Benvido á Galipedia, Nonso91!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Hugo22 00:39, 18 decembro 2008 (UTC).

Imaxe sen licenza e/ou orixeEditar

 
Esta imaxe será borrada por carecer de licenza e de orixe
 


Ficheiro:Luigi II d'Assia.jpg
Ficheiro:Luís de hesse.jpg

Ola Nonso91, grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso desta/s imaxe/s cómpre incluír, ampliar ou aclarar a información do ficheiro.

Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".

A orixe: A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti (Obra propia (''self made'').
É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte débese a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten "copyright", e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámo-la Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con "copyright") ten tamén "copyright" e non se pode subir (Véxase a política de uso de imaxes ou Commons:Obras derivadas)

A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.
A licenza: Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou "copyright" e a orixe ou "source".
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres chaves (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Wikipedia galega (Galipedia). A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ve-la licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.

Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se poden subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 2.500.000 arquivos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia (non é preciso subilas de novo) ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia.

¿Como incorporar os datos ás imaxes? ¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, fai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda a páxina


Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo.

Saúdos e grazas. Xan de ningures 15:28, 18 decembro 2008 (UTC)

CorrecciónsEditar

Graciñas por corrixires textos doutros usuarios. Unha cousiña que igual non sabes: palabras como ata ou até cómpre que queden tal e como as puxo o primeiro editor. O mesmo para -bel/ble e Galiza/Galicia. Dígocho porque vin que mudaches un até por ata, e non hai necesidade para tal cousa. Sexa como for, agradécese e moito ter correctores na Galipedia. Un saúdo.--Atobar (conversa comigo) 16:36, 29 maio 2009 (UTC)

Moi ben, Nonso91. Vémonos daquela nas correccións, que eu tamén acostumo a lle dedicar un tempiño. E lémbrate de asinares cando comentes algo nas páxinas de conversa de usuario, para o caso a miña. Saúdos.--Atobar (conversa comigo) 19:56, 29 maio 2009 (UTC)

Outras normativasEditar

Boas, Nonso91. Pois, ao respecto do que me preguntas, a normativa pola que nos guiamos é a da RAG. En realidade, é a mesma que emprega todo o mundo en Galiza, ou ao menos todo o mundo de maneira oficial. A última reforma é, como ben dis, a levada a cabo en 2003, que máis ben veu a ser unha actualización lingüística, pero iso non muda nada, pensa que as Academia Española modifica anualmente as entradas do seu dicionario e outras. A min, francamente, e xa entro na opinión persoal, a da RAG paréceme unha normativa moi boa, mellorábel, como todas o son , pero de moi bo ver. As outras normativas en Galiza serían as que propugnan a AGAL ou a AGLP, pero como entenderás, esas, na Galipedia, ao igual ca na inmensísima maioría da sociedade, eu calculo un 99% (estatísticas fiábeis non as hai), non son oficiais e xaora non poden ser empregadas. Funme polo biosbardos; centrando o tema: a normativa RAG, tremendamente aperturista, é a nosa. Con todo, Aquí che vai unha páxina de axuda lingüística por se lle queres botar un ollo. Un saúdo e a choiar. --Atobar (conversa comigo) 09:03, 29 xuño 2009 (UTC)

Ate, até e ataEditar

Nonso91, unha cousiña de nada: os ata, ate e até cómpre respectalos tal cal o deixa o primeiro editor. Lémbrao para vindeiras correccións. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 18:30, 1 setembro 2009 (UTC)

Xa imaxinei que sería algo así, pero comenteicho polo si ou polo non, non fose ser. Outra cousa: para asinares, telo que facer premendo no cuarto botón, o do garabato, que hai de dereita a esquerda xusto enriba do cadro de escrita. Falamos. --Atobar (conversa comigo) 18:55, 1 setembro 2009 (UTC)

O Consello de Estados non é o mesmo que o Consello Nacional de Suíza !!!Editar

Por favor Nonso91 como se che ocorre dicir que o Consello de Estados de Suíza é o mesmo ca o Consello Nacional de Suíza ??

Asegúrate por favor antes de cambiar as cousas e volve a cambiar o titulo do artigo a "Consello de estados de Suíza" ! (Eu non sei como se fai!)

Consello de Estados = representa os cantons (46 deputados) Consello Nacional = representa os cidadans (200 deputados) Os dous xuntos forman o parlamento ou a "Asemblea federal" Cambia a ligazón que lle puxeches.

Ademais, o título non ten ningún problema de concordancia co número! Chámase "Consello de Estados" porque os "estados" resultan ser os 27 cantons suizos!

Non podo entender como se lle permite cambiar á xente cousas cando nen sequera se aseguran de antemán do que estan a facer !

Grazas polas tuas correcións da linguaEditar

Ola Nonso91

Efetivamente, Estados non concordaba con suízo, aí estou de acordo contigo. Quería simplemente dárche as grazas polas túas correcións en materia lingüistica, vexo que dominas moi ben a lingua. Xa me gustaría a min ter as o teu saber neste ámbito. Paseniñamente irei mellorando.

Un saúdo dende Suíza.

EspazosEditar

Ola, Nonso91. Vin que estabas a meter espazos baleiros entre os títulos e os textos. Non só é innecesario, senón que o que se tenta facer precisamente na Galipedia é reducir eses espazos que non achegan nada, e que na visualización desaparecen. :) Un saúdo. --Xabier Cid Conversa 17:49, 4 outubro 2009 (UTC)

Ola, tes que ter coidado coa colocación dos pronomes átonos, tamén utilizábanse é incorrecto. Podes consultar isto [1]. Que non che desanime o meu comentario, fas moi bo labor.--RNC 15:35, 12 outubro 2009 (UTC)

CorreciónsEditar

Graciñas polas correccións, tereinas en conta a partir de agora. Un saúdo! --FleaRHCP Conversa

Lingua galegaEditar

Boas, Nonso. Revertín a edición que fixeches en lingua galega. Seguro que o comprenderás, pero se queres expor algo, faino na páxina de conversa do artigo, para que poidas opinar a comunidade. De feito, nesa páxina de conversa tes algunhas conversas vellas que van bastante ao fío do que ti inseriches. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 12:27, 26 outubro 2009 (UTC)

Ola, Nonso91. Vou ser moi explícito: nunha cabeceira de seis liñas, dúas delas non poden server para defender unha postura reintegracionista que en base á realidade resulta a todas luces superminoritaria na sociedade galega. Xa non entro ao que pensen ou non o groso dos lingüistas, senón a que a cabeceira ten que ser un resumen co básico e fundamental, e esas dúas liñas, coido, non o son. En calquera caso, no artigo, máis abaixo, verás que hai un apéndice titulado Función normalizadora, no que si se menciona o movemento reintegracionista e o lusismo en xeral. Por outra banda, non sei se como dis nalgún momento alguén meteu este texto e logo desapareceu, pero se foi así non creo que fose unha boa edición. Canto ás outras wikipedias, tampouco non sei moi ben o que din, pero teño a impresión que sobre este tema temos mellores fontes, máis datos e máis base os galipedistas ca os wikipedistas doutras linguas. De calquera maneira, se cadra até tes razón e fai falla meter esas dúas liñas, de modo que si sería bo que espuxeses o tema na páxina de conversa do propio artigo. E nomeadamente sería bo que o comentases co usuario RNC, que coñece ben o asunto e sobre todo ten máis interese ca min, porque a min, confésoche, a teima do reintegracionismo abúrreme soberanamente. Con todo, se queres datos ou unha opinión máis argumentada e sólida, pódocha dar, pero ao correo electrónico, que isto non é un foro. En todo caso, en principio parece que con isto debería ser abondo. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 16:10, 26 outubro 2009 (UTC)

Grazas polas correcciónsEditar

Boas, Nonso91,

Grazas polas correccións das páxinas que criei. Sempre que poidas, por favor, verifica-las; eu estou aprendendo a lingua galega para axudar esta enciclopedia. Unha aperta, Isaac Mansur Conversa 17:41, 2 novembro 2009 (UTC)

Ola Nonso91. Bo traballo en Montserrat Caballé. Sería caralludo que tamén lle poideras botar un ollo a q:Montserrat Caballé, graciñas. HombreDHojalata 19:36, 5 novembro 2009 (UTC).

Cando o mirei era xa un pouco tarde e ademais tamén estaba facendo outras cousas e non lin en profundidade o artigo, pero supoño que levabas razón, de feito xa o borraron; a verdade é que non son administrador, tan só un usuario do común.--RNC 15:10, 9 novembro 2009 (UTC)

Lista de episodios de O detective ConanEditar

Ola Nonso91. A páxina da lista de episodios de O detective Conan estaba moi ben, para que a modificas? O que pasa e que tal como a pos ti ten os resumos dos capítulos, pero así a páxina está toda perralleira, xa que non se contruíu unha táboa nin se respecta a orde. Rógoche que non fagas máis cambios e que non son un vándalo, nunca me atrevería a iso. Espero que o comprendaas.

Correcións ortográficasEditar

Ola,nonso. Decateime de que cambiaches moito do que escribín no artigo da Primeira Guerra Mundial. Por favor, deixa de cambiarme os verbos, non vou empregar o infinitivo conxugado nin a segunda forma do artigo. En diante prefiriría que as túas correcións quedasen xustificadas, porque cambiaches a os textos sen motivo ningún, xa que eran perfectamente normativos. Prégoche que non o volvas facer. Grazas. --Silverfox 19:43, 4 decembro 2009 (UTC)

Xa é un tema pasado, e xa me olvidara del, a verdade. E busquei o infinitivo conxugado na gramática galega que teño do 2003 pero non o atopei, así que coido que terás que corrixirme máis dunha vez. --Silverfox 01:21, 20 xaneiro 2010 (UTC)

EspazosEditar

Boas, Nonso. Ao primeiro, moi ben por todas esas correccións de lingua! E ao segundo pedirche que non modifiques os espazos destinados a facer máis sinxela a edición. Revertín nalgúns casos e modifiquei en moitos outros, boa parte das túas edicións. E aínda lle quedan. Refírome só aos espazos, o resto está caralludamente corrixido. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 14:31, 15 febreiro 2010 (UTC)

Nonso91, o que che dicía Xabier Cid estaba ben dito: non hai que engadir espazos para cadrar textos, pero iso non é o mesmo que respectar as separacións que axudan á edición. Para que nos entendamos, póñoche un exemplo que podía ser calquera outro: o artigo de Chus Pato, que ten o espazado ben feito. Bótalle un ollo e cólleo de exemplo, porque ben vale como modelo a seguir. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:42, 2 marzo 2010 (UTC)

Balón da Champions League, votación para borrarEditar

Ola. Fixen unha proposta que igual te interesa aquí. Un saúdo. --HombreDHojalata conversa 15:40, 20 febreiro 2010 (UTC).

Re:FelipeIIEditar

Moitas gracias pola tua aclaración, eu non son partidario de facer iso xa que me recorda moito o problema que hai na wikipedia en castelá co artigo Rianjo por exemplo, por eso prefiro poñer o nome tal como aparece na obra, e como se lle chamou tradicionalmente ó rei. Pero por suposto non vou a emprender unha guerra de edicións nin nada polo estilo, únicamente é a miña valoración persoal; así que acatarei a norma ainda que non a comparta. Un saudo e moitas gracias polas tuas axudas en materia de corrección ortográfica, de verdade as valoro moitísimo.--Carronada 19:55, 10 marzo 2010 (UTC)

Artigos DisneyEditar

Pois coido que temos un problema cos artigos Disney. Son decote vandalizados polo que semella o mesmo editor (estranxeiro) e que pode que sexa incluso o creador dos artigos, porque se nota que están feitos con tradutor, moitos deles incluso pode sexa certo que deberan ser eliminados. Hai que revisalos a fondo para que permanezan, algúns máis ca outros. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 00:10, 21 marzo 2010 (UTC)

Can you improve The Simpsons Movie? Thanks. 68.220.179.107 18:40, 21 marzo 2010 (UTC)

Boas! Creo que non debemos entrar ó xogo del, despois de todo o que nos fixo sufrir, eu cando menos canseime de desface-los seus vandalismos, protexer páxinas e bloquea-los seus usuarios e ips. Non sei que tipo de interese ten el en engadir artigos feitos con tradutor automático. De crearmos o artigo sería mellor crealo baixo os nosos propios parámetros (xa sexa unha adaptación doutra wikipedia, ou con contido propio) en troques de obedecer a este usuario. En definitiva, de crearse, é preferible facelo ó noso aire e non copiar o que fixo el, aínda que sexa correxido. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 20:56, 21 marzo 2010 (UTC)

  Feito! Non sei como fai para editar tan rápido dende diferentes ips, a verdade é que é desesperante, mais vai ter que ser moi persuasivo para que canse eu antes. Saúdos. --Alberte Si, dígame? 21:10, 21 marzo 2010 (UTC)

VoltarEditar

Ola, Nonso. O VOLGA non recolle o verbo *voltar. Estás seguro de que existe? Que referencias tes? Saúdos. Xoacas(sólo la puntita) 23:07, 30 de maio de 2010 (UTC)

O mesmo para *cómo. Xoacas(sólo la puntita) 23:08, 30 de maio de 2010 (UTC)
Ten razón, Xoacas: voltar non figura no VOLGa. Canto ao *cómo, soamente lle chantamos o acento gráfico se hai posibilidade de dúbida, é dicir, unha de cada tropecentas veces. Nin o que, como, cando, canto levan acento gráfico. Supoño que xa o sabes, pero confírmoo polo si ou polo non. Un saúdo e bo traballo. --Atobar (conversa comigo) 10:01, 31 de maio de 2010 (UTC)
Nonso, non lle deas máis voltas; chántalle un volver namentres voltar non figure como correcto. O VOLGa ten fallos, por suposto, e poida que este sexa un deles. Eu, ás veces, contáctaos para llos facer saber, porque de aquí a pouco vai saír un novo DRAG cun considerábel número de entradas novas e é bo que estas cousas sexan arranxadas. Voltar, con todo, non está recollida, nin o estivo antes. Pero iso non quere dicir que estea mal. Así, o Gran Xerais, cuxa última fornada ten uns meses de vida, si o recolle. E por suposto en portugués voltar tamén é unha palabra perfectamente válida. Daquela, contactemos coa RAG para que o chante na vindeira revisión, pero até daquela cingámonos ao que hoxe, e non mañá, é oficial. A democracia é imperfecta pero é a mellor forma de goberno, ben, pois algo así pasa co VOLGa. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 19:17, 1 de xuño de 2010 (UTC)
Por certo, todo isto pódelo consultar ti mesmo. Aí che van as dúas ligazóns útiles, de carácter oficial: [2] [3] --Atobar (conversa comigo) 19:19, 1 de xuño de 2010 (UTC)
  • A verdade é que voltar non está recollido no VOLGA, e tampouco vén no dicioario da RAG, no Gran Dicionario Cumio póñenlle asterisco e remiten a voltar, e o Gran Xerais (ed. 2000) aparece en letra pequerrecha (admitido, pero non como forma preferente). Sarmiento e Eladio Rodríguez recolleron voltar (Sarmiento co significado de "repetir el volver" e Eladio como "volver", "regresar"...), pódese comprobar no dicionario de dicionarios [4]. Sendo estritos, non se pode usar, e penso que este tema non está pechado (habería que investigalo máis), e non creo que sexa lusismo ao recolléreno por exemplo Sarmiento ou Eladio. Outra cousa é falarmos de frecuencia de uso, onde volver é maioritario. --Xoán Carlos Fraga 20:48, 1 de xuño de 2010 (UTC)

A miña formación ten medio de letras e medio de ciencias, pero pouco de cada. Por iso toda a explicación que me deches resultoume moi agradable de ler, porque de todos os xeitos é un tema que me interesa moito. Pero, precisamente porque non sei de lingua máis que o que falo, procuro deixar que o dicionario decida por min. Creo que o que di Tobar vai na dirección máis axeitada: a lingua é un ser vivo e os académicos non, haberá que facer que se movan. Un saúdo. Xoacas(sólo la puntita) 21:06, 1 de xuño de 2010 (UTC)

  • Nonso91, de calquera maneira, após e voltar son dous casos que debemos tratar por separado, visto que após si figura na normativa de maneira explícita, e non así voltar. Olla para a páxina 180 das normas oficias. [5]. Un saúdo. Se atopas máis casos, vainos expondo e xa os comentamos. Un saúdo e a seguir co varal. --Atobar (conversa comigo) 11:35, 2 de xuño de 2010 (UTC)
  • A Gramática da lingua galega (ed. 2006) de Freixeiro Mato recolle voltar (perífrase voltar a + infinitivo ex. Ninguén voltou a ollala dende o día que chegaran [E. Blanco-Amor], mais a Gramática de Rosario Álvarez et alii penso que non a contempla. Eu non son partidario de dicir que "voltar" sexa incorrecta, pois hai dicionarios e gramáticas galegos (actuais e pasados) que a recollen como válida; mais actualmente a RAG non a contempla (aínda que creo que non deixou nota explícita condenando o seu uso, como fixo con outras incorreccións). Resumindo, hai lingüistas que a aceptan como válida e hai outros que a consideran incorrecta. Esperemos que a RAG deixe claro no seu próximo dicionario -ou en calquera publicación- se se pode usar ou non -e o porqué, se for posíbel-. --Xoán Carlos Fraga 20:10, 2 de xuño de 2010 (UTC)

A homosexualidade na historiaEditar

Ola, Nonso. vin a edición que fixeches en A homosexualidade na historia e estou de acordo con ela, pero no sei se terías en conta que se trata dunha cita literal dun libro. Non sei que é o que se adoita facer nestes casos, se manter o acento incorrecto ou corrixilo. No primeiro caso poderíamos encher a Galipedia de faltas de ortografía, no segundo poderíamos cansarnos de emendar todo texto de Rosalía, Pondal, Castelao... A ver que che parece. Un saúdo. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 15:36, 22 de xuño de 2010 (UTC)

Listado / Sen embargoEditar

Ola Nonso, dinme conta deses erros ao ver as túas correcións pero debe ser o costume e non mo dou sacado da cabeza. Procurarei non repetilos a partir de agora. Moitas grazas polo aviso e un saúdo. --Beninho 19:53, 22 de xuño de 2010 (UTC)

EscorrentíaEditar

É moi probable que sexa un castelanismo, pero daquela haberá que buscar algunha palabra que o poida substituir. O seu significado ven sendo o de camiño que buscan as augas baixo a acción da gravidade, ou ben sobre o terreo, ou sobre o pavimento, ou a través dos elementos construídos. Ten en conta tamén que, mesmo en castelán, non se emprega esta palabra se non é dentro dun rexistro técnico moi de arquitectos e enxeñeiros. Se atopas algún modo mellor de expresalo aforraremos un castelanismo innecesario. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:55, 27 de xuño de 2010 (UTC)

Se che parece ben, ímoslle preguntar a Lameiro, que é quen se está currando o artigo. Déixolle unha nota e seguimos logo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 18:28, 27 de xuño de 2010 (UTC)
Escorredura sería o efecto de escorrer/escoar, e non nos vale (logo veremos que significa máis cousas). Escorrentía semella, efectivamente, castelán, xa que non o recolle dicionario ningún. A forma galega para a auga de chuvia que corre sobre a terra ou penetra nela sería escorras. Referencias: vén no VOLGa (sen significado, claro), no Gran Xerais, Galaxia; tamén no Glosario de Voces Galegas de Hoxe: escorras, escorros, residuos de las aguas de lluvia, pero só o recolle en Friol e Sobrado. No Ir Indo vén escorras (sin. escorredura) co significado de restos de líquido nun recipiente (o viño na cuba); tamén así no Dicionario de sinónimos de Galaxia. ¿Válevos? Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 21:36, 27 de xuño de 2010 (UTC)

A min váleme, que son de bo contentar. Nonso, cámbialo ti? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:00, 27 de xuño de 2010 (UTC)

CorrecciónEditar

Ola, Nonso. ¡Gracias polas túas correccións nos meus artigos! Con respecto a unha corrección feita na páxina Shutter Island, cambiaches "productora" por "produtora" , e segundo o Diccionario da Real Academia Galega:

productor -oraadx. 1. Que produce. Máquina productora de electricidade. Un país productor de viño. Tamén s. Os productores de aceite. Productores e consumidores. // s. 2. Empresario ou sociedade que organiza e financia unha obra cinematográfica. Fixéronlle unha entrevista ó productor da película.

Como podes observar consérvase o 'c'. ¿Que opinas?

¡Un saúdo! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Htc3594 (conversacontribucións) 15:37, 13 de xullo de 2010

Matrimonio entre persoas do mesmo sexoEditar

Ola, Nonso. Vin a túa edición en Matrimonio entre persoas do mesmo sexo e recuperei a forma afeminado que ti cambiaches polo seu sinónimo efeminado. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:12, 15 de xullo de 2010 (UTC)

Pois cambiamos lo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:27, 15 de xullo de 2010 (UTC)

Historia urbana de BarcelonaEditar

Ola, Nonso. Cando teñas tempo e ganas visita Historia urbana de Barcelona, porque teño a sensación de que ten algúns problemas de lingua que seguramente ti poderás arranxar mellor ca min. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:12, 17 de xullo de 2010 (UTC)

oal nonso, grazas pola axuda, como verás son novo é ainda me queda moito por deprender. --Nachete93 19:16, 23 de outubro de 2010 (UTC)

Mai/naiEditar

Nonso91, é certo que son sinónimos, pero penso que para o caso ben vale deixalo sempre en nai. Outramente, tamén debiamos deixar louro no canto de loiro e similares. É bo ter un patrón para determinadas palabras dentro dunha enciclopedia, e penso que esta é unha delas. Déixoo á túa elección. Un saúdo e bo traballo, coma sempre. --Atobar (conversa comigo) 13:34, 18 de novembro de 2010 (UTC)

en:Indo-European substrate hypothesisEditar

Hello,
can you please help translate this article into Galician? --Dmitri Lytov 06:52, 18 de decembro de 2010 (UTC)

Thank you very much for your translation. --Dmitri Lytov 08:00, 6 de febreiro de 2011 (UTC)

Jane AustenEditar

Desfixen os teus cambios no artigo por alteraren o sentido do texto, así é a dependencia da muller do matrimonio, isto é do feito de ter que casar para asegurar o status, non no matrimonio (dentro do matrimonio, que tamén pero non é ao que se refería nese contexto); un seu sobriño xa é un dos seus sobriños, non é o único sobriño e amplamente aceptada refírese a aceptada nun senso amplo..--Cheluco 17:58, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Unha outra, un outroEditar

Non sei se caeu en desuso pero podes ver que cualificados filólogos e escritores si que a utilizan [6] [7] --Cheluco 18:21, 27 de decembro de 2010 (UTC)

Ola!Editar

Rebenvido!--. HombreDHojalata.conversa 22:36, 14 de xullo de 2012 (UTC)

Vou tomando nota do traballo a facer ... mais, como é que non consigo atopar "no entanto" nin no VOLG ni no DIRAG?--. HombreDHojalata.conversa 19:16, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Grazas pola orientación! Tentarei amañalo eu, pero dáme uns días, se preciso de axuda conto contigo, xa te avisarei. --. HombreDHojalata.conversa 19:46, 15 de xullo de 2012 (UTC)
Xa vexo, ás 20:00 do 28 de decembro de 2011, as 20:00 UTC. Non te preocupes que o vou arranxar.--. HombreDHojalata.conversa 20:07, 15 de xullo de 2012 (UTC)

GrazasEditar

Boas Nonso91! Vin as correccións que fixeches a Humanae Vitae, moitas grazas. Podes explicalas? Mais que nada para non repetir os erros... Cando se pon á, ao, ás e aos e cando a, o, as, os? (Eu até agora empregaba os primeiros nos casos en que en castelán iría "a la, al, a las e a los". --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 07:44 (UTC)