Carlos del Álamo

enxeñeiro e político español

José Carlos del Álamo Jiménez, nado en Madrid en 1951, é un enxeñeiro e político do PP.

Carlos del Álamo
Nacemento1951
Lugar de nacementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Politécnica de Madrid
Ocupaciónsilvicultor, enxeñeiro forestal e político
editar datos en Wikidata ]
Medalla de Galiza.svg

TraxectoriaEditar

Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid, realizou dous cursos de Doutoramento na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes. Foi profesor de Medio Ambiente nas Universidades de Santiago, Vigo, Madrid e na Internacional Menéndez Pelayo. Desempeñou cargos no Instituto para a Conservación da Natureza (ICONA) en Teruel e Galicia. Foi director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia (1990-1996). En xuño de 1996 foi nomeado director xeral de Conservación da Natureza do Ministerio de Medio Ambiente e vicepresidente do Organismo Autónomo de Parques Nacionais. En 1997 foi nomeado conselleiro de Medio Ambiente. É decano do Colexio de Enxeñeiros de Montes de Madrid. En 1997 recibiu a Medalla de Prata de Galicia.


Predecesor:
-
  
Conselleiro de Medio Ambiente
 
1997 - 2003
Sucesor:
Xosé Manuel Barreiro

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar