Fibromialxia
A fibromialxia é unha doenza crónica caracterizada sola presenza de dor persistente e crónica que pode chegar a ser invalidante, especialmente en localizacións específicas do corpo denominadas tender points ou puntos sensíbeis ou zonas gatillo[1]. A etioloxía da enfermidade é descoñecida aínda que se cre que pode ter unha orixe autoinmune, neurolóxica ou psiquiátrica. É unha doenza complexa que abrangue as esferas social, biolóxica e psicolóxica (enfoque biopsicosocial).
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A súa prevalencia en España é do 2,37%, con claro predominio en mulleres de entre 30 e 55 anos[2].
O 12 de maio celébrase o Día Mundial da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, en homenaxe á data de nacemento de Florence Nightingale, enfermeira británica, considerada precursora da enfermería profesional contemporánea [3].
Síntomas
editarOs síntomas da fibromialxia son inespecíficos e poden solaparse cos síntomas doutras doenzas. Entre as manifestacións máis frecuentes atópanse:
- Dor xeneralizada en varios puntos do corpo, coñecidos como zonas gatillo ou puntos sensíbeis (tender points). Existen 18 puntos sensíbeis.
- Fatiga ou cansazo.
- Trastornos do sono: insomnio, hipersomnolencia, mal descanso nocturno.
- Trastornos psíquicos: ansiedade, depresión, irritabilidade.
- Dor de cabeza (cefalea tensional).
- Trastornos do ritmo intestinal como estrinximento ou diarrea (síndrome de colon irritable).
- Hipersensibilidade á dor (hiperalxesia) ou ao tacto (alodinia).
- Cambras musculares (parestesias).
Diagnóstico
editarNon existe ningunha proba que permita realizar o diagnóstico de fibromialxia.
Tratamento
editarNon existe un fármaco ou tratamento específico para tratar a fibromialxia. As terapias que existen están enfocadas a paliar os síntomas e mellorar a calidade de vida das persoas con fibromialxia.
Entre as opcións terapéuticas para tratar esta doenza destacan:
- Tratamento médico:
- Antidepresivos: amitriptilina, duloxetina, paroxetina, fluoxetina.
- Relaxantes musculares: ciclobenzaprina, benzodiacepinas.
- Analxésicos: opioides (tramadol, tapentadol, morfina, buprenorfina, fentanilo), paracetamol, antiinflamatorios esteroideos (corticoides), antiinflamatorios non esteroideos (ibuprofeno, metamizol).
- Anticomiciais: pregabalina, gabapentina.
- Outros: pramipexol, nabilona, oxibato sódico, hormona do crecemento, ketamina, cánnabis, lidocaína..
- Tratamento psicolóxico:
- Terapia cognitivo condutual (TCC).
- Terapia condutual operante (TCO).
- Outras recomendacións:
- Exercicio físico, sobre todo de tipo aeróbico e de fornecemento muscular.
- Exercicios de relaxación.
- Terapia manual ou fisioterapia.
- Acupuntura.
Notas
editar- ↑ "Proceso asistencial integrado de atención á fibromialxia." (PDF).
- ↑ "Prevalencia e impacto de las enfermedades reumáticas en la población adulta española." (PDF). Sociedad Española de Reumatología. 2001.
- ↑ "Día Mundial de la Fibromialgia y el Síndrome de Fatiga Crónica" (en castelán). Consultado o 2022-11-22.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fibromialxia |