David Lombao
xornalista galego
David Lombao, nado en Lugo en 1985, é un xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 (38/39 anos) Lugo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Traxectoria
editarEstudou Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e comezou a súa traxectoria profesional nos informativos de Radio Galicia-Cadena SER. Máis tarde traballou en RadioVoz, cando tamén colaborou co suplemento literario de Tempos Novos, e en 2008 formou parte do redacción de Xornal de Galicia centrándose na crónica parlamentaria e na información política galega.
Foi un dos fundadores do xornal dixital Praza Pública, onde actualmente tamén é redactor, e diríxeo desde 2013. Tamén realiza colaboracións habituais no xornal Eldiario.es e na canle de televisión Nós.