Concello de Pontevedra

institución administrativa do concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra é o máximo órgano de administración e goberno do municipio de Pontevedra. O actual alcalde de Pontevedra é Miguel Anxo Fernández Lores, no cargo desde o 4 de xullo de 1999.

Concello de Pontevedra
Pleno municipal en 2011
Tipoadministración municipal
EnPontevedra
PaísGalicia
42°25′55″N 8°38′49″O / 42.431944444444, -8.6469444444444
Na rede
https://www.pontevedra.gal/
editar datos en Wikidata ]
Casa Consistorial de Pontevedra de 1880.
Mansión do Marqués de Riestra, sede dos servizos administrativos do Concello.

Descrición editar

O Concello está composto por tres órganos: o Alcalde, que dirixe o Concello; o poder executivo, a Xunta de Goberno, composta polo Alcalde e os concelleiros designados por el; e o Pleno, unha asemblea elixida democraticamente que representa ao pobo de Pontevedra. O Alcalde é elixido polos membros do Pleno de entre os seus membros o día en que se constitúe a nova corporación municipal tras as eleccións locais.

Desde 1880, o Concello ten a súa sede na Casa Consistorial de Pontevedra, obra do arquitecto Alejandro Sesmero.[1] Desde 2010, os seus servizos administrativos centrais sitúanse na antiga mansión do Marques de Riestra de finais do século XIX na rúa Michelena 30.[2] Tamén desde 2010, e con motivo dunha reforma integral do Concello, os plenos municipais celébranse no Teatro Principal.[3]

Eleccións locais editar

Resultados de eleccións municipais recentes en Pontevedra[4]
Partido 2019 2015 2011 2007
% Votos Escanos % Votos Escanos % Votos Escanos % Votos Escanos
Bloque Nacionalista Galego (BNG) 39.79 16 500 11 43.08 17 050 12 39.25 17 130 11  28.26  12 412 7
Partido Popular de Galicia (PPdeG) 30.00 12 440 9 27.10 10 725 7 39.52 17 244 11 44.15 19 387 12
Partido dos Socialistas de Galicia (PSOE– PSdeG) 13.98 5 797 4 10.81 4 277 3 13.30 5 803 3 22.33 9 807 6
Cidadáns (Cs) 5.17 2 142 1 5.73  2 268 1 - - -  - -
Marea Pontevedra (MA.PO)-Esquerda Unida (EU) 3.60 1 492 - 8.14  3 222 2 1.63 712 - 1.35   594 -

Alcaldes editar

O 3 de abril de 1979 o Concello constituíuse como entidade democrática, celebrándose as primeiras eleccións democráticas durante a transición española á democracia. Os alcaldes desde entón son:[5]

Alcaldes desde as eleccións municipais de 1979
Lexislatura Nome Partido
1979-1983 José Rivas Fontán Unión de Centro Democrático (UCD)
1983-1987 José Rivas Fontán Alianza Popular (AP)
1987-1991 José Rivas Fontán Independentes de Galicia
1991-1995 Javier Cobián Partido Popular (PP)
1995-1999 Juan Luis Pedrosa Partido Popular (PP)
1999-2003 Miguel Anxo Fernández Lores Bloque Nacionalista Galego (BNG)
2003-2007 Miguel Anxo Fernández Lores Bloque Nacionalista Galego (BNG)
2007-2011 Miguel Anxo Fernández Lores Bloque Nacionalista Galego (BNG)
2011-2015 Miguel Anxo Fernández Lores Bloque Nacionalista Galego (BNG)
2015-2019 Miguel Anxo Fernández Lores Bloque Nacionalista Galego (BNG)
2019-2023 Miguel Anxo Fernández Lores Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Notas editar

  1. "La Casa Consistorial afronta su segunda reforma integral en 129 años de historia". Faro (en castelán). 29 de marzo de 2009. Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  2. "Secretos desvelados de Michelena 30, la sede central del Concello de Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de maio de 2022. Consultado o 31 de xaneiro de 2023. 
  3. "Los plenos municipales regresarán al Teatro Principal el 19 de septiembre". Pontevedra Viva (en castelán). 22 de agosto de 2022. Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  4. "Elecciones municipales 2019 Pontevedra". El País (en castelán). 27 de maio de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 
  5. "Corporacións dende 1979". Concello de Pontevedra. Consultado o 30 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar