Galiza Contrainfo
Galiza Contrainfo é un medio de comunicación comunitario galego de contrainformación, alternativo, autoxerido e sen ánimo de lucro cuxos inicios datan de febreiro de 2010,[1][2] aínda que o seu primeiro vídeo é de 2013.[3] Os seus traballos son en formato fotográfico e audiovisual e difúndense principalmente a través das redes sociais, aínda que tamén o fan a través de Nós Televisión. Está centrado na gravación e difusión de acontecementos sociais como manifestacións ou protestas de temática feminista, ecoloxista ou nacionalista galega, así como na análise da situación política do momento. En 2018 produciu o documental Un país de cinzas.[4]
Galiza Contrainfo | |
---|---|
Tipo | Medio de comunicación |
Fundación | Febreiro de 2010 |
Tendencia | Nacionalismo galego |
Lingua | lingua galega |
Ámbito | Galiza |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Notas Editar
- ↑ "Galiza Contrainfo". www.facebook.com. Consultado o 2019-03-19.
Comezo en febreiro de 2010, Galiza Contrainfo é unha iniciativa independente, non comercial e autoxerida de contra-información audiovisual galega.
- ↑ "manifestaçom do foro da mocidade de vigo (21-01-2010)". 2010-01-21. Consultado o 2019-03-19.
- ↑ Insurrección en Grecia tralo asasinato policial de Grigoropoulos (6-8 de decembro do 2008) (Galiza Contrainfo). 11/03/2013.
- ↑ "Un país de cinzas". Nós Televisión. 2018-10-17. Consultado o 2019-03-19.