O dilema do ourizo é unha parábola escrita en 1851 por Arthur Schopenhauer na obra Parerga und Paralipomena.[2]

Fotografía de Schopenhauer, realizada en 1859 por Johann Schäfer.[1]

Contido editar

Nun día moi frío, un grupo de ourizos que se atopan preto senten simultaneamente unha gran necesidade de calor. Para satisfacer a súa necesidade, buscan a proximidade corporal dos outros, pero canto máis se achegan, máis dor causan as pugas do corpo do ourizo veciño. Con todo, debido a que o afastarse vai acompañado da sensación de frío, vense obrigados a ir cambiando a distancia ata que atopan a separación óptima (a máis soportable).

A idea que esta parábola quere transmitir é que canto máis próxima sexa a relación entre dous seres, máis probable será que se poidan facer dano o un ao outro, á vez que, canto máis afastada sexa a súa relación, tanto máis probable é que sintan a angustia e a dor da soidade.

Recepción editar

Sigmund Freud cita a parábola de Schopenhauer nunha nota ao pé de páxina do seu ensaio Massenpsychologie und Ich-Analyse:

Consideremos o modo en que os seres humanos en xeral se comportan afectivamente entre si. Segundo o famoso símil de Schopenhauer sobre os ourizos que se conxelaban, ningún soporta unha aproximación demasiado íntima dos outros.[3]

Luis Cernuda refírese a ela nas palabras iniciais de Donde habite el olvido:

Como os ourizos, xa sabedes, os homes un día sentiron o seu frío. E quixeron compartilo. Entón inventaron o amor. O resultado foi, xa sabedes, como nos ourizos.
Como los erizos, ya sabéis, los hombres un día sintieron su frío. Y quisieron compartirlo. Entonces inventaron el amor. El resultado fue, ya sabéis, como en los erizos.[4]

Notas editar

  1. Cf. W. Abendroth, Arthur Schopenhauer, Reinbek bei Hamburg, Rowohlt Taschenbuch Verlag, 1967, 1993 (16ª edic.) {ISBN 3 499 50133 3}, p. 121.
  2. Parerga y paralipómena, volumen II, capítulo XXXI, sección 396.
  3. Freud, Sigmund, Psicología de las masas y análisis del yo en Obras Completas, Vol. XVIII, Amorrotu, B. Aires 9ª. Edición 1996, p. 96, ISBN 950-518-594-4 (Título orixinal: Massenpsychologie und Ich-Analyse, 1921).
  4. "Luis Cernuda Web Concordance". Consultado o 2009. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar