Colombia nos Xogos Olímpicos

participacións dos atletas colombianos nos Xogos Olímpicos

Colombia participou por vez primeira nos Xogos Olímpicos en 1932, e enviou atletas para competir en cada edición dos Xogos de Verán, agás nunha ocasión nos Xogos de 1952. Os atletas colombianos gañaron un total de 34 medallas olímpicas (cinco de ouro, trece de prata e dezaseis de bronce) en oito deportes diferentes, con halterofilia e o ciclismo como os máis exitosos. Colombia é o terceiro país de América do Sur con máis medallas nos Xogos Olímpicos, após o Brasil e a Arxentina respectivamente. O Comité Olímpico colombiano foi creado en 1936 e está recoñecido polo Comité Olímpico Internacional dende 1948.

Colombia nos Xogos Olímpicos

Código COI COL
Comité nacional Comité Olímpico Colombiano
www.coc.org.co (en castelán)
Medalleiro
Ouro
5
Prata
13
Bronce
16
Total
34

Historia

editar
 
Delegación colombiana nos Xogos de Berlín de 1936.

A delegación olímpica colombiana asistiu por primeira vez a uns Xogos Olímpicos nos Xogos de 1932 nos Ánxeles, contando cun só atleta: Jorge Perry. Perry enviou unha carta ao Comité Olímpico Internacional en xaneiro de 1932 na cal se presentaba a si mesmo e describía Colombia como "un pequeno país de América do Sur con gañas de facer medrar o seu deporte e de formar parte do movemento olímpico". Ademais, expresou o seu desexo de participar na daquela inminente competición.[1] O mes seguinte, Perry recibiu unha resposta do COI, que non só aceptaba a súa proposta senón que lle ofrecía axuda antes e durante a competición. O 30 de xullo de 1932, desfilou na cerimonia de inauguración representando a un país non afiliado ao COI.[2] Competiu na proba de maratón, mais logo de dez quilómetros non foi quen de rematar a carreira, que foi gañada polo arxentino Juan Carlos Zabala. Catorce anos máis tarde, en 1946, o primeiro deportista olímpico de Colombia morreu en Bogotá, 4 días despois de ter sufrido un accidente de moto preto de Samacá. Na edición de 1936 dos Xogos, o Comité Olímpico Colombiano xa fora creado e enviou cinco atletas para competir en Berlín. Despois da controvertida decisión de volver xogar un partido de fútbol entre o Perú e Austria (logo dun resultado adverso para os austríacos), a delegación colombiana abandonou a vila olímpica como mostra de apoio para o equipo peruano.[3] Logo do remate da segunda guerra mundial, celebráronse os Xogos de 1948 en Londres, e por primeira vez Colombia enviou deportistas doutros deportes ademais de atletismo, participando en esgrima e natación.[4] Por mor de problemas financeiros e o posterior período de violencia, Colombia non participou nos Xogos de 1952 en Helsinqui.[5] Nos Xogos de 1956 en Melbourne, o equipo colombiano expandiuse duns poucos competidores a 26 atletas, enviando ciclistas e levantadores de peso por primeira vez.[6] Os atletas colombianos continuaron participando nos Xogos Olímpicos dende entón sen perder ningunha edición dos Xogos de Verán, enviando atletas femininas para competir por primeira vez nos Xogos Olímpicos de 1968 celebrados en Cidade de México.[7][8]

Colombia gañou as súas primeiras medallas olímpicas nos Xogos de 1972 en Múnic, corenta anos despois da súa primeira aparición nos Xogos de Verán. A primeira foi unha medalla de prata gañada polo tirador Helmut Bellingrodt na proba de tiro a branco en movemento a 50 metros,[9] e despois tanto Clemente Rojas como Alfonso Pérez gañaron cadansúa medalla de bronce en probas de boxeo, conseguindo un total de tres medallas para a delegación colombiana neses xogos.[10]

Táboas coas medallas

editar

Medallas nos Xogos de Verán

editar
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Os Ánxeles 1932 1 0 0 0 0
  Berlín 1936 5 0 0 0 0
  Londres 1948 5 0 0 0 0
  Helsinqui 1952 non participou
  Melbourne 1956 26 0 0 0 0
  Roma 1960 16 0 0 0 0
  Toquio 1964 20 0 0 0 0
  Cidade de México 1968 44 0 0 0 0
  Múnic 1972 59 0 1 2 3 31
  Montreal 1976 35 0 0 0 0
  Moscova 1980 23 0 0 0 0
  Os Ánxeles 1984 39 0 1 0 1 33
  Seúl 1988 40 0 0 1 1 46
  Barcelona 1992 49 0 0 1 1 54
  Atlanta 1996 48 0 0 0 0
  Sydney 2000 44 1 0 0 1 50
  Atenas 2004 53 0 0 2 2 68
  Pequín 2008 67 0 2 1 3 59
  Londres 2012 104 1 3 4 8 38
  Río de Xaneiro 2016 147 3 2 3 8 23
  Toquio 2020 70 0 4 1 5 66
  París 2024 Evento futuro
  Os Ánxeles 2028
Total 5 13 16 34 64

Medallas nos Xogos de Inverno

editar
Xogos Atletas Ouro Prata Bronce Total Posto
  Vancouver 2010 1 0 0 0 0
  Sochi 2014 Non participou
  Pyeongchang 2018 4 0 0 0 0
  Pequín 2022 Evento futuro
  Milán-Cortina d'Ampezzo 2026
Total 0 0 0 0

Medallas por deporte

editar
Deporte Ouro Prata Bronce Total
  Halterofilia 2 4 3 9
  Ciclismo 2 2 4 8
  Atletismo 1 3 1 5
  Tiro 0 2 0 2
  Boxeo 0 1 4 5
  Judo 0 1 1 2
  Loita 0 0 2 2
  Taekwondo 0 0 1 1
Total 5 13 16 34

Lista de medallistas

editar
Medalla Nome Xogos Deporte Evento
  Prata Bellingrodt, HelmutHelmut Bellingrodt   Múnic 1972   Tiro 50 metros con obxectivo móbil
  Bronce Rojas, ClementeClemente Rojas   Múnic 1972   Boxeo Peso pluma masculino
  Bronce Pérez, AlfonsoAlfonso Pérez   Múnic 1972   Boxeo Peso lixeiro masculino
  Prata Bellingrodt, HelmutHelmut Bellingrodt   Os Ánxeles 1984   Tiro 50 metros con obxectivo móbil
  Bronce Julio, EliécerEliécer Julio   Seúl 1988   Boxeo Peso banta masculino
  Bronce Restrepo, XimenaXimena Restrepo   Barcelona 1992   Atletismo 400 metros feminino
  Ouro Urrutia, María IsabelMaría Isabel Urrutia   Sydney 2000   Halterofilia 75 kg feminino
  Bronce Calle, María LuisaMaría Luisa Calle   Atenas 2004   Ciclismo Carreira de puntos feminina
  Bronce Mosquera, MabelMabel Mosquera   Atenas 2004   Halterofilia 53 kg feminino
  Prata Salazar Quintero, DiegoDiego Salazar Quintero   Pequín 2008   Halterofilia 62 kg masculino
  Prata Solís, LeidyLeidy Solís   Pequín 2008   Halterofilia 69 kg feminino
  Bronce Rentería, JackelineJackeline Rentería   Pequín 2008   Loita Estilo libro de 55 kg feminino
  Ouro Pajón, MarianaMariana Pajón   Londres 2012   Ciclismo BMX feminino
  Prata Ibargüen, CaterineCaterine Ibargüen   Londres 2012   Atletismo Triplo salto feminino
  Prata Urán, RigobertoRigoberto Urán   Londres 2012   Ciclismo Carreira en estrada masculina
  Prata Figueroa, ÓscarÓscar Figueroa   Londres 2012   Halterofilia 62 kg masculino
  Bronce Oquendo, CarlosCarlos Oquendo   Londres 2012   Ciclismo BMX masculino
  Bronce Alvear, YuriYuri Alvear   Londres 2012   Judo 70 kg feminino
  Bronce Oviedo, Óscar MuñozÓscar Muñoz Oviedo   Londres 2012   Taekwondo 58 kg masculino
  Bronce Valoyes, UbaldinaUbaldina Valoyes   Londres 2012   Halterofilia 69 kg feminino
  Bronce Rentería, JackelineJackeline Rentería   Londres 2012   Loita Estilo libre de 55 kg feminino
  Ouro Ibargüen, CaterineCaterine Ibargüen   Río de Xaneiro 2016   Atletismo Triplo salto feminino
  Ouro Pajón, MarianaMariana Pajón   Río de Xaneiro 2016   Ciclismo BMX feminino
  Ouro Figueroa, ÓscarÓscar Figueroa   Río de Xaneiro 2016   Halterofilia 62 kg masculino
  Prata Martínez, YuberjenYuberjen Martínez   Río de Xaneiro 2016   Boxeo Peso mosca masculino
  Prata Alvear, YuriYuri Alvear   Río de Xaneiro 2016   Judo 70 kg feminino
  Bronce Valencia, IngritIngrit Valencia   Río de Xaneiro 2016   Boxeo Peso mosca feminino
  Bronce Ramírez Yepes, CarlosCarlos Ramírez Yepes   Río de Xaneiro 2016   Ciclismo BMX masculino
  Bronce Mosquera, Luis JavierLuis Javier Mosquera   Río de Xaneiro 2016   Halterofilia 69 kg masculino
  Prata Mosquera, Luis JavierLuis Javier Mosquera   Toquio 2020   Halterofilia 67 kg masculino
  Prata Pajón, MarianaMariana Pajón   Toquio 2020   Ciclismo BMX feminino
  Prata Zambrano, AnthonyAnthony Zambrano   Toquio 2020   Atletismo 400 metros maculino
  Prata Arenas, SandraSandra Arenas   Toquio 2020   Atletismo Marcha de 20 quilómetros feminina
  Bronce Ramírez Yepes, CarlosCarlos Ramírez Yepes   Toquio 2020   Ciclismo BMX masculino
  1. "COC 80 AÑOS (2): Perry Villate, pionero de Colombia en los Juegos Olímpicos". coc.org.co/ (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  2. "Jorge Perry Villate, el primer colombiano en unos Juegos Olímpicos". las2orillas.com (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  3. "Hace 75 años Perú se retiró de Berlín 36 tras "humillar" a Hitler". elcomercio.pe (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  4. "Colombia en los Olímpicos (2): Londres 1948". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  5. "Colombia en los Olímpicos (3): Melbourne 1956". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  6. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  7. "Sports Reference". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2020. Consultado o 17 de abril de 2020. 
  8. "Colombia en los Olímpicos (6): México 1968". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  9. "Helmut Bellingrodt apunta y dispara directo al deporte". revistas.elheraldo.co. Consultado o 16 de setembro de 2020. 
  10. "Colombia en los Olímpicos (7): Múnich, 1972". coc.org.co (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2021. Consultado o 16 de setembro de 2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar