor que a das estruturas anteriores.
Síntese
editarA meirande parte dos métodos de preparación do cloruro de rubidio puro implican a reacción do seu hidróxido co ácido clorhídrico, seguido de recristalización:
RbOH (aq) + HCl (aq) → RbCl (aq) + H2O(l)
Outro posible método baséase no equilibrio químico que segue:
Rb(s) + NaCl(s) ←→ RbCl(l) + Na(s)
Unha técnica custosa require a reacción do metal rubidio co halóxeno desexado:
2Rb(s) + Cl2 2(g) → 2RbCl(s)
Dado que o RbCl é higroscópico debe ser protexido contra a humidade atmosférica, por exemplo, cun deshidratante. O RbCl utílizase sobre todo en laboratorios polo que os provedores prodúceno en cantidades pequenas segundo se vaia precisando. Ofrécese en variedade de formas para a investigación química e biomédica.
Usos
editar- O RbCl pode utilizarse como electrólito en auga.
- O cloruro de rubidio demostrou o súa utilidade para modificar e axustar o ritmo circadiano. O resultado é un ritmo circadiano igualado, incluso para os organismos sometidos a tensións.
- O tratamento de células tumorais con cloruro de rubidio aumenta o seu pH. Algúns investigadores cren que este aumento inhibe a activación de encimas tales como fosfatases oncoxénicas. Pénsase que isto podería ter utilidade para o estudo de tratamentos de tumores.
- O RbCl é un excelente biomarcador non invasor. Este composto disólvese ben na auga e é facilmente tomado polo organismo. Unha vez que está no corpo, o ión Rb+ substitúe o ión potasio, K+ nos tecidos dada a súa similitude química (pertencen ó mesmo grupo da táboa periódica). Un exemplo disto é o emprego do cloruro de Rb-82, isótopo radioactivo do rubidio, para avaliar a perfusión do músculo cardíaco, o miocardio.
- O tratamento de células con disolución hipotónica que conteña RbCl dilata as células e modifica as súas membranas e o fluxo a través das mesmas.