Daniel Salgado

poeta e xornalista galego
(Redirección desde «Dani Salgado»)

Daniel Salgado García, nado en Monterroso o 27 de outubro de 1981, é un poeta e xornalista galego.

Infotaula de personaDaniel Salgado

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1981 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Monterroso, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Galicia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , poeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFernando Salgado García Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: danielsalgadoga Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciado en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en El País, Nós Diario e elDiario.es. Dirixiu Ariel. Boletín quincenal de cinema en galego editado polo Cineclube Compostela, e coordina o volume Cairón, voceiro do Instituto de Estudos Ulloáns. Colaborador de A Trabe de Ouro, A Nosa Terra, Dorna e Xistral. Tradutor ao galego de Allen Ginsberg. Participou como coautor na curtametraxe documental O río é noso (2004) para protestar contra os encoros do Alto Ulla.

Como poeta gañou en 2001 o Premio de Poesía O Facho; foi accésit do Certame de Poesía Francisco Añón co poemario Do preguizoso costume de estarmos vivos; gañou o Premio de poesía Uxío Novoneyra[1] en 2002 con Sucede; foi finalista do Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño en 2004 co libro Agora qué; e obtivo o Premio Esquío de poesía[2] en 2004 por Días no imperio.

 
Das Kapital.

Formou parte do grupo Das Kapital, facendo as bases musicais. En 2018 comezou o proxecto musical vietcong, canda a Alexandre Losada (guitarra), Luís Garrido (saxofón e sintetizadores) e mais Marcos Flórez (baixo)[3].

Obra editar

Poesía editar

Ensaio editar

  • A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017), con Martiño Noriega, 2017.

Traducións editar

  • Ouveo, de Allen Ginsberg, 2007, Positivas.
  • Poesía última de amor y enfermedad, de Lois Pereiro, 2012, Libros del Silencio, Barcelona.
  • A poesía como arte insurxente, de Lawrence Ferlinghetti, 2021, Rodolfo e Priscila Ed.

Obras colectivas editar

Premios editar

Vida persoal editar

É fillo de Fernando Salgado, ex conselleiro da Xunta de Galicia.

Notas editar

  1. "Daniel Salgado recibiu onte o premio de poesía Uxío Novoneyra" Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 2003.
  2. "Daniel Salgado y Noni Benegas ganan el Premio Esquío de Poesía" Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en De Concursos.
  3. "F I G A // Vietcong // Bazongo // Art Atak". Faro de Vigo. 4 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2019. Consultado o 16 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar