Cronoloxía do conflito de ENCE Pontevedra

Concluída a guerra civil española o novo goberno español do xeneral Franco colocou entre os seus obxectivos a consecución da autarquía económica. O sector da celulosa foi declarado estratéxico e iniciáronse plans para a súa implantación industrial. Desde a década de 1940 o estado franquista fomentou a repoboación dos montes galegos con especies de crecemento rápido, primeiramente piñeiros e, máis adiante, eucaliptos. Na década seguinte iniciouse a procura dun lugar axeitado onde instalar unha factoría que aproveitase a masa forestal creada.

Vista da factoría de ENCE na ría de Pontevedra.

Esta fábrica de pasta de papel foi situada finalmente en Lourizán, na ría de Pontevedra, e inaugurada oficialmente en 1963.[1] A instalación no dominio público e sobre un rico banco marisqueiro ocasionou, desde o inicio, un serio conflito social que se estende até o presente.

Instalación da factoría na Ría de Pontevedra editar

 
Para a instalación da pasteira o réxime franquista impulsou campañas de repoboación forestal con especies de crecemento rápido como o eucalipto.
  • 1940. O Patrimonio Forestal del Estado acrecenta a plantación de especies de crecemento rápido nas provincias da Coruña e Pontevedra. A ditadura do xeneral Franco busca acadar a autarquía forestal e subministrar materia prima para unha futura industria da celulosa.[2][a]
  • 1947. 7 de xaneiro. Créase en Madrid (rúa de Alcalá, 30) a empresa Celulosas de Galicia S.A. A sociedade proxecta a instalación dunha fábrica de celulosa en Pontevedra, para o que asina coa Deputación un acordo de explotación dos montes en proceso de "consorcio e repoboación". O plano foi rexeitado pola oposición da Dirección Xeral de Montes.[5] Reformúlase o proxecto en xaneiro de 1950, situando agora a fábrica en Ponte Sampaio. O proxecto foi novamente rexeitado.[6]
  • 1951. 3 de decembro. O goberno español aproba, sen modificacións, un proxecto da empresa Papelera Española C.A para a instalación dunha industria da celulosa no río Ulla, entre Padrón e Pontecesures. A previsíbel contaminación provoca o rexeitamento de sectores do propio réxime, o que obriga os promotores a desbotar a iniciativa.[7]
  • 1954. 5 de maio. Convócase un concurso público para a instalación dunha factoría de celulosa en Galicia. Non se presenta ningunha oferta. A iniciativa privada non arrisca as posíbeis consecuencias do dano ambiental. É finalmente o propio Estado Español, a través do Instituto Nacional de Industria, quen decide levar adiante o proxecto.[8]
  • 1956. Marzo. A comisión encargada da instalación da celulosa decide situala en Lourizán, na ría de Pontevedra. Óptase por esta localización, diante doutras, por tres motivos: Non existen impedimentos lexislativos, nin estatais (si existía regulación para os cursos de auga doce), nin dos concellos afectados; A titularidade dos terreos é pública, o que fai innecesaria a negociación con particulares; Considérase que a riqueza pesqueira e marisqueira é inferior á dos ríos Ulla, Tambre ou Umia.[9] Nese mesmo ano, coa sinatura de 280 cabezas de familia, os pescadores e mariscadores da ría solicitan á presidencia do goberno que non instale alí a factoría. Fan o propio os fabricantes de conservas e os pescadores de Poio e Portonovo.[10]
  • 1957. 4 de abril. O Instituto Nacional de Industria constitúe en Madrid, con capital enteiramente público, a empresa Empresa Nacional de Celulosas de Pontevedra S.A.[11]
  • 1958. 13 de xuño. A nova empresa recibe do réxime franquista unha concesión por 60 anos, até o 13 de xuño de 2018, do dominio público marítimo-terrestre en Lourizán, na ría de Pontevedra.[12]
  • 1959. Xaneiro. Comeza o dragado e o recheo para a instalación da planta. A mariscadoras da ría mobilízanse, unha manifestación na cidade de Pontevedra é disolta pola Garda Civil. Boicotéase repetidamente o avanzo do dragado, destruíndo tubaxes, balizas e maquinaria.
  • 1959. 9 de febreiro. Chega a Marín a fragata Hernán Cortés da armada española, con 70 infantes de mariña para protexer as obras. Unha manifestación de 500 persoas é disolta a golpes. 14 persoas son detidas, e cinco delas ingresadas no hospital.[13]
     
    O xeneral Franco inaugurou a fábrica de Lourizán en 1963.

Período franquista editar

  • 1962. Conclúe a montaxe da factoría, realízanse as primeiras probas e da comezo a produción de pasta de papel.[14]
  • 1963. 12 de setembro. Francisco Franco inaugura a factoría de Pontevedra.[1]
  • 1963. 7 de outubro. Concédeselle a ENCE Pontevedra a cualificación de "industria de preferente interese forestal",[15] desde aquela, e axudada por subvencións públicas, a propia empresa súmase á campaña de repoboación forestal con piñeiros e eucaliptos.[16]
  • 1968. O INI fusiona as súas tres plantas de celulosa en Pontevedra, Huelva e Motril, mudando o seu nome polo de Empresa Nacional de Celulosa.[17]
  • 1969. ENCE muda o seu proceso produtivo, desbota o piñeiro comezando a empregar principalmente a madeira do eucalipto.[21]
  • 1977, 4 de xaneiro. Promúlgase a Ley de Producción Forestal, finalizada xa a ditadura franquista. O goberno español promove, mediante axudas públicas, a plantación de eucalipto en montes privados. Os particulares súmanse daquela as campañas de repoboación forestal con eucalipto.[22][23]

ENCE S.A. editar

 
Paseo da Castellana, Madrid. Domicilio fiscal de ENCE.
  •  
    Vista da fábrica de Lourizán.
    1988. O goberno do estado inicia a privatización parcial da Empresa Nacional de Celulosa. A compañía pasa a denominarse ENCE S.A e se incorpora á bolsa de valores.
  • 1988, 22 de xullo. Promúlgase a Lei de Costas, que regula a utilización do dominio público marítimo-terrestre. A lei fixa un prazo máximo de 30 anos para os titulares dunha concesión anterior a ela, polo que a fábrica de Lourizán debe abandonar a ría antes do 29 de xullo de 2018.[24][25]
  • 1995. ENCE S.A lanza unha ampliación de capital e unha OPV (Oferta Pública de Venda) que aumenta a participación dos investidores privados até o 49%.
  • 2001. O goberno de Jose María Aznar privatiza totalmente a empresa. Véndese o 51% aínda nas mans do Estado a Caixa Galicia, Banco Zaragozano (Alberto Cortina e Alberto Alcocer)[26], e Hispamarket (Bankinter).[27] O prezo, 230 millóns de euros, calcúlase partindo do feito de que a empresa ten que deixar de producir na ría pontevedresa en 2018.[28]
  • 2002, novembro. ENCE é condenada por "delito ecolóxico continuado".[29] A propia compañía recoñece a contaminación atmosférica e hídrica, así como danos causados a vivendas, cultivos e persoas. Nove dos seus directivos son condenados a multas e penas de arresto maior.[30]
  • 2003 - A filial de ENCE, ELNOSA,[31] deixa de verter mercurio directamente na praia de praceres. Envíao agora até a illa de Tambo, mediante un emisario submarino.[19]
  • 2004, 20 de maio. Desaparece nun incendio todo o arquivo de historias clínicas da area sanitaria de Pontevedra,[34] o que fai imposíbel calquera estudo retrospectivo sobre a influencia da factoría na saúde dos habitantes da zona.[35]

Bipartito galego editar

Goberno de Núñez Feijóo editar

 
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, presentouse as eleccións de 2009 e 2012 coa promesa electoral de retirar a factoría de ENCE da ría de Pontevedra.[47]
  • 2013. O ministro do goberno español Miguel Arias Cañete modifica a Lei de Costas do ano 1988. A reforma permite prorrogar as concesións administrativas de dominio público marítimo-terrestre concedidas anteriormente, abrindo así a porta a permanencia de ENCE en Lourizán máis aló de 2018.[57][58]
  • 2016, xaneiro. O goberno español, presidido polo pontevedrés Mariano Rajoy, prorroga por 60 anos a concesión de ENCE na ría de Pontevedra. A decisión tómase en período pre-electoral, co goberno "en funcións" e estende a presenza de ENCE en Lourizán até o ano 2073.[63] O Concello de Pontevedra, Greenpeace e a Asociación Pola Defensa da Ría inician procedementos xudiciais contra a medida.[64]
  • 2016, decembro. Unha directiva da Unión Europea prohibe o mercurio na produción de cloro,[66] o que afecta directamente a ELNOSA, filial de Ence na ría de Pontevedra.[67]
  • 2018, xullo. Pecha Elnosa, e inícianse os traballos para o desmantelamento da fábrica de cloro.[68][69]

Remate da concesión editar

 
O goberno do pontevedrés Mariano Rajoy (no centro) modificou en 2013 a Lei de Costas abrindo a porta á permanencia de ENCE en Pontevedra. En 2016, nos derradeiros días do seu mandato, outorgoulle unha prórroga até 2073.
  • 2018, 29 de xullo. Acádase a data límite, fixada na Lei de Costas de 1988, para o permiso de ocupación do dominio público para a factoría de ENCE en Pontevedra.
  • 2018, novembro. A Xunta de Galicia renova a Autorización Ambiental da planta de ENCE en Lourizán.[70]
  • 2018, decembro. ENCE entra no índice bolsista IBEX 35.[71]
  • 2019, marzo. O Goberno español, presidido desde xuño de 2018 polo socialista Pedro Sánchez, renuncia a defender diante da Xustiza a prórroga concedida á planta de ENCE en Pontevedra.[64]
  • 2021, febreiro. Un informe da propia ENCE[72] recoñece a emisión de verteduras de mercurio á Ría de Pontevedra, alertando á Xunta sobre posíbeis riscos para a saúde pública.[73]
  • 2021, marzo. O Conselleiro Delegado de ENCE, Ignacio Colmenares, alerta nun video interno dun posíbel "susto medioambiental maiúsculo".[74] A fiscalía de Pontevedra inicia unha investigación sobre a seguridade da factoría.[75]
  • 2021, xullo. A Audiencia Nacional estima os recursos de Greenpeace, Concello de Pontevedra e APDR e anula a prórroga concedida por Mariano Rajoy á factoría de ENCE.[76][77] O tribunal indica que non se xustifica o motivo polo que unha instalación así ten que estar forzosamente en terreos costeiros.[78]
  • 2021, xullo. A Xunta de Galicia solicita que o traslado se financie con fondos europeos,[79] e reclama a permanencia da factoría privada no terreo público.[80]
  • 2023, febreiro. O Tribunal Supremo contradí a sentenza da Audiencia Nacional ao estimar o recurso de ENCE.[81] O tribunal sostén que é posíbel prorrogar as concesións anteriores á Lei de Costas de 1988, no caso de existir informes ambientais favorabeis.[82] A Unión Europea inicia un procedemento de infracción contra o Estado Español por non garantir a libre competencia e por prorrogar, sen xustificación, unha concesión costeira máis aló dos setenta e cinco anos.[83]
  • 2023, marzo. O Concello de Pontevedra presenta un recurso de nulidade contra a sentenza do Tribunal Supremo que legaliza a presenza da pasteira en Lourizán.[84]
  • 2023, maio. A Avogacía do Estado solicita tamén a nulidade da sentenza do Supremo sobre Ence.[85]

Notas editar

  1. As campañas de repoboamento forestal do franquismo continuarán até a década de 1970 chegando a plantar, só en Pontevedra, 70000 hectáreas de monte.[3][4]
Referencias
  1. 1,0 1,1 "Cúmprese medio século dende que Franco inaugurou ENCE". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-02-28. 
  2. Rico Boquete (1997). p.79
  3. Rico Boquete (1997). p.55
  4. Rico Boquete (2019). La repoblación forestal pública en Galicia durante el siglo XX (PDF). Consello da Cultura Galega. 
  5. Rico Boquete (1997). pp.27-28
  6. Rico Boquete (1997). pp.30
  7. Rico Boquete (1997). pp.30-33
  8. Rico Boquete (1997). p.39
  9. Rico Boquete (1997). p.56
  10. Rico Boquete (1997). p.66
  11. Rico Boquete (1997). p.59
  12. "Concesión prorroga ENCE" (PDF). Encefora.gal. Consultado o 21/02/2023. 
  13. Rico Boquete (1997). pp.66-69
  14. Rico Boquete (1997). p.61
  15. "BOE-A-1963-24190 Orden de 7 de octubre de 1963 por la que se concede la calificación de «industria de preferente interés forestal» a la Empresa Nacional de «Celulosas de Pontevedra, S. A.».". www.boe.es. Consultado o 2023-02-28. 
  16. Rico Boquete (1997). pp.88-93
  17. Rico Boquete (1997). pp.70-71
  18. "Contaminación por mercurio". Consumer. 2007-03-15. Consultado o 2023-03-31. 
  19. 19,0 19,1 Ecologistas en Acción (2010). "Informe sobre la contaminación causada por el mercurio de la industria clorocáustica" (PDF): 5. 
  20. "Ence di que non contamina, á APDR dálle a risa". vieiros.com. Consultado o 2023-04-10. 
  21. "ENCE: un século de políticas forestais ao son do eucalipto". Praza Pública. 2023-02-26. Consultado o 2023-03-16. 
  22. Rico Boquete, Eduardo (2018). "Las ayudas públicas a la repoblación forestal privada en Galicia, 1952-1992" (PDF). SÉMATA, Ciencias Sociais e Humanidades (Universidade de Santiago de Compostela) (30): 319–338. 
  23. Rico Boquete (1197). pp.113-117
  24. "BOE-A-1988-18762 Ley 22/1988, de 28 de julio, de Costas.". www.boe.es. Consultado o 2023-03-20. 
  25. 25,0 25,1 25,2 Pérez Pena, Marcos (2016-01-26). "Portas xiratorias en ENCE. Quen é quen". Praza Pública. Consultado o 2023-04-04. 
  26. 26,0 26,1 "Ence: la ocupación que no cesa". lamarea.com (en castelán). 2023-02-15. Consultado o 2023-03-31. 
  27. "Méndez toma el timón de Ence". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-07-23. Consultado o 2023-04-04. 
  28. Asociación Pola Defensa da Ría (2015). O libro branco de ENCE (PDF). p. 8. 
  29. "La Audiencia Provincial de Pontevedra condena a seis directivos de Ence-Elnosa por delito ecológico". www.europapress.es. 2002-11-05. Consultado o 2023-03-31. 
  30. Asociación Pola Defensa da Ría (2015). O libro branco de ENCE (PDF). pp. 21–22. 
  31. Ruiz, Alfonso Simón (2003-02-20). "Ence vende otro 50% de su filial Elnosa a Química de Portugal". Cinco Días (en castelán). Consultado o 2023-03-31. 
  32. "O supremo anula o acordo de supramunipalidade da Xunta de Fraga." (PDF). adega.gal. Consultado o 13/03/23. 
  33. Salvados (La Sexta) (21-11-2021). El alcalde de Pontevedra confiesa que el PP y Caixa Galicia intentaron convencerle para que apoyara a Ence. Escena en 2m 08s. 
  34. "El Sergas cifra en 500.000 las historias clínicas quemadas en Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 2004-05-20. Consultado o 2023-02-17. 
  35. Salvados (La Sexta) (21-11-2021). El alcalde de Pontevedra confiesa que el PP y Caixa Galicia intentaron convencerle para que apoyara a Ence. Escena en 5m 13s. 
  36. "Acordo sobre bases programáticas para a acción da Xunta de Galicia que asina os grupos políticos PSdeG-PSOE e BNG. p.22" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de abril de 2023. Consultado o 13 de abril de 2023. 
  37. "Las bases para negociar el traslado de Ence se presentarán en enero". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-12-02. Consultado o 2023-04-10. 
  38. "Méndez deja la presidencia de Ence tras ceder la mayoría". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-04-12. Consultado o 2023-04-05. 
  39. Asociación Pola Defensa da Ría (2015). O libro branco de ENCE (PDF). p. 8. 
  40. "La Xunta dice ahora que habrá acuerdo con Ence «en cuestión de meses»". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-11-30. Consultado o 2023-04-13. 
  41. "Vázquez afirma que no hay ninguna posibilidad de prórroga para Ence". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-11-30. Consultado o 2023-04-13. 
  42. "Sin noticias sobre el traslado tras los rumores de As Pontes". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-11-21. Consultado o 2023-04-13. 
  43. "Medio Ambiente da vía libre a la licencia verde de Ence y a Elnosa". La Voz de Galicia. 2008-05-02. Consultado o 2023-04-10. 
  44. "Lores acusa a los socialistas de incumplir el pacto sobre Ence en el Gobierno gallego". Faro de Vigo (en castelán). 2008-05-07. Consultado o 2023-04-10. 
  45. "Lores cualifica de "traizón" a nova autorización a Ence". vieiros.com. Consultado o 2023-04-10. 
  46. "El alcalde de Pontevedra cree que Medio Ambiente pretende la continuidad de Ence en la ría". La Voz de Galicia (en castelán). 2008-05-07. Consultado o 2023-04-10. 
  47. 47,0 47,1 "Cronoloxía: ENCE 2073, da promesa do traslado ao traxe á medida para a permanencia". Praza Pública. 2016-01-25. Consultado o 2023-04-10. 
  48. "Feijoo recalca la apuesta del PP por trasladar Ence dentro de la comarca". La Voz de Galicia (en castelán). 2009-05-22. Consultado o 2023-04-10. 
  49. "Feijóo dice que trasladar Ence fuera de Ría de Pontevedra es "decisión personal" que ya comunicó a compañía". www.europapress.es (en castelán). 2009-06-26. Consultado o 2023-04-13. 
  50. "Feijóo reunirase con Ence en breve para estudar a súa recolocación en Pontevedra". Diario de Pontevedra. 2009-05-21. Consultado o 2023-04-13. 
  51. "El ex conselleiro de Medio Ambiente de Fraga ficha por ENCE". El País (en castelán). 2009-06-30. ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-04-10. 
  52. 52,0 52,1 "La relación de Ence y el PP: Rajoy les dio una prórroga ilegal y políticos de Medio Ambiente estuvieron en su Consejo de Administración". www.lasexta.com (en castelán). 2021-11-21. Consultado o 2023-04-13. 
  53. "El PSOE revela que Ence exigió a la anterior Xunta 500 millones de euros por su traslado". Faro de Vigo (en castelán). 2010-02-17. Consultado o 2023-04-10. 
  54. "O traslado de Ence ás Pontes "frustrouse" porque o que pedía a empresa "era excesivo"". vieiros.com. Consultado o 2023-04-10. 
  55. "Telmo Martín pide que Ence no siga en 'una zona robada por la dictadura'". www.elmundo.es (en castelán). Consultado o 2023-04-10. 
  56. "Feijóo ve "ambigüidade e demagoxia" no traslado de ENCE, que prometeu en 2009 e 2012". Praza Pública. 2015-04-29. Consultado o 2023-04-13. 
  57. "O Estado abre a porta á permanencia de Ence na ría de Pontevedra". Praza Pública. 2012-07-13. Consultado o 2023-04-13. 
  58. "A nova Lei de Costas deixa desprotexidas as rías galegas". Praza Pública. 2012-10-06. Consultado o 2023-04-13. 
  59. Vélez, Antonio M. (2016-03-17). "Isabel Tocino, la expolítica que más cobra como consejera: 794.000 euros por estar en cuatro cotizadas". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-04-13. 
  60. "Moreira pide á ministra de Medio Ambiente que faga prevalecer o interese de Pontevedra por riba do de ENCE". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-04-10. 
  61. "Empeza a conta atrás... Moreira desvelará o 27 de marzo a súa postura sobre ENCE". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-04-13. 
  62. "Jacobo Moreira apoia que ENCE siga na Ría con 'condicións': máis emprego e redución "drástica" de emisións". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-04-13. 
  63. Pérez Pena, Marcos (2016-01-25). "ENCE: 60 anos máis en Pontevedra". Praza Pública. Consultado o 2023-04-18. 
  64. 64,0 64,1 "O Goberno central cambia o criterio e deixa de defender a prórroga de ENCE ante a Xustiza". Praza Pública. 2019-03-14. Consultado o 2023-04-28. 
  65. Lombao, David (2016-02-22). "Rajoy xa é "non grato" en Pontevedra por blindar ENCE ata 2073". Praza Pública. Consultado o 2023-02-17. 
  66. "Directiva (UE) 2016/2284 do Parlamento Europeo." (PDF). 14/12/2016. 
  67. "A Unión Europea prohibe a Elnosa seguir utilizando mercurio a partir de decembro". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-04-27. 
  68. "Elnosa pechará o 29 de xullo ao caducar a súa concesión". Praza Pública. 2018-07-11. Consultado o 2023-04-27. 
  69. Pontevedra, Diario de (2022-05-20). "Elnosa desaparece do mapa". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-04-27. 
  70. "A Xunta renova a autorización ambiental a Ence tras ampliarlle a concesión o Goberno de Rajoy ata 2073". Praza Pública. 2018-11-05. Consultado o 2023-04-28. 
  71. "Las grandes familias accionistas de Ence se frotan las manos con la entrada en el Ibex". CapitalMadrid. Consultado o 2023-04-27. 
  72. Informe de Ence sobre presencia de mercurio en Pontevedra.
  73. Cortizo, Gonzalo (2021-04-13). "Un informe interno de Ence alerta de vertidos de mercurio a la Ría de Pontevedra procedentes de una antigua filial y advierte del riesgo para la salud". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-03-13. 
  74. Salgado, Daniel (2021-03-01). "El consejero delegado de Ence: “En Pontevedra podemos tener un susto medioambiental mayúsculo, que puede afectar a las personas”". elDiario.es (en castelán). Consultado o 2023-04-28. 
  75. "Fiscalía investigará a seguridade en ENCE tras advertir o seu presidente dun posible "susto ambiental maiúsculo"". Pontevedra Viva. Consultado o 2023-04-28. 
  76. "A Audiencia Nacional considera ilegal a prórroga da concesión a Ence outorgada polo Goberno de Raxoi en funcións". Nós Diario. 2021-07-16. Consultado o 2023-04-28. 
  77. "A Audiencia Nacional ratifica noutra sentenza a anulación da prórroga de Rajoy a Ence á espera do ditame definitivo do Supremo". Praza Pública. 2021-10-19. Consultado o 2023-04-28. 
  78. Reinero, David (2021-07-16). "A Audiencia Nacional anula a prórroga a Ence outorgada por Rajoy porque non xustificou que deba estar na ría". Praza Pública. Consultado o 2023-04-28. 
  79. "A Xunta pide que o Estado financie o traslado de ENCE cos fondos europeos de recuperación". Praza Pública. 2021-07-19. Consultado o 2023-04-28. 
  80. "A Xunta clama por que Ence siga en terreos públicos da ría de Pontevedra malia á sentenza da Audiencia Nacional". Praza Pública. 2021-09-03. Consultado o 2023-04-28. 
  81. Ferreiro, Xacobe (2023-03-09). "Quen son os maxistrados que están detrás da sentenza favorábel a Ence?". Nós Diario. Consultado o 2023-05-04. 
  82. "O Supremo avala a prórroga da concesión de Ence na ría de Pontevedra". Praza Pública. 2023-02-07. Consultado o 2023-05-04. 
  83. "A UE investiga a España por impedir a competencia nas concesións litorais a "por exemplo, empresas papeleiras"". Praza Pública. 2023-02-16. Consultado o 2023-05-06. 
  84. "O Concello aproba presentar un incidente de nulidade de actuacións fronte á sentenza do Tribunal Supremo no caso Ence". Concello de Pontevedra. 2023-03-13. Consultado o 2023-05-10. 
  85. Diario, Nós (2023-05-09). "Avogacía do Estado presenta un recurso contra a prórroga de Ence e Rueda mostra o seu "desgusto"". Nós Diario. Consultado o 2023-05-10. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Multimedia: ENCE Pontevedra
  Galiza Contrainfo (2016). Ence: 60 anos máis?. 
  Rodrigo Cota (2018). ‘Fóra’: o documental da loita contra ENCE. 
  Salvados (2021). Ence: La Casa del papel. La Sexta. 

Ligazóns externas editar