Benvido(a) á Galipedia, !

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 02:01 (UTC)Responder

Axudas ortográficas editar

Ola 148LENIN. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de abril de 2018 ás 07:06 (UTC)Responder

Referencias en contribucións recentes editar

 

Ola, 148LENIN. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

 
Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
 
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
 
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 26 de abril de 2018 ás 11:59 (UTC)Responder

traducións editar

Ola, 148Lenin; por favor, ten coidado coas traducións. Os títulos das obras que aparecen nas referencias non se traducen, como fixeches en Squamata. Podes revisalo, por favor?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 27 de abril de 2018 ás 08:19 (UTC)Responder

Boas 148LENIN, parabens pois tras as últimas edicións que fixeches metichete entre os 250 usuarios con máis edicións feitas. Podés consultalo nesta ligazón.----Alfonso mande 4 de xuño de 2018 ás 01:57 (UTC)Responder

Artigos editar

Ola, 148LENIN. Por favor, non sigas creando novos artigos até que soluciones os graves problemas de redacción dos que xa creaches. Se tes calquera dúbida, non temas en preguntar. --Atobar (conversa comigo) 17 de xuño de 2018 ás 09:09 (UTC)Responder

Xestión dun premio editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xestión_dun_premio, hai un comentario sobre a xestión do premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018. Todos os comentarios e propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de maio de 2019 ás 22:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Esquema xerárquico das linguas editar

Ola, 148LENIN. Vexo que estás a modificar moitos artigos de linguas para reestruturar a súa pertenza a familias lingüísticas. Poderías dicirme por que criterio te estás a guiar? Dado que a Wikipedia non é fonte primaria, cómpre sinalar sempre cal é a fonte dende a que se fornece a información, e como nalgúns casos estás a mudar a esencia dos contidos, é preciso indicar os motivos concretos. Grazas e un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 9 de maio de 2019 ás 10:26 (UTC)Responder

Se me preguntas sobre a clasificación das linguas románicas, o que podo dicir é que aínda hai unha clasificación amplamente aceptada das linguas románicas, os autores usaron catro esquemas para clasificalos, dos cales tres foron cuestionados ou non aceptados pola romanistica.

Esquema de Bec: O esquema de Bec baséase en isoglosos únicos e a intelixibilidade mutua é a máis aceptada e usada pola romanística.

O esquema de Tavagliani: foi cuestionado porque separa ao catalán e occitano dous grupos diferentes. É como se separaran ao portugués e galego en dous grupos de linguas diferentes e segundo que reúne as linguas do norte de Italia con as do sur, onde non hai suficientes isoglossas significativas, tamén as linguas galo-itálicas están nun punto intermedio entre as linguas do sur e galorrománicas.

  • Linguas iberorrománicas
    • catalán
  • Linguas galorrománicas
    • occitano
  • Linguas reto-romanicas
  • Linguas italorromanicas
    • Linguas galo-itálicas
    • Linguas italianas centro-meridionais
  • Linguas balcorrománicas
    • dálmata

O esquema de Ethnologue non foi aceptado pola romanística e ata foi moi cuestionado porque clasifica o corso eo sardo nun grupo de linguas do sur, primeiro porque o corso descendía do toscano e está relacionado co italiano, ambos comparten A mesma orixe e separalos é un grave erro, outro erro que se fixo é clasificar o aragonés co mozárabe nun grupo de linguas chamado pirenaico-mozárabe e separalo das linguas ibero-románicas, cando o mozárabe non ten moitos testemuños. A outra cousa que foi cuestionada é porque combina as linguas do sur de Italia co istrioto e o dalmata nun grupo de linguas chamado italo-dálmata, que tamén se cuestiona porque o istrioto está estreitamente relacionado coas linguas galo-itálicas do norte e segundo o dalmático esta máis relacionado con as linguas balcorománicas e non coas linguas do sur de Italia polos testemuños. Finalmente pola a noción dun grupo galorromanico estendido que inclúe as linguas galo-itálicas, retorrománicas e occitanorromanicas cando no hai suficientes isoglossas entre estas linguas.

  • Linguas románicas occidentais
    • Linguas iberorrománicas
      • Linguas occitano-románicas
    • Linguas galorrománicas
      • Linguas galo-itálicas
      • Linguas retorrománicas
    • Linguas pirenaicos-mozarabe
      • aragonés
      • mozárabe
    • Linguas italo-dálmata
  • Linguas románicas meridionais
    • sardo
    • corso
  • Linguas románicas orientais
    • Linguas balcorrománicas

Territorial: A clasificación territorial está baseada en criterios territoriais e non lingüísticos, non debe terse en conta esta clasificación.

  • Linguas románicas occidentais
    • Linguas iberorrománicas (nacidas na peninsula ibérica)
      • catalán
      • mozárabe
    • Linguas galorrománicas (nacidas na terras da antigua galia)
      • Linguas galo-itálicas
      • Linguas retorrománicas
  • Linguas insulares
    • Sardo
  • Linguas románicas centrais
    • Linguas italianas centro-meridionais
  • Linguas románicas orientais
    • Linguas balcorrománicas
    • dálmata

Eu creo que a primeira clasificación debería tomarse en cuesta xa que é a máis segura e máis aceptada, mentres que as outras tenden a unificar grupos de linguas que probablemente non esten estreitamente relacionados ou separar linguas moi estreitamente emparentadas en grupos separados (por exemplo catalán e occitano, corso e italiano). --148LENIN (conversa) 10 de maio de 2019 ás 17:08 (UTC)Responder

  • Ola de novo, 148LENIN. Grazas pola información, pero o que che pedía non é que me instrúas sobre aas distintas divisións lingüísticas por familias, senón o lugar exacto onde poder acudir eu, ou calquera, para contrastar datos e comprobar que todos os cambios que estás a realizar son correctos. Ademais, debes achegar referencias sempre que toques contidos. Persoalmente eu non teño preferencia por unha xerarquía fronte a outra, e tampouco non teño unha opinión clara ao respecto, pero en todo caso insisto en que para todas as modificacións que estás a facer é preciso que antes expliques na Taberna os motivos para o cambio de sistema, e imaxino que a proposta debe ser aprobada pola comunidade. Moitas grazas e saúdos. --Atobar (conversa comigo) 10 de maio de 2019 ás 17:33 (UTC)Responder

Diría que a primeira clasificación é a que debería seguir xa que é a máis segura, pero tamén se pode mencionar que algúnas linguas poden clasificarse de forma diferente, xa que hai autores que propoñen unha clasificación pero outros que se opoñen. Non hai moita información sobre o tema xa que a maioría das referencias son bibliográficas, investigou moito o tema e concluín que a primeira clasificación é correcta. A clasificación faise por isoglósas, gramática y palabras únicas que se poden atopar investigando a evolución dunha lingua. Podería mencionar as isoglosas, gramática e o léxico único entre os distintos grupos. --148LENIN (conversa) 10 de maio de 2019 ás 19:51 (UTC)Responder

  • Ola, Lenin. Varias cousas: para que a min me salte o aviso de nova resposta, tes que escribir na miña páxina de conversa, non na de teu. Outra posibilidade é que me cites, e nese caso si me chega un aviso. Polo demais, volvo sobre o mesmo: debes remitir a comunidade de editores á bibliografía exacta que propón tal ou cal sistema (non explicalo ti). E antes de seguir cos cambios, debes explicar a proposta de modificación na Taberna, que deberá ser aprobada. Non se trata de que saibas ben un tema, senón de que poidas achegar as referencias concretas e contrastables, é dicir, a ligazón exacta ou a páxina concreta dun ensaio que os demais poidamos comprobar. Onde se pode, por exemplo, atopar a clasificación do que denominas Esquema de Bec? Ten presente que a Wikipedia non é fonte primaria, e sempre debemos remitirnos aos traballos previos doutros. --Atobar (conversa comigo) 12 de maio de 2019 ás 09:36 (UTC)Responder

No hai moita información sobre o tema a clasificación a tóme da wikipedia en castelán que segue este modelo, máis ben os seguintes artigos, específicamente na sección de clasificación tamén crei os artigos en galego:

Consulte tamén estes artigos:

En termos da clasificación que estou a usar, podería estar nesta bibliografía.

  • Pierre Bec Manuel pratique de philologie romane, París: Picard, 2 vol.

Que tamén explica a evolución e os procesos fonoloxicos das linguas románicas.

Como expliquei anteriormente, os seguintes grupos están comprobados científicamente pero o que se discute é a relación entre os ambos, as fontes estan en os mesmos artigos. --148LENIN (conversa) 12 de maio de 2019 ás 17:14 (UTC)Responder

Ola, 148LENIN. A Wikipedia non é fonte primaria, nin esta en galego nin ningunha outra. Propoño polo tanto o seguinte: antes de que sigas creando artigos ou modificando os xa existentes, por favor vai a Wikipedia:A Taberna (propostas) e formula con claridade a túa proposta para o cambio ou ampliación do criterio a seguir canto ás divisións e subdivisións lingüísticas. Ollo, non che estou a suxerir que expliques ti nada persoalmente nin que deas a túa opinión sobre se unha lingua pertence a tal ou cal familia, senón só que propoñas (e facilites o vínculo) a adopción dun sistema de división por linguas de entre os que xa existen e están avalados por algunha das correntes. Tras as túas edicións, aínda que obraches de boa fe, hai certa lea, amais de erros de lingua e/ou formato que cómpre solucionar. E vólvoche dicir o mesmo: debes escribir na páxina de conversa do usuario ao que desexas dirixirte, ou ben citalo de maneira expresa; outramente non salta ningún aviso e corres o risco de que non se saiba que contestaches. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 12 de maio de 2019 ás 17:42 (UTC)Responder

Proceso de reválida como administrador de Elisardojm editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Reválida_como_administrador_de_Elisardojm, hai un aviso do proceso de reválida como administrador do usuario Elisardojm. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 09:49 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Xurado do Premio Rosalía de Castro editar

Boas, na taberna, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Xurado_do_Premio_Rosalía_de_Castro, hai un aviso para participar como xurado no premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña. As persoas interesadas que avisen nese fío o antes posible xa que urxe responder á Xunta. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 22 de maio de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta de novo funcionamento para a imaxe da semana editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(imaxes)#Proposta_de_novo_funcionamento_para_a_imaxe_da_semana, hai unha proposta para xestionar de forma diferente as imaxes da semana, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de maio de 2019 ás 22:37 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións para xestión do premio da Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Votacións, están a votarse os proxectos que se van financiar co premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña que recibiu a Galipedia no ano 2018, tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 7 de xuño de 2019 ás 17:14 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Solicitude para poñer anuncio do concurso de fotos na cabeceira dos artigos editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Solicitude_para_poñer_anuncio_na_cabeceira_dos_artigos, hai unha solicitude para poñer un anuncio do próximo concurso fotográfico da Galipedia na cabeceira dos artigos. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de xuño de 2019 ás 07:32 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Artigos destacados na portada editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Artigos_destacados_na_portada, hai unha proposta para modificar a escolla dos artigos destacados na portada. Tódolos votos e comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de xullo de 2019 ás 00:27 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Evento Aprendendo Wikidata este sábado en Lalín editar

Boas, en Wikipedia:Aprendendo WikiData Setembro 2019 están os detalles do próximo evento da Galipedia, un encontro para falar e aprender sobre Wikidata dende o nivel máis básico. Tamén aproveitaremos para comentar o estado da asociación A3GAL e avanzar coas súas actividades.

Os que estean interesados poden apuntarse nesa páxina para organizarnos co transporte e na xestión da actividade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de setembro de 2019 ás 13:07 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Quinta malla de artigos da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Quinta_malla_de_artigos_da_Galipedia abriuse un fío para organizar a Wikimalla da Galipedia deste ano, no que hai que escoller os artigos nos que se vai traballar e a semana na que se vai facer. Tódalas propostas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 26 de setembro de 2019 ás 13:03 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para poñer aviso do concurso fotográfico editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_poñer_aviso_do_concurso_fotográfico hai unha proposta para poñer un aviso nas páxinas da Galipedia para anunciar que vai rematar o concurso fotográfico da Galipedia, Wikipedia:Wiki Loves Parroquias. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de outubro de 2019 ás 21:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Recibidos os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(xeral)#Recibidos_os_cartos_do_premio_da_Galipedia_na_conta_de_A3GAL hai un aviso indicando que xa se recibiron os cartos do premio da Galipedia na conta de A3GAL e que xa pode ser xestionado pola Comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 17 de outubro de 2019 ás 08:30 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikiclubs de editores da Galipedia editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Wikiclubs_de_editores_da_Galipedia hai unha proposta dunha nova actividade na Galipedia, tódolos comentarios son benvidos. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 23 de outubro de 2019 ás 12:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votación das imaxes de Wiki Loves Parroquias editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Votación_das_imaxes_de_Wiki_Loves_Parroquias hai un aviso de que comeza a votación das fotos do concurso Wiki Loves Parroquias. A votación durará ata o 30 de novembro e anímase a tódolos usuarios a participar. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 1 de novembro de 2019 ás 07:57 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Día_do_Galizionario_na_Galipedia editar

Boas, na taberna en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Día_do_Galizionario_na_Galipedia hai unha nova proposta de colaboración, todas as achegas son benvidas. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de novembro de 2019 ás 16:12 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Precísanse 55 editoras e editores para a quinta Wikimalla editar

Boas, a semana que ven, dende o luns 25 ata o domingo 1, temos a quinta Wikipedia:Wikimalla da Galipedia na que este ano imos traballar amañando os artigos de Categoría:Artigos sen formato wiki, segundo estivemos falando na taberna. Nestes momentos nesa categoría temos 1078 artigos, se 55 editoras e editores traballan nesta tarefa durante esta semana, só precisaremos que cada un deles amañen 20 artigos, é dicir, só terían que amañar 3 artigos ó día.

Que unha persoa amañe 1000 artigos é unha tarefa moi complicada e pesada, pero que 55 usuarias amañen 3 artigos ó día durante unha semana, iso non é nada! Anímate a colaborar nesta tarefa e axúdanos a mellorar a calidade global da Galipedia! Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 24 de novembro de 2019 ás 18:59 (UTC)Responder

Obradoiro de iniciación á edición da Galipedia no Culturgal editar

Boas, en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Obradoiro_de_iniciación_á_edición_da_Galipedia_no_Culturgal hai unha nova do vindeiro obradoiro de iniciación á edición que A3GAL vai realizar no Culturgal. Se coñecedes xente que poida estar interesada na provincia de Pontevedra, podedes avisalos da realización desta actividade. Tedes máis información na nova. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 28 de novembro de 2019 ás 09:48 (UTC)Responder

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro editar

Boas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)Responder


Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.