Das Kapital (grupo)
Das Kapital foi un grupo de música de Compostela activo entre 2011 e 2015. Debe o seu nome á obra Das Kapital de Karl Marx. Está formado por Daniel Salgado, O Leo, Tomás e David Ageitos e Marcos Payno.
Das Kapital | |
---|---|
Das Kapital. | |
Orixe | Santiago de Compostela, Galicia |
Período | 2011 - 2015 |
Membros | Daniel Salgado O Leo Tomás Ageitos Marcos Payno |
Na rede | |
Características
editarO seu debut aconteceu interpretando en directo a súa adaptación do poema "Narcisismo" de Lois Pereiro nunha homenaxe á formación coruñesa Radio Océano (grupo no que militaba o seu irmán Xosé Manuel Pereiro) que se celebrou na Sala Nasa.
O Leo é o cantante, pero cunha faciana totalmente afastada da súa vertente de cantautor punk como O Leo i Arremecaghona. O núcleo principal complétano o poeta, ideólogo e xornalista Dani Salgado e o compositor e arranxador Marcos Paino, que se encarga de sintetizar unha agrupación con actitude e pensamento propios, cun funcionamento descentralizado, aberto pero militante. As súas composicións procuran a axitación de quen escoite as cancións, cunhas letras provocativas.
Discografía
editar- Ruído Negro (A Regueifa Plataforma, xullo 2011; LP e mp3)
- Grecia (Discos da máquina, abril de 2013; CD e mp3)