Conversa usuario:Miguelferig/arquivo2017

Último comentário: hai 6 anos de Elisardojm no tópico Modelo medicamento

Hyla molleri editar

Retomando o fío sobre a Hyla molleri. Non sei se o autor do blog L.C.Carballal o tomaría do portugués, pero atopei aquí a miña e a súa proposta:

http://lifecharcos.lpn.pt/vertebrados.php?id=35

http://www.biodiversidadeterrestre.uevora.pt/Elenco-de-Especies/Biodiversidade-terrestre/Anfibios/Rela-iberica-Rela-comum

Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 20:43 (UTC)Responder

cairomonas e gatos editar

Boas noites, Miguel. Na páxina cairomona chamoume a atención que as ligazóns cara o gato e a rata estivesen en vermello e fun comprobar. Ti falas de Felis domesticus o noso artigo sobre o gato de Felis silvestris domesticus; e o arttigo na es:wiki fala de Felis silvestris catus. ¿Son a mesma cousa? Máis preocupante é que non teñamos un artigo para a común rata común (R. norvegicus), que está pedindo a gritos que lle dediques unha tarde. Saúdos e feliz concerto de Aninovo. Pedro --Lameiro (conversa) 31 de decembro de 2016 ás 20:48 (UTC)Responder

Pois eu prefiro cen veces o título de rata común. Non debemos mitificar ata ese extremo o DRAG e, de feito, xa no artigo rata o dábamos por feito cando dicíamos que unha das tres especies era "a rata común, Rattus norvegicus". ¿Queres referencias?: "A rata común, de nome científico Rattus norvegicus..." (GEG), e se seguimos buscando atoparemos máis referencias. Veña, anímate e fai o cambio. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 20:24 (UTC)Responder
Resolto, espero. ¿Cómpre facer unha redirección tamén desde rata parda? Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 20:59 (UTC)Responder
Eu dígoo porque é o sinónimo que lle damos no propio artigo: "Outros nomes que se lle dan en moitos países débense á cor da súa pelaxe, gris ou marrón (rata gris, rata parda)", pero vale, tampouco importa. Pedro --Lameiro (conversa) 2 de xaneiro de 2017 ás 22:14 (UTC)Responder

Wikirreto editar

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Dilema do ourizo editar

Boas tardes, Miguel. En primeiro lugar quero expresarche os meus agradecementos polo teu traballo e melloría que realizaches no artigo. En segundo lugar, referido ó que me contabas nunha das túas edicións sobre a cita de Luis Cernuda gustaríame darche a correspondente explicación: por suposto que non pasei por alto que estaba en castelán nin tampouco non me din de conta ao revisaren o artigo, simplemente ao seren unha cita dun contido en castelán por Luis Cernuda e non existir o mesmo contido en galego, entendín que o mellor era non traducilo (como pasa en obras literarias e demais que tes que deixar a forma orixinal se non existe a forma galega). Terei o teu consello moi en conta para que non volva acontecer en sucesivas ocasións. Feliz aninovo. Un saúdo e bo día. RubenWGA (conversa) 1 de xaneiro de 2017 ás 14:29 (UTC)Responder

Wikirreto editar

Boas Miguelferig! Vin que eliminaches a relación de artigos que creaches polo Wikirreto. Creo que, aínda que non participes no concurso (eu tampouco o fago), engadas a relación de artigos que vaias creando para avaliar os resultados, saber cantos artigos da lista creáronse este ano... Logo ti es libre de poñer medallas na túa páxina de usuario ou non, de reclamar algún premio ou non, pero creo que si que estaría ben saber cantos artigos creas e ver cal foi o impacto deste Wikirreto de cara a edicións futuras, e por outra banda, ter un usuario que crea moitos artigos é un incentivo para outros usuarios que se poidan "picar" e así se fagan máis artigos. Unha aperta e parabéns polo teu traballo! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2017 ás 21:52 (UTC)Responder

Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes no Libro de estilo da Galipedia, anunciada nesta mensaxe da taberna. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Axustes no libro de estilo. Grazas! Banjo tell me 15 de xaneiro de 2017 ás 00:16 (UTC)Responder

Carrizos editar

Xa fixen os cambios que propós no artigo Troglodítidos, pero iso me leva a unha pregunta: ¿Non debería ser, coherentemente, Paseriformes, cun só s, e non Passeriformes (con dous s), como se chama agora a categoría? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:14 (UTC)Responder

¿Algunha proposta para galeguizar a Categoría:Prunellidae? Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 21:39 (UTC)Responder
Xa pasei tódalas familias á nova categoría Paseriformes, incluídos os Prunélidos. Non deixes de avisarme se ves algún outro erro. Grazas por todo. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de xaneiro de 2017 ás 22:08 (UTC)Responder

Lista de aves de Galicia editar

He visto esta edición pero aunque piquelo sea lo mismo que peto el nombre común en gallego es piquelo como puedes comprobar en esta búsqueda de google. Un saludo --Jcfidy (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 12:42 (UTC)Responder

Eu engado que na Guía das aves de Galicia, edición do 2004, indica que o nome común do Sitta europaea é piquelo azul, segundo acabo de consultar... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 20:48 (UTC)Responder
O Dicionario de galego de Ir Indo Edicións redirecciona piquelo cara a gabeador azul (considerándoos sinónimos).--Isili0n (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 21:30 (UTC)Responder
Na Guía non da ningún nome común para os sittidae, tan só pon unha liña cunha descrición xeral. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de febreiro de 2017 ás 21:51 (UTC)Responder

Conversa editar

Ola Miguelferig. Hai un problema con Usuario Discusión:Jcfidy‎: esa páxina en realidade é un artigo. A páxina de conversa correcta é Conversa usuario:Jcfidy‎. En casos coma este o procedemento a seguir é publicar a mensaxe na páxina de conversa do usuario (Conversa usuario:Jcfidy‎) e marcar o artigo (Usuario Discusión:Jcfidy‎) para borrar. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 21:37 (UTC) Arranxouno Elisardojm. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 21:49 (UTC)Responder

Desculpa se pareceu que te estaba chamando a atención, só se trataba de retirar o texto do espazo dos artigos. Nese caso, é preferible que o faga o colaborador que publicou a mensaxe para que no historial das páxinas apareza o seu nome de usuario como autor. Moitos usuarios que editan máis a miúdo noutras linguas poñen nas súas páxinas ligazóns á páxina de conversa nesa outra lingua, se a ligazón non é correcta pasa o que pasou desta vez. Un cordial saúdo. --Prevertgl 1 de febreiro de 2017 ás 22:02 (UTC)Responder

Cepa editar

Ola, Miguel! Como vai? Veño de crear a páxina de homónimos cepa, pero non me acabar de acabar as definicións; impórtache botarlle un ollo? Mil grazas!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de febreiro de 2017 ás 23:18 (UTC)Responder

química editar

Boas tardes Miguel, estou traballando nun artigo sobre unha química rusa e aparecen algúns termos que non sei traducir moi ben (Methylidynephosphane CHP e Dibenzyl ketone C15H14O), non sei si serían algo como metilidinefosfano e dibencil cetona, xa teño a química un pouco esquecida. --AMPERIO (conversa) 10 de febreiro de 2017 ás 18:29 (UTC)Responder

Grazas por crear os artigos e revisar a miña tradución. Sobre o que comentas do apelido, acudín ao artigo ruso no que o apelido aparece como Богдано́вская, se acudimos a Wikipedia:Transliteracións vemos que a letra Я tradúcese como ia (ten o mesmo son que o y de aí que en castelán se traduza como Bogdanovskaya), porén en galego o correcto sería Bogdanovskaia pese a que poida parecer unha tradución moi galeguizada. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 18:34 (UTC)Responder
Non sei, creo que iso xa é meternos nun terreo pantanoso ao ser un tema cultural (e legal) doutros países. Eu deixaríao como Vera Popova (en wikidata é o nome que ten o artigo e no artigo ruso é Попова, Вера Евстафьевна -> Popova, Vera Evstafevna).--AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 19:15 (UTC)Responder
Outra opción, que acabo de ver, é usar a versión do nome que empregan na wikipedia en ucraíno (Віра Богданівська-Попова na que o apelido aparece como Bogdanovskaia-Popova, se cadra podería ser a solución, aínda que eu intentaría buscar algunha fonte allea a wikipedia (enciclopedias ou libros de texto) a ver como aparece. Seguro que ti tes algún libro de química no que apareza (eu en Madrid poucos libros en galego teño a miña disposición, e menos enciclopedias). Saúdos. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 19:21 (UTC)Responder

Entón eu deixaría como está. --AMPERIO (conversa) 12 de febreiro de 2017 ás 20:54 (UTC)Responder

Axuda cunha tradución editar

Boas Miguelferig! Mira unha cousiña, traducín o artigo de Jane Joseph da Wikipedia en lingua inglesa, mais atopo algún problema cunha frase que non lle encontro o sentido, é a seguinte: "Jane gave the minimum of worry to each person concerned by giving herself the maximum of hard work and forethought." No orixinal en lingua inglesa está ao final da sección "Postwar years" (é a última frase da sección). A usuaria UnhaNova fixo unha revisión ortográfica e deixou unhas dúbidas na conversa do artigo, unha está relacionada coa frase anterior, a outra xa ten solución e a terceira, xa de paso pregúntoche a ti a ver se podes clarificar o que entre os dous non dimos feito: como porías o que en castelán é "niñera" ou en inglés é "nanny" en galego? Graciñas!! Piquito (conversa) 11 de febreiro de 2017 ás 23:23 (UTC)Responder

Grazas Miguelferig, tanto pola axuda como pola rapidez! Apertas!! Piquito (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 00:10 (UTC)Responder

categorías ¿repetidas? de insectos editar

Boas tardes, Miguel. Temos dúas categorías de imaxes de insectos: "Categoría:Imaxes de eirugas de Galicia" e "Categoría:Imaxes de larvas de Galicia", que entendo que deberían fusionarse. De feito, definimos eiruga como "unha larva de bolboreta e, por extensión, de calquera insecto". Se me confirmas que estamos a falar da mesma cousa, póñome a unificar as dúas categorías (en "imaxes de eirugas", supoño). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 13 de febreiro de 2017 ás 18:44 (UTC)Responder

 

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías editar

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Petición de axuda editar

Ao ler a túa achega "Ás veces nalgunhas páxinas de xenética ou zooloxía o uso do termo inclusivo tamén crea confusión cando queres indicar que é o home macho ao que te refires, porque inevitablemente ten tamén o significado inclusivo; por exemplo, tal mutación afecta aos homes (quere dicir que non afecta ás mulleres, pero pode haber confusión)." descubrín que puiden cometer un erro de interpretación. Eu, na Galipedia, dedícome a corrixir erros lingüísticos. Corrixo todo tipo de erros comúns que coñezo que se dan no galego. Hai semanas, antes de saber que o tema de eliminar a linguaxe non sexista precisaba dunha discusión, houbo uns días que estiven a substituír "home" por "ser humano", onde tiña claro que "home" englobaba tamén as mulleres. Pola túa achega, descubrín que puiden equivocarme na miña interpretación nalgunha páxina de zooloxía. Poderías dicirme algunha mutación que só afecte os homes, que non afecte as mulleres, para saber que días fixen eses cambios e poder desfacer ese traballo?, xa que, de todos os xeitos, ademais dos erros de interpretación, penso que debo desfacelo todo, xa que non hai un acordo, de momento, en evitar os xenéricos Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 08:02 (UTC)Responder

Ser humano editar

Alégrome de non me ter equivocado!. Funme fóra do que propuxera co exemplo dos viquingos, mais é que me pareceu un exemplo bo da ambigüidade que produce o uso do masculino como xenérico. As invasións viquingas representábanse como invasións nas que só participaban homes e, ao ler este artigo https://gl.wikipedia.org/wiki/Viquingos_en_Galicia, non sei se hai algo estudado da participación das mulleres nesas invasións. Unhanova (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 14:10 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de varios axustes na política actual de ligazóns externas. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Ligazóns externas/Proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 24 de febreiro de 2017 ás 09:32 (UTC)Responder

Axuda co italiano editar

Boas Miguelferig! Estou a traducir o artigo do Palacio Ducal de Venecia do italiano (lingua da que teño pouco coñecemento, todo sexa dito) e encontreime cunha palabra que non sei como traducir: loggetta. A frase é a seguinte: fu eretta una loggetta ai piedi del campanile e fu riportato il molo alle antiche dimensioni. Tamén quería saber se estarías disposto a revisar a miña tradución, ben sexa unha vez que remate o artigo ou se o prefires cando vaia finalizando as seccións, sen compromiso claro, entendo que tes o teu choio e non te apeteza estar revisando outros artigos. Un saúdo!! Piquito (conversa) 26 de febreiro de 2017 ás 22:40 (UTC)Responder

Grazas! Cando remate o artigo se tal avísote por se podes revisar algo. Un saúdo! Piquito (conversa) 27 de febreiro de 2017 ás 20:52 (UTC)Responder

Catorce aniversario da Galipedia editar

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cambios importantes na votación: Revolución de Maio editar

 

Moi boas Miguelferig/arquivo2017. Xa que que vostede se pronunciou a favor ou en contra na votación para converter ao artigo Revolución de Maio artigo de calidade, coido de gran importancia avisarlle de que o artigo sufriu un gran número de modificacións relevantes que o cambian por completo debido a problemas graves no interior do mesmo. Agradeceríalle, pois, o seu interese e dedicación no caso de que teña tempo para revisar novamente e completamente a proposta presentada o pasado 13 de febreiro e que cumpre e remata o prazo o vindeiro 15 de maio. Desculpe os inconvenientes e as molestias que isto lle poidese ocasionar, novamente grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:03 (UTC).Responder

PD: Tamén infórmolle e invítolle a botar unha ollada a miña proposta para converter ao artigo Miguel Shishman en artigo bo. Para ir á páxina da proposta presentada: pinche aquí. Novamente moitísimas grazas e un saúdo cordial, --RubenWGA (conversa) 12 de marzo de 2017 ás 23:24 (UTC).Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de aprobación da política de títulos dos artigos sobre organizacións. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións. Grazas! Banjo tell me 17 de marzo de 2017 ás 19:10 (UTC)Responder

Períodos e sistemas editar

Hola Miguel. Sinto discrepar. Eu creo que, como moitos autores fan, os nomes dos períodos (e os dos sistemas) pódense escribir con maiúscula (imitando ao inglés, sobre todo), ou en minúscula. Non teño coñecementos sufiucientes como para saber se son nomes propios ou comúns. E a propia Academia, no exemplo que me indicas, parece que incorre en contradicións:

devónico
(feminino: devónica)
adxectivo
1 Xeoloxía Relativo ou pertencente ao sistema da era primaria comprendido entre o Silúrico e o Carbonífero. No sistema devónico aparecen os braquiópodos e os miriápodos.
substantivo masculino
2 Xeoloxía Este sistema. O Devónico remata coa aparición dos primeiros anfibios.

1. O título do artigo está en minúscula (pode que sexa a norma da Academia poñer todas as entradas en minúscula), pero
2. A pesar de que este sistema da era primaria (primaria, con minúscula), está comprendido entre o Silúrico e o Carbonífero (sistemas escritos con maiúscula), na frase aparece devónico con minúscula.
3. Con todo, como substantivo, na frase figura Devónico con maiúscula.

Talvez sería conveniente consultar o asunto coa sección de teminoloxía da Academia (podo facelo eu mesmo, se queres), aínda que, se cadra, andan estes días enleados coa(s) proposta(s) para novo presidente. --XoioÉche o que hai 20 de marzo de 2017 ás 20:42 (UTC)Responder

Bolboreta ou Lepidópteros editar

Ola Miguel. Gustaríame que mirases os artigos Bolboreta (que acabo de revisar e ampliar hoxe) e Lepidópteros (que é moito máis amplo e que non reparara nel até o de agora). Evidentemente son o mesmo artigo, polo que habería que tratar de fusionalos nun só (cousa que podedes facer os administradores, eu non), engadindo a Lepidópteros algunhas das cousiñas que introducín en Bolboreta (por exemplo, actualizacións, bibliogafía —hai publicadas e teño na casa dúas guías de lepidopteros de Galicia— etc.). Un cordial saúdo. --XoioÉche o que hai 22 de marzo de 2017 ás 19:44 (UTC)Responder

Cursivas en fichas editar

Boas Miguel, se tiveras un momento, poderías mirar a conversa de Xoio na que comenta o apartado do libro de estilo sobre uso de cursivas nas fichas? Penso que ten razón ó indicar que os nomes en latín deben ir en cursiva, quizais o que falta no libro de estilo é indicar que debe usarse o nome común en galego para os taxóns superiores? Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2017 ás 10:49 (UTC)Responder

Pero..., se eses taxóns se poñen en latín, non deberían ir entón en cursiva? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2017 ás 18:54 (UTC)Responder

*Gabeador, ou Cértidos? editar

Ola Miguel. Se es tempo gustaríame que lle botaras unha ollada á páxina de conversa do artigo Gabeador, que acabo de reformar. Grazas. --XoioÉche o que hai 5 de abril de 2017 ás 17:36 (UTC)Responder

Preposición a con transitivos editar

Non te preocupes que a min tamén se me escapa moitas veces. Como ti ben dis, os estudosos da lingua falan da supresión da preposición "a" cos verbos transitivos mesmo con nomes propios, característica particular do sistema galego-portugués. Teño lido que algúns autores consideran esta xeneralización do uso da preposición "a" na escrita (e en menor medida na fala) como unha interferencia co castelán, mentres que outros falan dun carácter etimolóxico ou enfático (véxase a publicación d'O complemento directo con preposición "A" en galego de M. Sol López Martínez). Con todo, o seu uso é obrigatorio unicamente diante dos pronomes persoais tónicos. Un saúdo.--Isili0n (conversa) 7 de abril de 2017 ás 14:15 (UTC)Responder

Ferreiriño subeliño editar

Ola Miguel. Non te decataches que tiña posto o modelo en uso? --XoioÉche o que hai 13 de abril de 2017 ás 20:01 (UTC)Responder

Thank you for being one of Wikipedia's top medical contributors! editar

please help translate this message into your local language via meta
  The 2016 Cure Award
In 2016 you were one of the top ~200 medical editors across any language of Wikipedia. Thank you from Wiki Project Med Foundation for helping bring free, complete, accurate, up-to-date health information to the public. We really appreciate you and the vital work you do! Wiki Project Med Foundation is a user group whose mission is to improve our health content. Consider joining here, there are no associated costs.

Thanks again :-) -- Doc James along with the rest of the team at Wiki Project Med Foundation 3 de maio de 2017 ás 18:07 (UTC)

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Punto de vista neutral, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Punto de vista neutral/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de xuño de 2017 ás 09:01 (UTC)Responder

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia editar

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Política de protección, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Política de protección/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 30 de xuño de 2017 ás 07:34 (UTC)Responder

Terceira malla de artigos da Galipedia editar

Como se anunciou na taberna, durante esta semana, do 3 ó 9 de xullo, estamos a facer a Terceira malla de artigos da Galipedia. Todo o mundo pode colaborar e precisamos axuda para amañar estes artigos con problemas. Anímate e achégate á malla!! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de xullo de 2017 ás 08:35 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Proselitismo, seguindo o calendario de votacións para novembro proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Proselitismo. Grazas! Banjo tell me 20 de xullo de 2017 ás 08:43 (UTC)Responder

Lonxitude de artigos curtos editar

Boas, hai unha proposta na taberna para determinar a lonxitude dos artigos curtos, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de agosto de 2017 ás 11:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Asociación de amigas e amigos da Galipedia editar

Boas, hai unha proposta na taberna para a creación dunha asociación de apoio á Galipedia, todos os comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de agosto de 2017 ás 06:51 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017 editar

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta de política oficial da redacción de Wikipedia:Categorías/proposta 2017, seguindo o calendario de votacións proposto aquí. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Categorías/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 11 de agosto de 2017 ás 07:53 (UTC)Responder

Locomoción acuática editar

Boas tardes. Neste artigo dis que "Os golfiños e baleas teñen grandes aletas hidrodeslizadoras caudais horizontais, mentres que moitos peixes e tiburóns téñenas verticais". Como sabes, tódolos peixes teñen a aleta caudal vertical, polo que suxiro que cambies a redacción da segunda parte da frase, que dá a entender que moitos si, pero algúns non. Por outra banda, non entendo esa dicotomía peixes e tiburóns, como se fosen cousas diferentes. Parabéns, en todo caso. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de agosto de 2017 ás 19:44 (UTC)Responder

Nomes comúns dos Paleosuchus editar

Ola Miguel, vin que estiveches dándolle duro aos artigos sobre réptiles. Parabéns polo traballo! Conseguiches mesmo que se mudase o nome da páxina do Alligator mississippiensis a Aligátor do Mississippi! Boa falta facía por coherencia co nome da outra especie chinesa! Quería comentarche que fixen unhas mudanzas nos artigos dos dous Paleosuchus, nos que tamén traballaras. Recentemente adquirín o Diccionario das ciencias da saúde e da natureza de L.Daviña e deime de conta de que no seu momento lle dera un nome común errado á páxina do Paleosuchus palpebrosus. Daquela consultara ese e outras fontes nunha biblioteca e tomara notas. Debín liarme e o caso é que lle puxen "Caimán anano de Cuvier", denominación que non figura en tal obra. A que si consta é: Caimán almiscreiro común, que debe ser unha adaptación do inglés "Musky caiman", que aparece nalgunhas fontes como forma secundaria. No mesmo Dicionario dáselle o nome de "Caimán almiscreiro do Brasil" ao Paloesuchus trigonatus, polo que o engadín no artigo que creaches ti. Non eliminei a forma "caimán anano de Schneider" do corpo do texto porque como ben dis é un nome común noutros idiomas. De feito persoalmente encontro máis coherentes coas formas máis difundidas noutras linguas as solucións "caimán anano ...", pero as únicas referenciadas para o galego son as de "caimán almiscreiro...". Espero que che parezan ben os cambios. Agradezo os teus comentarios.

Un saúdo.

Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 21:11 (UTC)Responder

Totalmente de acordo cos teus comentarios. Penso o mesmo, tanto no de preferir a denominación máis internacional de "caimán anano" como na miña estrañeza polo feito de usar no outro caso o especificativo "de Brasil". Canto aos do aligatóridos, certo que parece máis simple e claro o de "aligátor americano" / "aligátor chinés". De todos modos, hai que respectar as políticas comúns e aterse ás referencias autorizadas que existen e foi o que fixen. E como indiquei na conversa xuro que "Caimán anano de Cuvier" non consta nesa fonte a pesar do que diga o BUSCatermos. Un saúdo.

Marcio (conversa) 30 de agosto de 2017 ás 21:55 (UTC)Responder

Dúbida - Nucleobase editar

en:Nucleobase en galego sería "nucleobase", "base nucleótida", ámbalas dúas, outra? Banjo tell me 31 de agosto de 2017 ás 08:30 (UTC)Responder

Déixoo como "nucleobase" logo, se ves que é máis axeitado algunha das outras opcións avisa ou corríxeo directamente. Mil grazas pola explicación. Banjo tell me 31 de agosto de 2017 ás 11:04 (UTC)Responder

Saúdos. Acaba de comezar unha votación para a proposta dunha nova redacción para a política oficial Wikipedia:O que a Wikipedia non é. Podes ver e participar na votación e conversa sobre a mesma na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Wikipedia:O que a Wikipedia non é/proposta 2017. Grazas! Banjo tell me 2 de setembro de 2017 ás 09:43 (UTC)Responder

doceacuícola editar

De non estar errado traballaches no artigo protozoos, onde se emprega a forma doceacuícola, que se ben ten uso en publicacións en galego non atopei referencia ningunha en dicionarios nin vocabularios. Non obstante, a forma dulciacuícola si figura no Gran dicionario Xerais da Lingua e é moi interesante o que se comenta aquí [1] pero ti entendes máis de termos científicos, por iso non quixen modificar nada no artigo.--HacheDous=0 (conversa) 5 de setembro de 2017 ás 15:45 (UTC)Responder

Xoaniña editar

Boas Miguel. Estiven a ler o artigo maruxiña e teño un pouco de confusión... O artigo semella mesturar un insecto en concreto, C. septempunctata, cun grupo de insectos chamados "xoaniñas" ou "maruxiñas". A RAG e o Digalego dan á septempunctata o nome de maruxiña (común?) pero para min é evidente que a Coccinella magnifica que ilustra o artigo tamén é unha maruxiña. Podes alcararme isto por favor? É lexítimo empregar maruxiña/xoaniña como nome "grupal"? --Norrin (Fálame) 6 de setembro de 2017 ás 07:37 (UTC)Responder

Boas, grazas pola túa resposta. Nese sentido, atopei algunhas referencias a nomes particulares de xoaniñas (1, 2) que poden non ser unha marabilla, mais algo é penso eu. --Norrin (Fálame) 7 de setembro de 2017 ás 07:36 (UTC)Responder

Reconhecimento editar

Queria deixar-vos aqui uma palavra de reconhecimento pelo vosso contributo no cumprimento desta missão voluntária, na exigência de método e rigor e pelo valioso acompanhamento científico que se crê contribuir para o êxito global do projeto. De todos os usuários que conheço e que acompanho não só aqui mas sobretudo na Wikipédia lusófona, posso garantir-vos que sois dos utilizadores mais atuantes e valorosos no cômputo global, a par dos melhores editores, sendo extraordinariamente benéfico para o projecto da Wikipédia em galego poupar-vos e respeitar-vos por isso. Aproveitando a deixa, queria perguntar-vos até que ponto seria importante que eu próprio compile todos os artigos que criastes a partir da versão anglófona onde são Bons e de Qualidade para depois notificá-lo e sugerir-lhe a abertura duma votação para os eleger? Por certo ultrapassam largamente a uma dezena e poderiam muito bem constar na vitrina da Galipédia, enriquecendo-a. Shgür Datsügen (conversa) 12 de setembro de 2017 ás 03:29 (UTC)Responder

Compreendo. Sendo assim, não vou abrir mais nenhuma votação até que estes três sejam eleitos. O Citosol e o Cromatóforo parecem-me perfeitamente aptos, lembro-me de os ter lido há uns tempos e estou convencido que não haverá muito mais por alterar. Já o artigo Lípido, efectivamente não o li aprofundadamente, mas pretendo fazê-lo em breve. Shgür Datsügen (conversa) 12 de setembro de 2017 ás 21:59 (UTC)Responder

Cromatóforo editar

Boas Miguelferig! Veño de comezar a revisar o artigo cromatóforo que está proposto para artigo de calidade. Fixen unhas cantas "correccións", poderías mirar se son correctas? Graciñas! Piquito (conversa) 17 de setembro de 2017 ás 00:07 (UTC)Responder

Perfecto, ireiche contando. Un saúdo! Piquito (conversa) 17 de setembro de 2017 ás 21:08 (UTC)Responder
Fixen dúas modificacións máis co editor visual, por favor, mira se ambas son correctas (unha creo que si e a das neuronas non a teño clara). Un saúdo e parabéns polo traballo! Piquito (conversa) 18 de setembro de 2017 ás 21:50 (UTC)Responder

Quince aniversario da Galipedia editar

Boas, hai unha proposta na taberna para organizar algún tipo de celebración e actividades en marzo de 2018 co gallo dos quince anos da Galipedia. Fai falta xente que axude coa organización e propostas a realizar, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 19 de setembro de 2017 ás 08:21 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Cento cincuenta artigos de calidade para o décimo quinto aniversario da Galipedia editar

Boas, hai unha proposta na taberna para tentar acadar os cento cincuenta artigos de calidade antes do décimo quinto aniversario da Galipedia. Fai falta xente para colaborar nesta proposta, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de outubro de 2017 ás 09:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Penicilina editar

Boas Miguel, tiña pensado propor o artigo penicilina a artigo de calidade nunhas semanas, é tradución do artigo de es.wiki, e penso que ten o mesmo contido que o artigo de ca.wiki, onde é de calidade nas dúas. Reviseino todo o que puiden amañando diferentes cousiñas e penso que é un artigo que cumpre os criterios de calidade, porén, hai moitos términos médicos que non coñezo, se un día tes un momento libre, agradeceríache que lle botaras unha ollada para revisalo un pouco xa que ti coñeces moito máis ca min estes temas. Xa supoño que estarás atarefado, e se non podes miralo non te preocupes, quedará para outro momento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 10:52 (UTC)Responder

Vale, non ten présa, antes dese vou presentar tres ou catro que teño na recámara, así que ata dentro de catro semanas, ou máis, non preciso presentalo. E se necesitas máis tempo tampouco hai problema, nas seguintes semanas irei revisando outros e se están preparados tamén podo ilos presentando antes que ese. Moitas grazas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 17:48 (UTC)Responder
Moi ben, moitas grazas! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2017 ás 19:54 (UTC)Responder

Modelo medicamento editar

Boas Miguel, veño con outra petición O:). Hai un tempo adaptei o Modelo:Medicamento da wiki en inglés, non está completo, faltan algunhas partes que anotei na páxina de conversa, pero quería saber se poderías botarlle un ollo á tradución da axuda e ós parámetros por se hai algún termo que traducira mal, antes de que se comece a engadir ós artigos. Non hai présa, cando che veña ben, e se che interesa claro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 17:41 (UTC)Responder

Volver á páxina do usuario "Miguelferig/arquivo2017".