Mariana Pajón

Ciclista colombiana

Mariana Pajón Londoño, nada en Medellín o 10 de outubro de 1991, é unha ciclista colombiana, especialista en BMX.[1] É a campioa de 14 campionatos mundiais, 2 campionatos nacionais dos Estados Unidos, 9 campionatos latinoamericanos e 10 campionatos panamericanos. Ademais, gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, e nos Xogos Olímpicos de 2016 en Río de Xaneiro. Nos Xogos de 2020 en Toquio, gañou unha medalla de prata. É a primeira colombiana en gañar dúas medallas olímpicas de ouro.[2] Os logros de Pajón en BMX valéronlle o alcume da "Raíña do BMX".[3]

Modelo:BiografíaMariana Pajón

(2013) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1991 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Medellín, Colombia Editar o valor en Wikidata
Altura158 cm Editar o valor en Wikidata
Peso53 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaColombia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo de competición Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaBMX Editar o valor en Wikidata
PatrocinadorRed Bull GmbH Editar o valor en Wikidata
Participou en
2016ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) Traducir
2012Ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - BMX feminino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webmarianapajon.com Editar o valor en Wikidata
Instagram: marianapajon Olympic.org: mariana-pajon Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Gañou o seu primeiro título nacional con 5 anos e o seu primeiro título mundial con 9 anos.

Foi escollida para levar a bandeira de Colombia na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2012. A súa participación de Pajón na competición de BMX resultou na primeira medalla de ouro para Colombia neses Xogos e o segundo na historia da participación do seu país nas Olimpíadas.[3] Despois de acadar a primeira posición nas tres carreiras das semifinais, fixo un tempo de 37,706 segundos durante a final.[4]

 
Mariana Pajón gañou a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2016.

Nos Xogos Olímpicos de 2016, Pajón defendeu o seu título e gañou o seu segundo ouro olímpico, o quinto na historia de Colombia. Con esta vitoria, Pajón converteuse na primeira deportista colombiana en gañar dúas medallas de ouro. Nos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio, Pajón gañou a prata.[5]

  1. Valledupar Noticias: Mariana Pajón gana Medalla de Oro para Colombia en los Juegos Olimpicos de Londres. valleduparnoticias.co (10 de agosto de 2012)
  2. "Mariana Pajón, oro histórico para Colombia en Londres 2012". 11 de agosto de 2012. Archived from the original on 13 de agosto de 2012. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 Mariana Pajon. london2012.com
  4. With David Beckham watching, Mariana Pajon wins women’s BMX gold at the London Olympics. The Associated Press (10 de agosto de 2012)
  5. "Cycling BMX Racing Schedule & Results - 30 Jul | Tokyo 2020". .. (en inglés). 2021-07-30. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar