Hipotensión

Baixa presión no sangue

En medicina, a hipotensión fai referencia a unha condición anormal na que a presión sanguínea dunha persoa é moito máis baixa do habitual, o que pode provocar síntomas como vertixe o mareo. Xeralmente dura uns poucos segundos ou minutos ou anos.

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Consideracións xerais

editar

Polos termos tensión arterial coñecemos o concepto de presión que o sangue exerce sobre as paredes dos vasos que o conducen a través do sistema circulatorio. A hipotensión consistiría nunha medida desta presión por debaixo dunhas cifras consensuadas na comunidade científica como as normais para un rango de sexo e idade.

Unha presión sanguínea demasiado baixa fai que chegue un fluxo insuficiente do sangue aos órganos vitais do corpo a través das arterias. Débese ter en conta que, en función da estrutura corporal de cada persoa, o que para unha é unha presión sanguínea baixa, para outra pode ser normal. Un acabado de nacer ten unha presión sanguínea distinta á dun adolescente, á dunha muller en idade fértil ou á dun ancián que se queixa de diversas doenzas. O importante, polo tanto, é observar a diferenza que se puidese presentar respecto ao valor normal de cada persoa.

As persoas que sofren de hipotensión non poden experimentar emocións fortes debido ao incremento da actividade cardíaca que estas implican, xa que a presión segue sendo moi baixa e o corazón late moi rápido, provocando así unha difusión anormal do sangue, causando que a presión baixe aínda máis do normal.

A presión sanguínea normal é usualmente de 120/80 mm Hg (sistólica/diastólica). En persoas sas, especialmente atletas, unha baixa presión sanguínea é sinal de boa saúde cardiovascular (corazón e vasos sanguíneos). Pero unha presión baixa pode ser sinal dalgún problema subxacente —especialmente na vellez— que pode causar un fluxo sanguíneo inadecuado ao corazón, cerebro e a outros órganos vitais.

En calquera individuo, unha presión sistólica menor a 90 mm Hg e/o unha presión diastólica menor a 60 mm Hg débese diagnosticar como hipotensión arterial.

Causas

editar

A hipotensión normalmente está causada por algún destes factores:

Outra causa moi común é a hipotensión ortostática, producida polo cambio repentino da posición do corpo, normalmente ao erguerse rapidamente da cama ou dunha cadeira.

Síntomas

editar

A hipotensión adoita vir acompañada doutros síntomas:

Consecuencias

editar

A hipotensión adoita afectar a:

Tratamento

editar

As persoas con hipotensión deben evitar permanecer de pé, estar sentados ou ben tumbados por un período prolongado. Pódese aumentar a cantidade de sal na dieta e tomar líquidos non alcohólicos, en especial algunha infusión de ou de café. De verse repeticións constantes, recoméndase tratalas con medicamentos como fludrocortisona. Para todo o anterior, convén orientarse e deixarse levar seguindo algún criterio médico.

Poñerse en contacto cun médico cando pase calquera das seguintes complicacións:

  • Se se sofre de síncope.
  • Dificultades respiratorias.
  • Feces escuras.
  • Vertixes.
  • Febre superior aos 38 °C.
  • Arritmia.